Estadio Carlos Tartiere (1932)Para o novo estadio véxase: Estadio Carlos Tartiere (2000).
O antigo Estadio Carlos Tartiere era un estadio de fútbol da cidade de Oviedo, en España. Nel xogou os seus partidos como local o Real Oviedo entre 1932 e 2000, cando pasou a xogar no novo estadio. Foi derrubado en 2003. O campo recibía este nome polo primeiro presidente do club, Carlos Tartiere. HistoriaDenominado Estadio de Buenavista, por estar situado no barrio do mesmo nome, foi inaugurado o 24 de abril de 1932, cun partido entre as seleccións nacionais de España e Iugoslavia con triunfo de España por 2-1. O primeiro gol do estadio foi marcado por Isidro Lángara, dianteiro do Real Oviedo. Tiña a particularidade nese tempo de que a tribuna principal estaba cuberta cunha visera de máis de 100 metros de lonxitude sen ningunha columna de apoio diante, a primeira que se construia en España desas características, obra do enxeñeiro Ildefonso Sánchez del Río. En 1954 foi vendido ao Concello de Oviedo, que é o seu propietario desde entón. En xuño de 1958 o seu nome cambiouse polo do fundador e primeiro presidente do club, Carlos Tartiere. O 4 de xuño de 1969 inaugurouse a iluminación artificial do campo durante o encontro amigable entre o Real Oviedo e o Real Madrid. Foi reconstruído con motivo do Mundial de Fútbol España '82, no que foi unha das sedes oficiais, de forma que a capacidade do recinto pasou de 20.000 persoas a 22.500. O partido de inauguración logo das obras enfrontou o Real Oviedo coa selección nacional de Chile. En 1998, para cumprir coa normativa da UEFA e mellorar a seguridade nos campos de fútbol, engádense butacas a case todo o campo de forma que o foro se reduce ata as 13.000 persoas. Este feito fixo que se expuxese a necesidade de construír un novo campo de fútbol para a cidade con capacidade suficiente para todos os afeccionados. O 20 de maio de 2000 o Real Oviedo xoga o seu último partido no Carlos Tartiere fronte á Real Sociedad e este é derrubado en 2003, unha vez estivo terminado o novo estadio. Nos terreos que ocupaba o estadio e arredores construíuse o Palacio de Congresos de Oviedo, deseñado por Santiago Calatrava. Partidos internacionaisXogáronse tres partidos da primeira rolda do Mundial de 1982, concretamente do Grupo B.
Véxase tamén
Outros artigosLigazóns externas |