Museo Numismático do Banco Central de Ecuador

Museo Numismático
do Banco Central de Ecuador
TipoMuseo numismático
AdministradorCarlos Iza (conservador).
Na rede
Sitio web oficial
editar datos en Wikidata ]

O Museo Numismático do Banco Central de Ecuador é unha institución museística da cidade de Quito, pertencente ao Banco Central de Ecuador, que alberga unha colección representativa da evolución do diñeiro en Ecuador, desde o troco e as pseudomoedas ata o século XXI.

O museo ten tamén unha zona onde se desenvolven obradoiros especializados en numismática.

Historia

O Museo Numismático do Banco Central de Ecuador xurdiu a partir dunha sección de investigación numismática desenvolvida entre 1997 e 1999. No entanto, as primeiras adquisicións de fondos realizáranse xa en 1938, cando o Banco Central iniciou as súas coleccións de pezas arqueolóxicas e de obras de arte colonial, republicana e contemporánea.[1]

A partir destas bases, en abril de 2001 abriu as súas portas o Museo Numismático en Quito, xestionado pola dirección cultural do Banco Central de Ecuador.[1]

Nas súas salas expóñense arredor de 1.200 obxectos arqueolóxicos, numismáticos e notafílicos que constitúen un fío condutor da historia do diñeiro no país, en relación cos seus procesos identitarios, políticos, artísticos, económicos e financeiros.[1]

En 2017, o Museo Numismático do Banco Central de Ecuador acadou o premio Institutional Art Social Media, outorgado pola Luiss Business School, de Roma, co apoio do Ministerio de Cultura de Italia.[2]

Por mor da pandemia de COVID-19, o museo pechou temporalmente en 2020, e retomou a súa actividade ordinaria a partir do 19 de decembro de 2022.[3][4]

Colección

Carlos Iza, conservador do Museo Numismático do BCE (2015).

A partir das primeiras adquisicións iniciadas en 1938, foise confeccionando a colección mediante diversas doazóns e novas compras, ata chegar aos aproximadamente 15.000 obxectos, entre moedas e billetes ecuatorianos e doutros países, bonos e letras de cambio e outros obxectos relacionados coa historia económica, ademais dunha sección de selos postais.

Moedas e billetes

A colección abrangue as “moedas machada” do período prehispánico; as chamadas moedas "macuquinas" (1535-1732), cuñadas a martelo en varias cecas coloniais; os columnarios (1732-1776), cuñados xa por medios mecánicos, e as moedas "de busto" (1776-1822), que amosan as efixies dos reis españois. Xa despois da independencia do país, a colección continúa con exemplares das primeiras moedas nacionais, aínda de carácter predecimal e do posterior sucre, que foi a moeda de Ecuador entre 1884 e 2000, así como os billetes, desde os primeiros introducidos pola banca privada ata os emitidos polo propio Banco Central do Ecuador, a partir de 1927.[5]

Inclúese nesta sección unha boa representación de moedas conmemorativas de prata emitidas a finais do século XX e principios do XXI, con temática diversa.[5]

Medallas

A colección de medallas está composta por arredor de 1.800 pezas, reunidas mediante doazóns e adquisicións, cunha tipoloxía moi diversa: conmemorativas, onomásticas, condecoracións, premios e recordos, tanto de Ecuador como doutros países .[6]

Destacan entre elas as dedicadas a conmemorar a inauguración do ferrocarril a Quito (1908), a inauguración do monumento ás Misións Xeodésicas (1913) ou o centenario da batalla de Pichincha (1922).[6]

Selos postais

A colección filatélica do Museo Numismático do Banco Central de Ecuador foi doada en 2003 pola familia de César Molestina Oquendo, e está composto por arredor de 12.000 obxectos, desde os prefilatélicos aos selos propiamente ditos, pasando por sobres de primeiro día, postais e outros relacionados coa historia filatélica ecuatoriana, aínda que se inclúen tamén exemplares doutros países. Destaca nesta colección unha representación da primeira serie de selos do país, deseñada en 1864 por Emilia Rivadeneira.[7]

Exposición

Cartel anunciador dunha exposición temporal, no exterior do edificio do museo.

Das arredor de 15.000 pezas que compoñen as coleccións do museo, só se expoñen ao público unhas 1.200. A exposición permanente destes fondos organízase en cinco salas:[1][8]

  • Sala prehispánica: céntrase no troco e amosa diversos produtos nos que este se baseou, como as cunchas, a canela ou o sal, así como nos primeiros obxectos premonetarios, como as "moedas machada".
  • Sala colonial: dedicada á moeda do período de soberanía española, cuñada a partir da explotación dos metais preciosos achados nas terras americanas.
  • Sala republicana: amosa un percorrido polo século XIX, coas pezas cuñadas pola Casa da Moeda de Quito, o nacemento do sucre como moeda nacional e as emisións de papel moeda da banca privada, e esténdese ata os inicios do século XX.
  • Sala republicana contemporánea: aborda as emisións de moedas e billetes do século XX a partir da creación do Banco Central de Ecuador. A primeira moeda deste novo período é a dun cóndor de 1928.[9]
  • Sala contemporánea: dedícase á actividade xeral do Banco Central, cunha exposición á base de recursos tecnolóxicos e audiovisuais.

O edificio

O edificio que alberga o museo, obra do arquitecto Francisco Durini Cáceres, construíuse entre 1916 e 1924, cunha estrutura á base de formigón armado e mesturando os estilos barroco e neoclásico.[10] Foi a sede principal do Banco Central de Ecuador desde a súa fundación en 1927 ata 1968. Posteriormente, na década de 1980, o Banco Central destinou este predio ao Centro Cultural Guillermo Pérez Chiriboga, e instaláronse nel unha musicoteca, unha videoteca, unha biblioteca e unha sala de concertos.[11]

Na década de 1980 producíronse labores de conservación e restauración, que levaron á concesión por segunda vez do Premio Ornato en 1989 por parte do Municipio de Quito —a primeira vez fora en 1924, pola súa construción—. A partir dese momento, o edificio sufriu poucas transformacións, ata as provocadas para a apertura do museo numismático en 2001, cando toda a zona das bóvedas pasou a se converter nas salas da exposición permanente. Ademais, habilitáronse en distintos puntos do edificio salas dedicadas ás exposicións temporais.[11]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Historia". Numismatico.bce.fin.ec
  2. "Premio para el Museo Numismático del BCE". En El Universo. 25 de novembro de 2017.
  3. "El renovado Museo Numismático de Ecuador reabre con colección de 1.200 piezas". Infobae.com. 19 de decembro de 2022.
  4. "Banco Central reaperturó su renovado Museo Numismático". En ElTelegrafo.com.ec. 19 de decembro de 2022.
  5. 5,0 5,1 "Monedas y billetes". Numismatico.bce.fin.ec
  6. 6,0 6,1 "Medallas". Numismatico.bce.fin.ec
  7. "Sellos postales". Numismatico.bce.fin.ec
  8. "Salas". Numismatico.bce.fin.ec
  9. "1 cóndor 1928". Numismatico.bce.fin.ec
  10. Ortiz Crespo, A. et al. (2004). Guía arquitectónica de Quito. Vol. II. Municipio de Quito. Páxinas120-121. ISBN 84-8095-365-9
  11. 11,0 11,1 "Edificio". Numismatico.bce.fin.ec

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

1983 video gameMasters of the Universe: The Power of He-ManDeveloper(s)MattelPublisher(s)MattelDesigner(s)Mike SandersJossef WagnerProgrammer(s)IntellivisionRick KoenigRay KaestnerAtari 2600Mike SandersJossef WagnerComposer(s)IntellivisionJoshua JeffeAtari 2600Patricia Lewis Du LongPlatform(s)IntellivisionAtari 2600ReleaseIntellivisionNovember 1983Atari 2600December 1983Genre(s)Horizontally scrolling shooter, actionMode(s)Single-player Masters of the Universe: The Power of He-Man is a horizon...

 

Михайло Долголевець Загальна інформаціяПовне ім'я Долголевець Михайло ВікторовичГромадянство  БілорусьНародився 18 травня 1990(1990-05-18) (33 роки) СРСР, Білоруська Радянська Соціалістична Республіка, Солігорський район, с.ЗавшиціВагова категорія напівважка вагаСтійка ш

 

New Year's EveTheatrical release posterSutradara Garry Marshall Produser Mike Karz Wayne Allan Rice Garry Marshall Ditulis oleh Katherine Fugate PemeranHalle BerryJessica BielJon Bon JoviAbigail BreslinChris Ludacris BridgesRobert De NiroJosh DuhamelZac EfronHéctor ElizondoKatherine HeiglAshton KutcherSeth MeyersLea MicheleSarah Jessica ParkerMichelle PfeifferTil SchweigerHilary SwankSofía VergaraPenata musikJohn DebneySinematograferCharles MinskyPenyuntingMichael TronickPerusahaanpro...

Die Destillerie in Kentucky Jim Beam ist eine Whiskey-Marke des Beam-Suntory-Konzerns. Weltweit bekannt ist vor allem der Bourbon Whiskey Jim Beam White Label. Inhaltsverzeichnis 1 Geschichte 2 Sorten 3 Auszeichnungen 4 Literatur 5 Weblinks 6 Einzelnachweise Geschichte Seit 1795 wird diese Whiskeysorte in der Jim-Beam-Destillerie in Clermont, Kentucky hergestellt. Begründer der Destillerie war der am 9. Februar 1760 geborene deutschstämmige Johannes Jakob Böhm, der sich später in Jacob Be...

 

село Козаче Країна  Україна Область Одеська область Район  Подільський район Громада Ананьївська міська громада Код КАТОТТГ UA51120010140054420 Основні дані Засноване 1895 Перша згадка 1895[1] Населення 84 Площа 0,07 км² Густота населення 1200 осіб/км² Поштовий індекс 66434 Т...

 

  هذه المقالة عن الماي، قرية مصرية. لمعانٍ أخرى، طالع ماي (توضيح). الماي  -  قرية مصرية -  تقسيم إداري البلد  مصر المحافظة المنوفية المركز شبين الكوم المسؤولون السكان التعداد السكاني 23,663 نسمة (إحصاء 2006) معلومات أخرى التوقيت ت ع م+02:00  تعديل مصدري - تعديل   ...

Bidsina Iwanischwili (2013) Wohnsitz und Geschäftsgebäude Iwanischwilis bei Tiflis Iwanischwilis Wohn- und Geschäftskomplex aus der Nähe Bidsina Iwanischwili (georgisch ბიძინა ივანიშვილი; russisch Борис Григорьевич Иванишвили / Boris Grigorjewitsch Iwanischwili; * 18. Februar 1956 in Tschorwila bei Satschchere, Georgische SSR, Sowjetunion) ist ein georgischer Unternehmer und Politiker. Der Milliardär gründete im Dezember 201...

 

Ministry of DefenseKhalid bin Salman Al Saud, the current Minister of Defense since 2022Agency overviewFormed1943; 80 years ago (1943)JurisdictionGovernment of Saudi ArabiaHeadquartersRiyadhMinister responsible Khalid bin SalmanWebsiteOfficial English Site The Ministry of Defense (MoD; Arabic: وزارة الدفاع) is a Ministry in Saudi Arabia that is responsible for the protection of national security, interests and sovereignty of the country from external threats as we...

 

Osilator kendali tegangan adalah osilator yang digunakan untuk mengatur nilai tegangan arus searah menjadi nilai frekuensi. Penggunaan osilator kendali tegangan sebagai penghasil gelombang modulasi frekuensi. Osilator kendali tegangan merupakan bagian terpenting dari sirkuit terpadu penghasil frekuensi. Nilai frekuensi yang dihasilkan oleh osilator kendali tegangan berada pada rentang 900 MHz, 1800 MHz, dan 1900 MHz. Osilator kendali tegangan yang mengalami kerusakan akan membuat sinyal naik ...

This article is about the school. For the concert venue sometimes known by the same name, see O2 Academy Glasgow. Public school in Glasgow, ScotlandThe Glasgow AcademyAddressColebrooke StreetGlasgow, G12 8HEScotlandInformationTypePublic SchoolPrivate day schoolMottoServa Fidem (Keep Faith)Religious affiliation(s)Church of ScotlandEstablished1845; 178 years ago (1845)FoundersMembers of Free Church of ScotlandLocal authorityGlasgow City CouncilChairDuncan MackisonRectorMatthew...

 

1959 science fiction novel by Robert A. Heinlein This article is about the novel. For the 1997 film, see Starship Troopers (film). For other uses, see Starship Troopers (disambiguation). Starship Troopers First edition hardcoverAuthorRobert A. HeinleinCover artistJerry RobinsonCountryUnited StatesLanguageEnglishGenreMilitary science fictionPhilosophical fiction[1][2][3]PublisherG. P. Putnam's SonsPublication dateNovember 5, 1959[4]Media typePrint (har...

 

Species of bird Philippine trogon Conservation status Least Concern (IUCN 3.1)[1] Scientific classification Domain: Eukaryota Kingdom: Animalia Phylum: Chordata Class: Aves Order: Trogoniformes Family: Trogonidae Genus: Harpactes Species: H. ardens Binomial name Harpactes ardens(Temminck, 1826) The Philippine trogon (Harpactes ardens) is a species of bird in the family Trogonidae. Primarily due to its plumage and colors, the bird has been associated with the mythical Ibong A...

This article does not cite any sources. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Rasta Revolution – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (July 2017) (Learn how and when to remove this template message) 1974 compilation album by Bob Marley and the WailersRasta RevolutionCompilation album by Bob Marley and the WailersReleased1974Recorded1970–7...

 

AwardKabul to Kandahar StarObverse and reverse of the medalTypeCampaign medalAwarded forCampaign ServicePresented byUKEligibilityBritish and Indian ArmiesCampaign(s)Relief of Kandahar,9–31 August 1880Established19 March 1881TotalJust over 11,000Ribbon bar of the medal RelatedAfghanistan Medal The Kabul to Kandahar Star, also known as the Roberts Star or Kandahar Bronze Star was awarded to those British and Indian troops who participated in the 320 mile march from Kabul to Kandahar in Afghan...

 

Spanish thriller television series Welcome to EdenSpanishBienvenidos a Edén GenreDramaThrillerCreated byJoaquín GórrizGuillermo LópezDirected byDaniel BenmayorMenna FitéStarring Amaia Aberasturi Tomy Aguilera Diego Garisa Berta Castañé Albert Baró Lola Rodríguez Guillermo Pfening Blanca Romero Begoña Vargas Sergio Momo Ana Mena Berta Vázquez Irene Dev Álex Pastrana Joan Pedrola Claudia Trujillo Carlos Soroa Jonathan Alonso Dariam Coco Amaia Salamanca Belinda Mario de la Rosa Ana W...

Intergovernmental science organization This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: International Council for the Exploration of the Sea – news · newspapers · books...

 

Municipality in Ticino, SwitzerlandBlenioMunicipality Coat of armsLocation of Blenio BlenioShow map of SwitzerlandBlenioShow map of Canton of TicinoCoordinates: 46°32′N 8°57′E / 46.533°N 8.950°E / 46.533; 8.950CountrySwitzerlandCantonTicinoDistrictBlenioGovernment • MayorClaudia Boschetti StaubArea[1] • Total263.9 km2 (101.9 sq mi)Elevation902 m (2,959 ft)Population (31 December 2018)[2] ...

 

Railway station in Nishinomiya, Hyōgo Prefecture, Japan Nishinomiya Station西宮駅North entranceGeneral informationLocation9-3, Ikedacho, Nishinomiya-shi, Hyōgo-ken 661-0025JapanCoordinates34°44′20.3″N 135°20′52.3″E / 34.738972°N 135.347861°E / 34.738972; 135.347861Owned by West Japan Railway CompanyOperated by West Japan Railway CompanyLine(s) Tōkaidō Main Line (JR Kobe Line)Distance571.8 km (355.3 mi) from TokyoPlatforms2 island platformsC...

Sublingual glandSalivary glandsSalivary glands: #1 is Parotid gland, #2 is Submandibular gland, #3 is Sublingual glandDetailsPart ofSalivary glandsSystemDigestive systemLocationMouthArterySublingual artery (branch of lingual artery of external carotid artery)NerveSubmandibular ganglionLymphSubmandibular lymph nodesIdentifiersLatinGlandula sublingualisMeSHD013361TA98A05.1.02.008TA22807FMA59791Anatomical terminology[edit on Wikidata] The sublingual gland (glandula sublingualis) is a seromuc...

 

Reciprocating internal combustion engine Toyota G16E engineToyota's G16E-GTS engine installed in the 2020 GR YarisOverviewManufacturerToyotaProduction2020–presentLayoutConfigurationI3Displacement1,618 cc (98.7 cu in)Cylinder bore87.5 mm (3.445 in)Piston stroke89.7 mm (3.531 in)Cylinder block materialAluminium alloyCylinder head materialAluminium alloyValvetrainDOHCCompression ratio10.5:1CombustionTurbochargerSingle-scroll ball bearingFuel systemD-4ST direc...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!