Indicación Xeográfica Protexida

Viños da Terra é a denominación das IXP para os viños en España.

A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) é un nome empregado para designar un produto agrícola, alimenticio ou doutro tipo, que posúe unha orixe xeográfica determinada e cuxa calidade ou reputación débese ao devandito lugar de orixe. Habitualmente, consiste no nome da localidade, rexión ou país de orixe de tales produtos.

Debido a que as calidades do produto proveñen do medio xeográfico no que se elaboran, a indicación xeográfica supón un viorto entre o produto e o lugar de orixe.

Exemplos de indicacións xeográficas

Distribución das zonas de produción da IXP Pataca de Galicia      Subzona de Bergantiños      Subzona da Terra Chá-A Mariña      Subzona de Lemos      Subzona da Limia

Estes signos son aplicables a unha ampla gama de produtos. Por exemplo, pódese mencionar ao "Roquefort" empregado para designar a un queixo producido en Francia.

Con todo, non se limita só aos produtos agrícolas, xa que pode servir para destacar as calidades particulares dun produto que sexan consecuencia de factores humanos propios do lugar de orixe. Cítase como exemplo disto último á indicación xeográfica "Swiss" (suízo), protexida en numerosos países e empregada para designar produtos fabricados en Suíza.

En Galicia, é destacable a Identificación Xeográfica Protexida (I.X.P) no pemento, unha certificación avalada pola Comisión Europea, cuxo obxectivo é designar a denominación do pemento cuxa produción, transformación e elaboración posúe unha orixe xeográfica determinada, e cuxa calidade ou reputación débese ao devandito lugar. Este selo (I.X.P.) é moi importante e na actualidade existen diferentes denominacións de orixe en Galicia para este produto: pemento de Padrón (O Sar), pemento do Couto (Ferrolterra) e o pemento de Arnoia (O Ribeiro). Trátase dun distintivo que verifica que os produtos co selo de Identificación Xeográfica Protexida atópanse dentro da lista de produtos agroalimentarios de orixe, calidade e calidade certificada, protexidos polas normas da Unión Europea. Cada vez máis, os consumidores reclaman unha maior transparencia sobre os produtos que adquiren ou consomen, de aí a necesidade de contar con figuras de protección que recoñezan e certifiquen a súa procedencia, calidade, así como outros aspectos relativos ao control, a transformación e a seguridade alimentaria.

Regulacións

Unión Europea

De acordo coa normativa da Unión Europea, protéxese a Indicación Xeográfica Protexida (I.X.P.) se o vencello do medio xeográfico co nome do produto segue presente en polo menos unha das etapas da produción, da transformación ou da elaboración. Ademais, o produto pode beneficiarse da boa reputación da rexión xeográfica.

Produtos galegos con Indicación Xeográfica Protexida (I.X.P.)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!