Con 42 tempadas en Primeira División, é o equipo asturiano que máis tempadas disputou na máxima categoría. Ocupa a 15º na clasificación histórica da Primeira División e a 2ª na de Segunda. Ademais, é un dos nove equipos españois que nunca xogaron nunha categoría inferior á Segunda División.
Uniforme
Uniforme titular: camiseta de raias verticais brancas e vermellas, representando as cores da bandeira de Xixón, pantalóns azuis (dise que como homenaxe ao mar) e medias azuis con volta vermella.
Uniforme visitante: Camiseta vermella, pantalóns vermellos e medias vermellas.
Terceiro uniforme: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.
O estadio do Sporting de Xixón é o estadio de El Molinón, que data de 1908, sendo o máis antigo do fútbol profesional en España. O seu nome débese a existencia dun antigo gran muíño preto da situación do estadio. A súa capacidade é de 25.885 espectadores e as súas dimensións son de 105 x 68 metros.
O estadio xixonés sufriu varias remodelacións ao longo da súa historia. A primeira prodúcese en 1917. De entre todas elas cabe destacar a que sufriu con motivo da Mundial de España de 1982, durante a cal o estadio acolleu varios partidos do Grupo B, compartido co Estadio Carlos Tartiere de Oviedo. Actualmente estanse levando a cabo obras de ampliación do estadio.