Norberto Velázquez Moreno

Modelo:BiografíaNorberto Velázquez Moreno

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xuño de 1768 Editar o valor en Wikidata
Ortigosa de Cameros, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de outubro de 1852 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxe1ª (1790) Josefa Coppa
2ª (1824) Editar o valor en Wikidata
FillosNorberto Velázquez Coppa
Norberto Velázquez Barrio Editar o valor en Wikidata

Norberto Velázquez Moreno, nado en Ortigosa de Cameros (A Rioxa) o 6 de xuño de 1768 e finado en Vigo o 12 de outubro de 1852, foi un empresario e comerciante rioxano residente en Galicia.

Traxectoria

Instalouse en Vigo dende finais do século XVIII, sendo o seu primeiro negocio un muíño de vento, sumándose máis tarde á actividade da salgadura dos empresarios cataláns no Areal.

Por Real Ordenanza de 6 de xuño de 1838,[2] da súa man, procedeuse a habilitar e acondicionar o arquipélago de San Simón para convertelo en 1842[3] nunha leprosería ou lazareto, para o que adiantou cartos.[4]

Construíu varios edificios en Vigo, entre eles o primeiro teatro de Vigo, en 1832 na actual Praza da Princesa, que funcionaría ata 1880. Fixo escolas públicas e unha casa de baños na Laxe.

Amigo de Nicolás Taboada Leal. Foi Xuíz Ordinario (alcalde) accidental e rexedor (concelleiro), chegando a ser o segundo home máis rico de Vigo, tan só por detrás do Marqués de Valladares.

En posesión da Cruz de Carlos III, o 14 de abril de 1906 o concello adicoulle o nome dunha rúa da cidade[5] e en 1924 trasladáronse os seus restos ao panteón de vigueses ilustres do cemiterio de Pereiró.

El ayuntamiento ha acordado el traslado de los restos del historiador vigués D. Nicolás Taboada Leal y del filántropo D. Norberto Velázquez Moreno, desde el cementerio viejo, al panteón de la nueva Necrópolis, destinado a guardar los restos de vigueses ilustres.[6]

Vida persoal

Foi pai de Norberto Velázquez Barrio.

Notas

  1. Tomo IV, núm. 2, 18 de xaneiro de 1882 Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
  2. Xosé Manuel Pereira, El lazareto de San Simón Arquivado 03 de decembro de 2013 en Wayback Machine. Diario de Pontevedra (en castelán).
  3. As "Illas de San Simón e San Antonio" Museo do Mar de Galicia.
  4. En grata memoria por las obras públicas con que inauguró el lazareto de San Simón y engrandeció esta Ciudad, su Ilustre Ayuntamiento concedió a la Señora Viuda e hijos del difunto, la creación de este distinguido cenotafio.
    Placa no mausoleo de Pereiró.
  5. Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. Ediciones Cardeñoso, ed. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo. p. 169. ISBN 84-87379-47-8. 
  6. "Galicia, Traslado de restos". ABC (en castelán). 7 de novembro de 1924. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!