Paul Henri Thiry, barón de Holbach, orixinalmente Paul Heinrich Dietrich von Holbach e coñecido como barón de Holbach, nado en Edesheim, preto de Landau, o 8 de decembro de 1723 e finado en París o 21 de xaneiro de 1789, foi un filósofo materialista francés de orixe alemá.
Educouse en Leiden e a maior parte da súa vida pasouna en París. Segundo el, a materia é eterna e base determinante de calquera fenómeno. A liberdade é unha ilusión, e a relixión unha consecuencia da ignorancia explotada polo despotismo. Estas citas súas expoñen claramente que consideraba todas as doutrinas relixiosas como instrumentos do absolutismo e, por tanto, era inimigo de todas elas.
Foi un dos colaboradores da enciclopedia, unha das máximas expresións da Ilustración, á cal fixo achegas nos campos da da química, a metalurxia e a xeoloxía.