Saint-Malo

  • Este artigo trata sobre unha vila, para o santo véxase: Malo (santo).
Modelo:Xeografía políticaSaint-Malo
Imaxe

EpónimoMalo Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°38′58″N 2°01′34″O / 48.6494, -2.0261
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
Defense and Security zone of France (en) TraducirWestern defense and security zone (en) Traducir
RexiónsBretaña
DepartamentoIlle e Vilaine
Distritosarrondissement of Saint-Malo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación47.323 (2021) Editar o valor en Wikidata (1.293,69 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticametropolitan Sant-Maloù (en) Traducir
Q3551142 Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie36,58 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude8 m-0 m-51 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
agosto de 1378 (Gregoriano)Siege of Saint-Malo (en) Traducir
26 de xaneiro de 1947foundation stone laying ceremony (en) Traducirreconstrución Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataGilles Lurton (2020–sen valor) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal35400 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webville-saint-malo.fr Editar o valor en Wikidata
Twitter: VilleSaintMalo Instagram: villedesaintmalo LinkedIn: ville-de-saint-malo Editar o valor en Wikidata

Saint-Malo (Sant-Maloù en bretón, Saent-Malo en galó) é unha cidade situada na costa norte da Bretaña, no departamento de Ille e Vilaine.

Xeografía

Saint-Malo está situada na Costa de Esmeralda[1], no litoral norte da Bretaña, no canal da Mancha.

Está situado na ribeira dereita da ría do río Rance e dista 75 km de Rennes.

Ocupa un lugar privilexiado, próxima a Normandía e das illas anglo-normandas Jersey e Guernesey.

Demografía

Evolución demográfica
1962 1968 1975 1982 1990 1999 2006 2008 2010
17.137 42.297 45.030 46.347 48.057 50.675 49.661 48.211 46.342
Dende 1962 até 2010: Poboación sen recontos

Patrimonio

As murallas

Vista xeral da cidade amurallada.

Só queda unha pequena parte do recinto medieval (s. XV); as tres cuartas partes da muralla foron substituídas entre 1708 e 1744 para a ampliación da cidade, e no século XIX houbo outra rectificación.

Intra-muros

  • Catedral Saint-Vincent
  • Castelo de Saint-Malo (século XV), comezado en 1424 polo duque da Bretaña Jean V e continuado por François II e Ana da Bretaña.
  • Hotel André Désilles (século XVII) onde naceron Picot de Clorivière e o seu sobriño André Désilles.
  • Hotel de la Gicquelais, casa natal de Chateaubriand.
  • Capela Saint-Aaron (1621)

Extra-muros

  • Varios fortíns construídos a finais do século XVII sobre illotes rochosos da baía.
  • A torre Solidor, comezada a finais do século XIV polo duque Xoán IV.

Personaxes relacionadas con Saint-Malo

  • San Malo (520-621), santo fundador da vila.
  • Jacques Cartier (1491-1557), navegante e explorador, naceu en Saint-Malo.
  • Jacques Gouin de Beauchesne (1652-1730), navegante, naceu en Saint-Malo.
  • René Duguay-Trouin (1673-1736), corsario, tenente xeneral da Mariña durante o reinado de Louis XIV, naceu en Saint-Malo.
  • Louis Antoine de Bougainville (1729-1811), navegante.
  • François-René de Chateaubriand (1768-1848), escritor, naceu en Saint-Malo.
  • Robert Charles Surcouf (1773-1827), un dos corsarios franceses máis famosos, naceu en Saint-Malo.

Cidades irmandadas

Galería de imaxes

Vista panorámica dende a illa Grand Bé durante a baixamar.
Vista da cidade amurallada dende o suroeste.

Notas

  1. Eugène Herpin deu este nome a esta parte da costa situada entre o cabo Fréhel e Cancale, debido á cor verde esmeralda que presenta algunhas veces o mar nesta zona.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!