En xuño de 2013 anunciouse que sería o substituto de Abel Resino no banquiño do Celta de Vigo por dúas tempadas.[1] En maio de 2014 anunciou que non continuaría no conxunto celeste ao rematar a tempada.[2] O seu substituto foi Eduardo Berizzo.[3]
Dous días despois da súa marcha do Celta, o Futbol Club Barcelona anunciou a súa contratación por dúas tempadas.[4]
O 5 de xullo de 2023 foi presentado como novo adestrador do Paris Saint-Germain ata xuño de 2025.
[5]