Raúl González Blanco, nado en Madrid o 27 de xuño de 1977, é un exfutbolista español. Xogaba de dianteiro e o seu derradeiro equipo foi o Al Sadd. Trátase dun dos futbolistas máis renomeados no panorama internacional[1] e un dos máis importantes de tódolos tempos.[2]
É o quinto máximo goleador da historia da Primeira división española,[3] do mesmo xeito que un dos máis prolíficos da historia do fútbol español,[4] e das competicións oficiais de clubs da UEFA.[5]
Iniciou a súa carreira nas divisións inferiores do Atlético de Madrid, pero tras a disolución das súas filiais foi contratado polo Real Madrid CF, equipo co cal debutou no fútbol profesional en 1994. Co cadro branco gañou seis campionatos de liga, catro Supercopas de España, tres Copas de Europa, unha Supercopa de Europa e dúas Copas Intercontinentais. Posúe a marca de máis partidos disputados[6] e máis goles anotados co cadro madridista.[7] Coa Selección de fútbol de España, da cal é o máximo artilleiro con 44 goles,[8] participou en tres edicións de Copa do Mundo e dous Eurocopas. Foi o seu capitán desde 2003 ata 2006.