David Villa

Modelo:BiografíaDavid Villa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de decembro de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Tiuya, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesEl Guaje Editar o valor en Wikidata
Altura175 cm Editar o valor en Wikidata
Peso69 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor en Wikidata - 2020 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaMajor League Soccer, J.League (en) Traducir e Primeira División Española Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2000–2001   Real Sporting de Gijón B 36(14)
2001–2003   Sporting de Gijón 80(38)
2003–2005   Real Zaragoza 73(32)
2005–2010   Valencia CF 166(107)
2010–2013   FC Barcelona 77(33)
2013–2014   Atlético de Madrid 36(13)
2014–2014 cesión Melbourne City FC 4(2)
2014–2018 New York City FC 124(80)
2019–2020 Vissel Kobe 28(13)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2001–2002   Asturias 32(27)
2002–2003   España sub-21 7(0)
2005–2014   España 98(67)
Participou en
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014
2010Mundial de Fútbol Suráfrica 2010
2009Copa Confederacións Suráfrica 2009
xuño de 2008Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008
2006Mundial de Fútbol Alemaña 2006 Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webdavidvilla7.es Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2300567 Facebook: DavidVillaJugador Twitter: Guaje7Villa Instagram: davidvilla Youtube: UCdjxqCtC1qIF8sa1KiwRvMg BNE: XX5015841 Musicbrainz: cc1d40a3-0984-4ad7-8d20-cf05119b1e68 FIFA: 229884 UEFA: 66414 Editar o valor en Wikidata

David Villa Sánchez, nado en Tiuya (Langreu, Asturias) o 3 de decembro de 1981, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo e o Melbourne City, cedido polo New York City. Caracterízase pola súa rapidez e mobilidade. O seu alcume é «El Guaje», chamado así polos seus amigos porque sempre xogaba cos maiores.[1]

En 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española.

Traxectoria

O 19 de maio de 2010 anunciouse o seu traspaso ao Fútbol Club Barcelona por un total de 40 millóns de euros.[2]

Selección nacional de España

O seu debut produciuse o 9 de febreiro de 2005, en Almería. Disputábase un partido de clasificación para o Mundial de Alemaña 2006, cuxo resultado foi España 5-0 San Marino.

No primeiro partido de España no Mundial contra Ucraína, Villa marcou dous goles. O primeiro nun libre directo que tocou na barreira descolocando ao porteiro, e o segundo de penalti (que foi o primeiro en sinalarse en devandito torneo). En oitavos de final marcou, de novo de penalti, esta vez ante Francia, equipo que apeou da competición aos españois por 3-1.

Xogando con España, converteuse en máximo goleador da Eurocopa 2008 cun total de 4 goles. O día 10 de xuño de 2008, no partido de debut da selección española contra a selección rusa, Villa fixo un hat-trick. O resultado final foi 4-1 a favor de España.

No segundo partido de España, xogado o 14 de xuño contra Suecia, Villa marcou o gol da vitoria por 2-1 no último minuto do partido e mete a España en cuartos de final como 1ª de grupo. En cuartos de final contra Italia marcou o primeiro penalti da serie de penaltis, na vitoria de España 4-2, tras terminar o partido 0-0 en tempo regular. Na semifinal contra Rusia saíu lesionado. Unha microrrotura fibrilar impediulle xogar a final onde España conseguiu o seu segundo campionato Europeo da UEFA, ao derrotar a Alemaña 1-0.

O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica, no que marcou 5 dos 8 goles de España.

En xullo de 2013 fichou polo Atlético de Madrid.

Participacións en Copas do Mundo

Mundial Sede Resultado PX Goles
Copa Mundial de 2006 Alemaña Oitavos de final 4 3
Copa Mundial de 2010 Suráfrica Campión 7 5

Participacións en Eurocopas

Mundial Sede Resultado PX Goles
Eurocopa 2008 Austria e Suíza Campión 4 4

Estatísticas

Club Tempada Liga Copa do Rei Comp. Europea Supercopa Selección Total
Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles
Valencia CF 20092010 24 17 2 0 6 6 - - 4 2 36 25
20082009 33 28 3 1 5 1 2 2 14 15 57 47
20072008 28 18 6 1 7 3 - - 12 6 53 28
20062007 36 15 2 0 11 5 - - 11 7 60 27
20052006 37 25 4 2 - - - - 11 5 52 32
Real Zaragoza 20042005 35 16 1 0 10 3 2 0 1 0 49 19
20032004 38 16 8 4 - - - - - - 46 20
Total Primeira división 227 135 26 8 38 15 4 2 53 35 348 195
Sporting de Gijón 20022003* 39 20 1 1 - - - - - - 40 21
20012002* 40 18 3 2 - - - - - - 43 20
20002001* 1 0 - - - - - - - - 1 0
Total 302 170 28 11 37 14 4 2 54 36 423 233
Datos correspondentes a 19 de marzo de 2010

* Segunda división

Palmarés

Club

Real Zaragoza
Valencia
Barcelona
Atlético de Madrid

Selección

España

Distincións individuais

Distinción Ano
Trofeo Zarra 2006
Trofeo Zarra 2007
Máximo goleador da Eurocopa 2008 2008
Trofeo Zarra 2009
Bota de Bronce da Copa Confederacións de 2009 2009
Trofeo Zarra 2010
Bota de Prata da Copa Mundial de Fútbol de 2010 2010
Balón de Bronce da Copa Mundial de Fútbol de 2010 2010

Notas

  1. "Rexeitado por ser baixiño". Elmundo.com. Consultado o 3 de setembro de 2008. 
  2. "Acordo co Valencia por Villa". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2010. Consultado o 19 de maio de 2010. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!