Louis Antoine de Bougainville, conde de Bougainville, nado en París o 12 de novembro de 1729 e finado o 20 de agosto de 1811, foi un militar e navegante francés que fixo a primeira circunnavegación francesa e destacou pola súa descrición de Tahití.
Á súa memoria bautizouse a illa Bougainville no arquipélago das Salomón, e a planta buganvílea que descubriu en América do Sur.
Era fillo dun notario e empezou a estudar leis. Aos vinte e tres anos publicou un tratado de cálculo integral como suplemento do tratado de l'Hôpital sobre o cálculo infinitesimal.
En 1753 entrou no exército e é destinado ao Canadá como axudante de campo do marqués de Montcalm. Participou en diferentes batallas ata que foi ferido e volveu a Francia co propósito de obter reforzos militares. Nunha soada discusión, o duque de Choiseul, que quería desentenderse do Canadá, díxolle «cando a casa quéimase, un non se ocupa dos cortellos». Bougainville respóndelle: «polo menos, señor, non se poderá dicir que vostede fala como un cabalo». Isto atraeu a atención de Madame de Pompadour de quen acabaría sendo o protexido, preséntao ao rei e noméano coronel. De volta ao Canadá participou na defensa do Quebec e foi dos oficiais que asinaron a rendición ante os ingleses.
Bougainville pasouse á mariña e presenta un proxecto de expedición no que se encarga dos gastos financeiros creando a Compañía de Saint-Malo. Bougainville encárgase da misión de entregar as illas Malvinas aos españois e quere aproveitar a viaxe para explorar terras colonizables no Pacífico. A expedición conta cun equipo científico formado polo astrónomo Véron e o naturalista Philibert Commerson.
En 1766 Bougainville parte de Brest con dous barcos: Boudese e L'Étoile. No Brasil, Commerson descobre a planta buganvílea que bautiza en honra ao capitán. Logo de facer escala nas Malvinas visita Tahití en abril de 1768 sen saber que meses antes fora descuberta polo inglés Samuel Wallis. En marzo de 1769 completa a primeira circunnavegación francesa volvendo a Saint-Malo perdendo tan só a sete homes dun total de douscentos. Entre a tripulación había tamén a primeira muller que deu a volta ao mundo. Era Jeanne Baré que se disfrazou de home como axudante do naturalista Commerson. Ninguén descubriu o engano ata que chegaron a Tahití e descubrírono os nativos.
O relato da súa viaxe, Voyage autour du monde, espertou un enorme interese polas súas descricións paradisíacas da Nova Citera, o xardín do Edén ou os Campos Elisios. Describe un pobo feliz e inocente sen corrupcións nin prexuízos que provocaron unha serie de pensamentos filosóficos e utópicos sobre a civilización. Denis Diderot escribe o Suplemento á viaxe de Bougainville onde fai unha revisión do bo salvaxe de Rousseau.
(mortos: 7) || align="center" |8 oficiais e 108 homes(1) (mortos: 2)
(capitán de navío) || align="center" |F. Chesnard da Giraudais (capitán de fragata)
(capitán de fragata) || align="center" |J.L. Caro l'Ainé (tenente de navío)
(desembarcado na illa de Francia)
Véron