Durante a última etapa da minoría de idade do seu sobriño, Afonso XI de Castela, foi titor do rei co infante Filipe de Castela e Juan el Tuerto.
Traxectoria
Don Juan Manuel naceu no Castelo de Escalona, na actual provincia de Toledo. A súa última carta, datada no Castelo de Garcimuñoz o 12 de outubro de 1348, demostra que faleceu despois do 5 de maio, data que na maior parte dos libros se sostén como a oficial da súa defunción.[8]
A súa biografía é ben coñecida grazas aos traballos de Andrés Giménez Soler e Aurelio Pretel Marín. Foi educado como un nobre, en artes como a equitación, a caza ou a esgrima, mais os seus aios preocupáronse de que aprendese amais latín, historia, dereito e teoloxía; desta completísima educación hai recordos no capítulo LXVII do seu Libro de los estados. Aínda que nalgunhas ocasións proclamábase leigo nas súas obras, esa declaración era convencional e obedecía ao tópico da humildade, para compartir a ignorancia do seu público por cortesía pedagóxica; en realidade era un sabio con coñecementos enciclopédicos, que dominaba o latín e o italiano, aínda que non o grego.
Era un grande afeccionado á caza, disciplina á que dedica por enteiro o Libro de la Caça. Nel descríbese a fauna de gran parte dos seus señoríos, pois coñecíaa polas súas experiencias cinexéticas, especialmente a caza con falcóns. No devandito libro tamén realiza descricións xeográficas dos termos municipais que menciona.
Cando tiña oito anos perdeu os seus pais e puido dispor do amplo patrimonio da súa familia; aos seus doce anos participou na guerra para conter o ataque dos mouros de Granada contra Murcia. Na loita dinástica suscitada en Castela por causa da morte de Fernando de la Cerda, primoxénito de Afonso X o Sabio, don Juan Manuel estivo sempre a favor de Sancho IV, como tamén estivera o seu pai, e o rei correspondeu a esta lealdade concedéndolle a súa protección. Casou tres veces, escollendo as súas esposas por conveniencia política e económica e, cando tivo fillos, esforzouse por casalos con persoas pertencentes á realeza. A primeira das súas esposas foi Isabel, filla de Xaime II de Mallorca, con quen casou en 1299; porén, faleceu dous anos máis tarde. Ao morrer Sancho IV de Castela incumpriu a súa promesa de protexer á raíña rexente María de Molina na minoría de idade do futuro Fernando IV: oprimiunos con todo tipo de esixencias e mostrouse pouco fiel, buscando a alianza de Xaime II de Aragón, para iso pediulle en 1303 a man da súa filla Costanza, que aínda tiña seis anos, polo que quedaría recluída no castelo de Villena durante outros seis anos, ata casar con ela en 1311, cando cumpriu doce anos. Durante a minoría de idade de Afonso XI foi corrixidor do reino ata que o propio monarca obrigouno a deixar o cargo.
Durante o reinado de Afonso XI mostrou o seu carácter inquieto e rebelde, por exemplo cando se anoxou porque o rei non quixo casar coa súa filla Costanza e declaroulle a guerra coa axuda do rei de Granada; feitas as paces, recobrou o cargo de Adiantado maior de Murcia que perdera con esa situación e,[7] xa viúvo, volveu a casar, en terceiras nupcias, con Blanca Núñez de Lara; entón tivo outro enfrontamento co rei Afonso XI, a quen non quixo achegar as súas mesnadas para cercar Xibraltar; tras unha nova reconciliación, volveu atopar un motivo de queixa laboriosamente inventado e acusou o rei de non permitir que a súa filla Costanza casase co infante Pedro, futuro rei co nome de Pedro I de Portugal; recobrou a graza real a tempo para participar na importante batalla do río Salado contra os benimerines e na ulterior conquista de Alxeciras.
Don Juan Manuel converteuse nun dos homes máis ricos e poderosos da súa época: amais de manter el só un exército de mil cabaleiros, por un tempo chegou a cuñar, como os reis, a súa propia moeda; para iso dispuxo unha fábrica de cuñaxe na súa aldea de El Cañavate (Cuenca). Esta actividade molestou tanto a Afonso XI como aos reis de Aragón. As moedas que se conservan pon no anverso a lenda "SANTA ORSA" e no reverso "A DEPICTA VIA CON", que se refire á súa filla Costanza.
O autor de El conde Lucanor compaxinou durante toda a súa vida as súas actividades de escritor coas de nobre cabaleiro, mais no seu ambiente houbo críticas sobre a súa vocación literaria, pois coidábase que un nobre tan alto non debía dedicarse a tales actividades. Mais o pracer que achaba na escritura e a utilidade que vía para os outros nela, levárono a proseguir a súa actividade literaria.
Na súa época o trono de Castela estivo ocupado por dous monarcas que incluso chegaron a proxectar matalo: Fernando IV e Afonso XI; porén, o último destes pediu a man da súa filla Costanza só como mera manobra política para conservar a súa fidelidade, pois despois foi postergando o matrimonio e repudiouno cando xa estaba concertado, confinando a moza no castelo de Toro;[7] o Rei non só repudiou a súa filla, senón que non lla devolvía nin lle concedía licenza para viaxar a Portugal e casar co infante Pedro. Estas discordias entre rei e vasalo duraron polo menos unha década e polo menos en dúas ocasións don Juan Manuel foi apresado polo monarca; porén, a necesidade do rei de asegurar a paz interior para poder enfrontar ao rei de Marrocos e a mediación de Juana Núñez, sogra de don Juan polo seu terceiro matrimonio, conseguiron que o rei devolvese a don Juan Manuel os seus bens embargados e os outro honores en 1337, pondo fin a esta inimizade, o que se consolidou por fin coa autorización para a voda de Costanza, e cara ao 1340 ambos se aliaron contra os musulmáns na batalla do río Salado e arrebatáronlle a cidade de Alxeciras despois dun longo asedio.
Despois destes acontecementos, o infante don Juan Manuel deixou a vida política e retirouse ao Castelo de Garcimuñoz, onde pasou os seus últimos anos entregado á literatura. Orgulloso das súas obras, decidiu reunilas todas nun só volume, que deixou no convento de San Paulo en Peñafiel para que non sufrisen as alteracións dos copistas.
Don Juan Manuel faleceu na cidade de Toledo en 1345 aos 70 anos de idade.
Sepultura
Despois da súa defunción na cidade de Córdoba, o cadáver de Don Juan Manuel foi trasladado á vila de Peñafiel, onde foi sepultado no convento de San Paulo, que o propio escritor fundara en 1318 coa intención de que cando morrese os seus restos repousasen na capela maior da igrexa conventual.
Porén, en 1955 achouse unha caixa de madeira na igrexa do convento de San Pablo na que apareceron uns restos humanos, que foron identificados por diversos historiadores como os restos de Don Juan Manuel, pois ao limpar o muro de pedra apareceu, escondida baixo unha grosa capa de xeso a seguinte inscrición,[12] que tamén foi consignado en séculos pasados por outros historiadores:[a]
Aquí yace el ilustre señor don Juan Manuel, hijo del muy ilustre Señor infante Don Manuel y de la muy esclarecida señora doña Beatriz de Saboya, duque de Peñafiel, marqués de Villena, abuelo del muy poderoso rey y señor de Castilla y León don Juan I, de éste nombre. Finó en la ciudad de Córdoba el año del nacimiento de Nuestro Salvador de 1362.
Fortunato Escribano de la Torre tamén asegurou que os restos do magnate apareceron en 1955 no convento de San Pablo de Peñafiel,[13] e na actualidade eses restos repousan nunha pequena arqueta de pedra adornada co escudo de Don Juan Manuel e colocada no mesmo lugar onde apareceron e baixo o epitafio mencionado anteriormente.
Juana Manuel de Villena (1339-1381). Casou en 1350 con Henrique de Trastámara,[15][7], fillo ilexítimo do rei Afonso XI de Castela e de Lionor de Guzmán e que chegou a reinar como Henrique II de Castela. O seu fillo foi o rei Xoán I de Castela. Foi III duquesa de Villena e V señora de Escalona e Peñafiel desde 1360 ata 1366. Mais o señorío de Villena foi entregado a Don Afonso de Aragón que prestara os seus servizos a Henrique de Trastámara durante a guerra fratricida.
Don Juan Manuel tivo, amais, dous fillos ilexítimos con Inés de Castañeda,[7] filla de Diego Gómez de Castañeda, señor das Hormazas, e de Juana Fernández de Guzmán:
Sancho Manuel de Villena (1320-1347),[7] adiantado maior de Murcia, alcaide de Lorca, señor de Carcelén e de Montealegre e ricohome de Castela.
Engádese, amais, aínda que non fose concibida como obra independente, o conxunto das súas cartas, reunidas como Epistolario por Andrés Giménez Soler e que abarcan de 1298 a 1347.
De forma convencional, a produción de don Juan Manuel clasifícase en tres etapas:
Nunha primeira etapa, a súa obra maniféstase claramente influída polas obras producidas polo traballo colectivo que fixo o seu tío Afonso X. Por exemplo, a Crónica abreviada é, precisamente, un resumo da Estoria de España. Segue, polo tanto, don Juan Manuel nesta etapa os modelos xenéricos afonsinos: historiografía, asuntos cinexéticos, disposicións xurídicas sobre cabalaría; etc.
Nas seguintes etapas, a súa creación vólvese máis persoal, nun intento de utilizala como reclamación da categoría persoal e social que os seus problemas co rei lle minaron. Porén, esta función política e histórica, diminúe co tempo e remata por ser case plenamente substituída pola súa vontade de autoría literaria, á marxe doutras consideracións.
Co Libro del cavallero et del escudero, iníciase unha segunda etapa, na que o didactismo, case sempre expresado a través dunha estrutura dialogada, das súas obras é a característica máis destacable. Corresponden a esta fase as súas obras máis recoñecidas, entre elas El conde Lucanor.
Por último, a partir de 1337 o seu didactismo exprésase cunha orientación diferente, abandonando actitudes excesivamente exemplarizantes.
En todas estas obras a función predominante e a función didáctica. Neste senso, Don Juan Manuel considérase ante todo un educador: tivo un gran referente no seu tío Afonso X e, decidido a seguir os seus pasos, cultivou unha literatura formativa en castelán, o cal era unha rareza naquela época cando todos os escritores cultos preferían o latín.
No século XIV, don Juan Manuel decidiuse a escribir libros en lingua vulgar para facilitar o seu acceso a un maior número de lectores. Dirixía case exclusivamente a súa literatura ás persoas da nobreza.
Amais de divulgar o saber humano, en moitos casos utilizou a súa obra para retratarse. En xeral, a súa literatura é un reflexo do seu carácter, as súas ambicións e das súas crenzas (escribiu a favor de difundir a relixión, como queda manifestado en Tratado de la Asunción, exaltación á Virxe, na que don Juan Manuel defende o dogma da Inmaculada Concepción). Tivo un estilo ideal ao que tentou se ater: claridade, exactitude, concisión.
O Libro del caballero y el escudero foinos transmitido cunha gran lagoa textual no seu interior; narra a historia dun escudeiro mancebo aspirante a cortesán quen irá a unhas cortes convocadas polo rei e que recibe nese senso as máis diversos ensinos pola parte dun ermitán que foi cabaleiro. Asiste a unhas xustas e volve á ermida para recibir novos ensinos. O ancián ex-cabaleiro morre e o seu novo discípulo sepúltao. Inspírase en obras semellantes de Raimundo Lulio e nunha descoñecida obra do escritor romano Vexecio.
O Libro de los estados ofrece unha visión de como debe ser unha sociedade ideal no século XIV, aínda que é tamén unha narración con fin didáctica (educación dun príncipe) inspirada na lenda de Barlaam e Xosafat, forma cristianizada na que foi transmitida a Occidente a lenda de Buda, se ben parece que utilizou unha versión desta lenda diferente á atribuída a San Xoán Damasceno. A súa obra mestra considérase, porén, o Libro de Patronio ou Libro del conde Lucanor, concluída en 1335, un libro que consta dunha cincuentena de contos (en realidade, apólogos, fábulas, alegorías e mesmo pequenas noveliñas) precedida dun prólogo e sucedida de catro breves tratados en prosa, onde se ensaia unha forma preliminar de conceptismo, pois, segundo conta o propio autor, lle foi requirido utilizar un estilo menos chan e explícito para se dirixir a persoas de educación superior e concentrar máis significado en menos palabras. Mais non só por iso é unha obra dunha estraña orixinalidade, senón pola inaudita variedade das súas fontes (desde relatos orais dos seus serventes xudeus e mouriscos á súa propia experiencia persoal, a Disciplina clericalis do xudeu converso español Pedro Afonso e múltiples e diferentes repertorios de contiños morais usados para sermóns eclesiásticos), senón tamén por constituír a primeira colección europea de xénero novelesco (o Decamerone de Giovanni Boccaccio compúxose a partir de 1348) e pola orixinalidade do seu tratamento literario e estilístico, que non exclúe sagaces razoamentos sobre a pluriforme natureza humana xa desde a primeira narración. A variedade temática é amplísima, como a orixe das fontes.
A estrutura dos contos, porén, reflicta o ordenancismo e a xerarquización medieval. En primeiro lugar un mozo nobre, Lucanor, expón nun ton abstracto un problema que lle esixe pronta resolución ao seu vello conselleiro e aio Patronio; despois, o derradeiro cóntalle un apólogo do que o mozo extrae a solución do seu conflito, que aplica e resúltalle ben; entón Don Juan Manuel introduce uns versos (de métrica moi interesante e variada para a época) que condensan a moralidade final e por fin exponse unha estoria ou viñeta debuxada alusiva ao problema exposto, debuxos que desgraciadamente non se conservan e polo tanto non aparecen nas edicións da obra. Este rigorosa orde expositiva responde a unha intención claramente didáctica, que vai desde o máis abstracto ata o máis concreto, mais onde realmente aparece a arte e o enxeño de Don Juan Manuel é na estrutura interna dos pasaxes simplemente narrativos que constitúen os contos e na penetración psicolóxica dos motivos últimos que moven aos personaxes.
O Libro de las tres razones, antes coñecido como Libro de las armas, escrito entre 1342 e 1345, é a obra do infante máis valorada pola crítica actual despois de El Conde Lucanor pola súa interpretación disidente da historia, por se basear nas experiencias persoais do autor e pola calidade da súa prosa. Trátase dunha obra breve que recrea episodios históricos cun alto compoñente de ficción. Neste opúsculo Don Juan Manuel é dono de todas as súas habilidades e recursos literarios.
Estilo
O estilo de Don Juan Manuel caracterízase pola selección, a sobriedade e a precisión, e por unha conciencia plena de autoría artística literaria. Defíneo el mesmo así:
Sabed que todas las razones son dichas por muy buenas palabras et por los más fermosos latines que yo nunca oí decir en libro que fuese fecho en romance; et poniendo declaradamente cumplida la razón que quiere decir, pónelo en las menos palabras que pueden ser.
Don Juan Manuel, Libro de los estados.
Notas
↑Antonio Benavides Fernández de Navarrete tamén consignou o epitafio de Don Juan Manuel nas súas Memorias de don Fernando IV de Castilla: «Aquí yace el ilustre Señor D. Juan Manuel, Fijo del muy ilustre señor infante Don Manuel y de la muy esclarecida sennora doña Beatriz de Saboya, Duque de Peñafiel, Marqués de Villena, Abuelo del muy poderoso Rey y sennor de Castilla y de León, Don Juan primero de este nombre. Finó en la ciudad de Córdova el año del nascimiento Salvador de 1362». Porén, o propio Benavides x advertíu que a data da morte de Don Juan Manuel sinalada no epitafio era errónea. Cfr. Benavides (1860), p. 351.
↑Juan Manuel, infante don Nobre e escritor castelán (1282-1348). A súa obra, de carácter didáctico e novelesco, exalta o ideal cristián e cabaleiresco... Diciopedia do século 21.
↑Juan Manuel (Escalona 1282 - Córdoba 1348) Escritor. Sobriño de Afonso X o Sabio, entregouse ás letras, ás armas e á política... Enciclopedia Galega Universal.
↑Don Juan Manuel (1282-1348), escritor español, uno de los narradores más originales de la literatura medieval española... Encarta, DVD, 2009 (en castelán).
↑Juan Manuel, Infante don (1282-1348) Noble y escritor español nacido en Escalona (Toledo) el 5 de mayo de 1282 y fallecido en Murcia el 13 de junio de 1348. Con su obra El conde Lucanor, se convirtió en el prosista más importante de la literatura medieval... Enciclopedia Universal Micronet, DVD, 2006 (en castelán).
↑Juan Manuel, Don (1282-1348). Escritor español, n. en Escalona... Nuevo diccionario enciclopédico ilustrado CIL-Durvan, 1996, (en castelán).
↑Andrés Jiménez Soler na páxina 1 do seu libro Don Juan Manuel, di: "El infante Don Manuel... volvió a casar con Doña Beatriz de Saboya, y de ella le nació, en Escalona, un hijo el 6 de mayo de 182, el cual, por la festividad del día, San Juan ante Portam Latinam, fue bautizado con el nombre de Juan"
Arco y Garay, Ricardo del (1954). Instituto Jerónimo Zurita. Consejo Superior de Investigaciones Científicas, ed. Sepulcros de la Casa Real de Castilla. Madrid.
Ayerbe-Chaux, Reinaldo. El Conde Lucanor: Materia tradicional y originalidad creadora. Madrid: J. Porrúa Turanzas, 1975.
Baeza Valero, Javier (2008 - 2009): III estudio sobre: Casas nobles de España
Escribano de la Torre, Fortunato (1977). Peñafiel: notas históricas (2ª ed.). Peñafiel: Estudios peñafielenses. ISBN978-84-400-3506-6.
Flory, David. El Conde Lucanor: Don Juan Manuel en su contexto histórico. Madrid: Pliegos, 1995.
Giménez Soler, Andrés. Don Juan Manuel. Biografía y estudio crítico. Zaragoza: F. Martínez, 1932.
González Muñoz, José María (1998). Señorío de Villena. La muy noble villa del Castillo de Garcimuñoz y su monasterio de San Agustín. El autor. p. 109. ISBN84-605-7284-6.
Hammer, Michael Floyd. "Framing the Reader: Exemplarity and Ethics in the Manuscripts of the 'Conde Lucanor'." Ph.D. University of California at Los Angeles, 2004.
Salazar y Acha, Jaime de (2000). La casa del Rey de Castilla y León en la Edad Media (1ª ed.). Madrid: Centro de Estudios Políticos y Constitucionales. ISBN84-259-1128-1.
Vázquez Campos, Braulio (2006). Los adelantados mayores de la frontera o Andalucía (Siglos XIII-XIV) (1ª ed.). Camas: Diputación de Sevilla. ISBN84-7798-230-9.
Wacks, David A. "Don Yllán and the Egyptian Sorceror: Vernacular commonality and literary diversity in medieval Castile." Sefarad 65.2 (2005): 413-33.