Sir Alexander Chapman "Alex" Ferguson, CBE, nado en Govan (Glasgow) o 31 de decembro de 1941, é un exadestrador e futbolista escocés. Foi técnico do Manchester United dende 1986 até 2013.
Traxectoria
Adestrou ao East Stirlingshire, ao St. Mirren e ao Aberdeen, desde onde se trasladou ao banco de Old Trafford. Tamén foi seleccionador escocés tras a morte de Jock Stein. Adestrou durante máis de dúas décadas ao Manchester United, converténdose no técnico con máis anos no equipo desde Matt Busby (1945-1969).
Con el no banco, o United obtivo once campionatos ligueiros e dous títulos europeos, máis títulos que en toda a súa historia até o mento. Tamén foi nomeado «adestrador do ano» en máis ocasións que calquera outro na historia. En 1999 converteuse no único adestrador en obter nun mesmo ano e cun equipo británico Premier League, FA Cup e Champions; así mesmo, é o único adestrador que se impuxo na FA Cup en cinco ocasións, así como o único técnico en obter a Premier co mesmo equipo en tres ocasións consecutivas (1998-99, 1999-00 e 2000-01; 2006-07, 2007-08 e 2008-09). En 2008 converteuse, despois de Brian Clough (Nottingham Forest) e Bob Pasley (Liverpool), no terceiro adestrador británico en obter en dúas ocasións a Champions League.
No plano individual é membro do English Football Hall of Fame e comandante do Imperio Británico (CBE), honra que lle concedeu Sabela II en 1999. Ademais, despois de conducir ao equipo da cidade cara á "idade de ouro" da súa historia, o concello de Aberdeen concedeulle o Freedom of the City of Aberdeen.
|
---|
Copa de Europa | |
---|
Liga de Campións | |
---|