Pietro Verri

Modelo:BiografíaPietro Verri

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1728 Editar o valor en Wikidata
Milán (Ducado de Milán) Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xuño de 1797 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Milán (República Transpadana) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista, historiador, salonnière, filósofo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FamiliaQ4010216 Traducir Editar o valor en Wikidata
FillosMaria Teresa Lourdes Verri Editar o valor en Wikidata
PaiGabriele Verri Editar o valor en Wikidata
IrmánsAlessandro Verri
Giovanni Verri
Carlo Verri Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Верри Пьетро)
Biblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1479709
Monumento a Verri en Milán

O conde Pietro Verri, nado o 12 de decembro de 1728, en Milán, onde morreu o 28 de xuño de 1797, foi un filósofo, economista, historiador e escritor milanés.

Verri serviu no exército austríaco, en 1759-60 durante a Guerra dos Sete Anos, despois volveu a Milán, onde coñeceu filósofos importantes, como Cesare Beccaria, co que xunto co seu irmán Alessandro Verri fundou a Accademia dei Pugni en 1761, un grupo de debate sobre a política pública e economía. Entre 1764 a 1766 o publicou o seu primeiro xornal Il Caffè. O seu terceiro irmán, o conde Carlo Verri tamén foi un destacado líder político, senador do Reino da Italia e Presidente da Rexencia Provisoria, en 1814, e autor de importantes tratados de agricultura.

Verri comezou a publicar libros sobre cuestións económicas en 1760. En 1763 publicou Discorso sulla felicità, un tratado sobre a ética hedonista. Despois do clausura e dispersión de Il Caffè, Verri exerceu diversos postos na administración austríaca, publicou algunhas das obras utilitarias, o máis famoso foi o Discorso en 1773 e Osservazioni sulla tortura en 1777.

En 1771, Meditazioni sulla economia politica, foi con certeza a súa maior contribución á teoría económica. Verri defende que os prezos dependen "da abundancia aparente" da propiedade e da "necesidade" dela. El define "necesidade" como un tipo de dor que os homes buscan reducir ao mínimo para a actividade e a industria. Para Verri, as "necesidades" non son nunca os únicos desexos, pero deberíanse expresar co pagamento, a compra, para que poidan ser considerados "créditos", no sentido moderno. Con Beccaria, Verri notou que "a abundancia aumenta co número de provedores (ou sexa, coa oferta) e as " necesidades ", co número de compradores (ou sexa a demanda). El observa que o valor dun produto corresponde directamente á necesidade e á abundancia (ou sexa, a oferta e a demanda). Desta forma a Verri pode ser considerado un importante precursor do marxinalismo.

A obra de Verro non só inclúe a tentativa para calcuar o balance de pagamentos, senón tamén a primeira expresión matemática dunha curva de demanda. En política económica, Verri seguiu as posicións radicais do laissez-fair preconizado polos fisiócratass. Discordou co principio de "refluxo", de David Hume, porque el dixo que o axuste do balance de pagamentos non se debía ao prezo, senón aos niveis da actividade económica global. As súas teorías económicas son intermedias entre as dos fisiócratas e as de Adam Smith. Nas súas funcións oficiais na administración austríaca, Verri intentou introducir unha serie de reformas económicas e administrativas, pero con pouco éxito. En 1772, Verri foi elixido vicepresidente, e en 1780, presidente da Cámara de Contas. El fixo tamén informes, preconizando a redistribución de terras entre as grandes e as pequenas propiedades. Retirouse da vida pública en 1786, pero viviu o suficiente para ver a Revolución Francesa.

Obras

Sull'indole del piacere e del dolore, 1781
  • Discorso sulla felicità, 1763
  • Osservazioni sulla tortura
  • Memorie storiche sull'economia politica dello Stato di Milano
  • Riflessioni sulle leggi vincolanti il commercio dei grani
  • Discorso sull'indole del piacere e del dolore
  • Meditazioni sulla economia politica
  • Storia di Milano, 1783

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!