Museo Numismático da China

Museo Numismático da China
中国钱币博物馆
Zhongguó Qiánbì Bówùguan
Moeda-aixada e circulares do
Museo Numismático da China


Coordenadas39°54′03″N 116°23′19″L / 39.90072, 116.38871
PaísRepública Popular da China
CidadeXichang'anjie Subdistrict
editar datos en Wikidata ]

O Museo Numismático da China (en chinés: 中国钱币博物馆; en pinyin: Zhongguó Qiánbì Bówùguan) é unha institución museística chinesa situada en Pequín, centrada na historia da moeda e a circulación monetaria, principalmente nese país.

A institución

O Museo Numismático da China está baixo a xestión do Banco Popular da China. Fundouse en 1992 e ten a súa sede na Praza Tian'anmen, en Pequín. As súas instalacións abranguen uns mil metros cadrados e distribúense en dous edificios, que anteriormente pertenceron, respectivamente, ao Banco de Garantía Comercial da China e á delegación en Pequín do Banco Central da China.[1][2]

O Museo é membro do Consello Internacional de Numismática. Tamén forma parte do consello do Comité Internacional para os Museos Monetarios e Bancarios (ICOMON),[3] de cuxa novena conferencia anual, celebrada en Pequín en 2002, formou parte do comité organizador.[4]

O Museo Numismático da China é ademais a sede do secretariado da Sociedade Numismática Chinesa, unha organización non gobernamental de carácter académico fundada en 1982 e rexistrada no Ministerio de Asuntos Civís.[1][5]

A colección

Moeda da dinastía Qing, cun furado cadrado no medio.
Moeda-lingote de prata con forma de sela de montar.

A súa misión consiste en recoller, expor e investigar as moedas e outros obxectos antigos, modernos e contemporáneos relacionados coa historia bancaria.[1] Os seus fondos superan os 300.000 obxectos numismáticos.[6]

A súa exposición principal céntrase na historia da moeda chinesa e divídese en cinco seccións e, dentro de cada unha, séguense criterios cronolóxicos e subdivisións temáticas. As seccións son as seguintes:[2]

  • Unificación da moeda.
  • Moedas redondas cun burato cadrado.
  • Moedas de ouro e de prata.
  • Papel moeda e bancos.
  • Presente e futuro.

Ademais da súa exposición principal organiza outras de carácter temporal, entre as que destacan "Tecnoloxía de fundición de moedas antigas chinesas", "Diñeiro contra a falsificación" ou "Moedas do Réxime Vermello".[1]

中国钱币 – China Numismatics

É unha publicación periódica de carácter bimensual coeditada desde 1983 pola Sociedade Numismática Chinesa e o Museo Numismático da China. Trátase da única publicación de carácter académico centrada na numismática e na historia monetaria chinesas, aínda que en ocasións estende o seu obxecto de interese á moeda doutros países.[7]

A revista conta con seccións fixas, como "Foro numismático", "Investigación de historia monetaria", "Moeda bancaria e papel moeda", "Achados e tesouros" ou "Tendencias no coleccionismo de moedas".[7]

Galería

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Introduction Arquivado 18 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.". China Numismatic Museum.
  2. 2,0 2,1 Shuomin, Y. (1997). "The designed thinking of the China Numismatic Museum Arquivado 15 de maio de 2019 en Wayback Machine.". En Proceedings of the ICOMON meetings held in: Stavanger, Norway, 1995, Vienna, Austria, 1996. Museo Casa de la Moneda, Madrid. Páxinas 66-68. ISBN 84-88298-03-X
  3. "Chinese Committee of Money and Banking Museums Arquivado 18 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.". China Numismatic Museum.
  4. "9th ICOMON Annual Conference. 2002: Beijing, China". International Committee for Money and Banking Museums.
  5. "China Numismatic Society Arquivado 11 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". China Numismatic Museum.
  6. "Collections Arquivado 18 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.". China Numismatic Museum.
  7. 7,0 7,1 "China Numismatics Arquivado 17 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.". Sitio web do Museo Numismático da China.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!