O Museo Numismático da China está baixo a xestión do Banco Popular da China. Fundouse en 1992 e ten a súa sede na Praza Tian'anmen, en Pequín. As súas instalacións abranguen uns mil metros cadrados e distribúense en dous edificios, que anteriormente pertenceron, respectivamente, ao Banco de Garantía Comercial da China e á delegación en Pequín do Banco Central da China.[1][2]
O Museo é membro do Consello Internacional de Numismática. Tamén forma parte do consello do Comité Internacional para os Museos Monetarios e Bancarios (ICOMON),[3] de cuxa novena conferencia anual, celebrada en Pequín en 2002, formou parte do comité organizador.[4]
A súa exposición principal céntrase na historia da moeda chinesa e divídese en cinco seccións e, dentro de cada unha, séguense criterios cronolóxicos e subdivisións temáticas. As seccións son as seguintes:[2]
Ademais da súa exposición principal organiza outras de carácter temporal, entre as que destacan "Tecnoloxía de fundición de moedas antigas chinesas", "Diñeiro contra a falsificación" ou "Moedas do Réxime Vermello".[1]
中国钱币 – China Numismatics
É unha publicación periódica de carácter bimensual coeditada desde 1983 pola Sociedade Numismática Chinesa e o Museo Numismático da China. Trátase da única publicación de carácter académico centrada na numismática e na historia monetaria chinesas, aínda que en ocasións estende o seu obxecto de interese á moeda doutros países.[7]
A revista conta con seccións fixas, como "Foro numismático", "Investigación de historia monetaria", "Moeda bancaria e papel moeda", "Achados e tesouros" ou "Tendencias no coleccionismo de moedas".[7]