Enrique Lúpiz, finado na Arxentina en 1974 foi un tirador de esgrima e adestrador de fútbol arxentino.
Traxectoria
Foi tres veces campión arxentino de esgrima e preparador físico da escola naval do Exército arxentino[1] A experiencia como preparador físico na súa disciplina deportiva e en ximnasia abriulle as portas do fútbol, dirixindo importantes equipos na súa Arxentina natal, como Boca Juniors, Rosario Central e Club Atlético Banfield. Despois marcharía a Uruguai para dirixir a Huracán e Club Danubio, con quen se proclamaría subcampión da Lida Uruguaia na tempada 1957/58. Este importante cartel abriulle as portas do fútbol europeo, fichando polo Celta de Vigo de Segunda División Española en 1959.
Lupiz comezou con bo pé, introducindo cambios no sistema de adestramento e vencendo o Deportivo da Coruña nun torneo amigábel denominado Trofeo Amistad. A competición oficial pese a comezar con derrota ante o CD Condal enseguida se enderezou con sendas vitorias ante Barakaldo CF e Baskonia. Porén, serían os únicos encontros dirixidos polo adestrador arxentino, xa que a Federación Española de Fútbol non lle convalidou o título de adestrador, polo que o club rescindiu o contrato do adestrador arxentino e contratou o vasco Baltasar Albéniz.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas