Isabel Soto

Modelo:BiografíaIsabel Soto

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1969 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalFiloloxía Hispánica
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoEnsaio e tradución
Premios

IMDB: nm3057601 BNE: XX1378054 AELG: 378 Dialnet: 283038 Editar o valor en Wikidata

María Isabel Soto López, nada en Vigo o 18 de xullo de 1969, é unha crítica literaria e tradutora galega.

Traxectoria

Licenciouse en Filoloxía Hispánica en 1992 pola Universidade de Santiago de Compostela. Graduouse coa memoria de licenciatura Heraclio Pérez Plácer. Obra e narrativa completa en galego. Edición e análise literaria, publicada anos máis tarde (1998) polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Así mesmo, comezou a súa tese de doutoramento baixo a dirección de Anxo Tarrío sobre a "Formación e análise da crítica literaria galega".

É unha das principais coñecedoras das figuras de Heraclio Pérez Placer[1] e de Agustín Fernández Paz, autor este último sobre o que publicou diversos estudos analíticos, como "Agustín Fernádez Paz: procesos de reescrita"[2], "Encontro con Agustín Fernández Paz"[3], "@afernandezpaz"[4], "Agustín Fernández Paz: un escritor excepcional"[5] ou "A representación da escola e da educación na obra literaria de Agustín Fernández Paz"[6], amais de varias publicacións en formato libro que recompilan a súa obra ensaística, como O rastro que deixamos (Xerais, 2012) e Un mundo de palabras (Xerais, 2017).

Foi secretaria de redacción[7][8] da revista Golfiño nas súas dúas épocas (Con Xerais entre 1999 e 2001; con La Voz de Galicia entre 2002 e 2004). Tamén foi secretaria do Boletín Galego de Literatura (1998-2014), primeiro canda Xabier Campos Villar e máis tarde, dende 2006, xunto a Marta Neira Rodríguez[9]. Tamén secretaria de Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil no período 1995-2005. Foi axudante da comisaria Henrike Fesefeldt na organización do congreso do IBBY en Santiago de Compostela en 2010[10].

No tocante á faceta de crítica de Soto, foi colaboradora da páxina de cultura LG3 (2003-2012), do programa da Televisión de Galicia Libro aberto (2006-2009)[11] e de revistas e xornais como ProTexta, El Correo Gallego, Malasartes, Lazarillo ou CLIJ. De igual maneira, encargouse das panorámicas anuais de literatura infantil e xuvenil para o Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos.

Tradución literaria

Traballa como tradutora profesional dende 1996. Nunha primeira etapa, principalmente co libro de texto; a partir da década de 2000, sobre todo vertendo literatura estranxeira cara ao galego e ao castelán[12] dende as linguas francesa, portuguesa ou italiana[13].

No ámbito galego, publicou con Edebé-Rodeira, Kalandraka, Edicións Xerais de Galicia, Editorial Hugin e Munin, El Patito Editorial, Hércules de Edicións, Edelvives-Tambre. No ámbito estatal, con selos como Destino, Alianza Editorial, Bruño, Vicens Vives, Ediciones SM, Akal, Anaya, Ediciones B, Edelvives e Planeta & Oxford.

Cabe sinalar que realizou un importante número de traballos en tándem co tradutor Xavier Senín, entre eles diversos números de Astérix[14], tanto na versión galega coma na castelá, ou obras de relevo de autores como Raymond Roussel, Daniel Pennac, François Bégaudeau, Villiers de L'Isle-Adam, Juan Farias ou Rosa Navarro Durán.

Obra

Ensaio

Traducións

Os tradutores Isabel Soto e Xavier Senín, xunto co editor Alejandro Tobar, durante a presentación da tradución de Locus Solus en Cambados.
  • O outro río: a emigración galega a Río de Xaneiro, de Érica Sarmiento da Silva, 2006, 3C3 Editores.
  • Coida o teu planeta, de Jean-Michel Billioud, 2007, S. M. Xerme (Vigo).
  • Cordelúa, de Elia Barceló, 2007, Rodeira.
  • Os corvos do xardín, de Aldous Huxley, 2007, S. M. Xerme.
  • As desgrazas de Sophie, de Valérie Dayre, 2007, S. M. Xerme.
  • A sopeira e o cazo, de Michael Ende, 2007, S. M. Xerme.
  • Agardarei por ti en África, de Blanca Álvarez, 2008, Planeta-Oxford.
  • Home, Sweet Home, de Dudi, 2008, El Patito (Biblioteca Clásicos da Historieta Galega nº 2).
  • De profundis, de Miguelanxo Prado, 2008, El Patito.
  • Fuxida cara ao sur, de Juan Madrid, 2008, Rodeira.
  • Flanagan Flash-Back, de Andreu Martín e Jaume Ribera, 2009, Xerais.
  • Geronimo Stilton. O meu nome é Geronimo Stilton, 2009, Destino (Barcelona).
  • Geronimo Stilton. O misterioso manuscrito de Nostrarratus, 2009, Destino.
  • Geronimo Stilton. Na procura da marabilla perdida, 2009, Destino.
  • Geronimo Stilton. A carreira máis desatinada do mundo, 2010, Destino.
  • Geronimo Stilton. O galeón dos gatos piratas, 2010, Destino.
  • Geronimo Stilton. Unha aloucada viaxe a Ratiquistán, 2010, Destino.
  • Isto é París, de Miroslav Sasek, 2010, El Patito.
  • Lóbrego romance, pálido pantasma: as lendas espectraies de Malvadia, de Jack Mircala, 2010, El Patito.
  • Geronimo Stilton. O misterio do tesouro desaparecido. 2011, Destino.
  • Geronimo Stilton. O sorriso da Mona Ratisa. 2011, Destino.
  • Geronimo Stilton. Vaite de aí, cara de queixo!. 2011, Destino.
  • Os catro grandes, de Alain Paillou, 2011, El Patito Editorial.
  • Elias Portolu, de Grazia Deledda, 2012, Hugin e Munin.
  • Engurras, de Paco Roca, 2012, El Patito Editorial.
  • Ninfas e Caveiras e outras elucubracións de Ramón Gómez de la Serna, de Ramón Gómez de la Serna (ilustr. e selección, David Vela), 2013, El Patito Editorial.
  • Morte no Nilo, de Agatha Christie, 2021, El Patito Editorial.
  • Gretchen, miña nena, Christine Nöstlinger, 2012, Oxford University Press.
  • Contos do día e da noite, Guy de Maupassant, 2013, BIVIR.
  • María e mais eu, de Miguel Gallardo, 2013, El Patito Editorial[15].
  • Un matrimonio provinciano, de Marquesa Colombi, 2014, Hugin e Munin.
  • Isto non é un conto, de Denis Diderot, 2015, BIVIR[16]..
  • Fosca, de Igino Ugo Tarchetti, 2016, Hugin e Munin.
  • Últimas cartas de Jacopo Ortis, de Ugo Foscolo, 2016, Hugin e Munin.
  • A contrafío, de Joris-Karl Huysmans, 2016, Hugin e Munin.
  • Thérèse Raquin, de Émile Zola, 2017, Hugin e Munin.
  • A obra, de Bruno Sperani, 2017, Hugin e Munin.
  • Filibuth ou o reloxo de ouro, de Max Jacob, 2018, Hugin e Munin.
  • Pinturas de guerra, de Ángel de la Calle, 2019, Retranca editora[17].
  • A morte da Terra, de J.-H. Rosny aîné, 2019, Hugin e Munin.
  • A virtude de Checchina, de Matilde Serao, 2019, Hugin e Munin.
  • As confesións dunha filla do século, de Donna Paola, 2019, Hugin e Munin.
  • Era dúas veces o barón Lamberto, de Gianni Rodari, 2020, Kalandraka.[18]
  • A escritora, de Madame de Genlis, 2020, Hugin e Munin.
  • Sete chaves para abrir os soños, de Alfredo Gómez Cerdá (ilustr. David Pintor), 2020, Kalandraka.
  • Dúas moedas, de Nuria Tamarit, 2020, Retranca editora.
  • Gesolmino no país dos mentiráns, de Gianni Rodari, 2020, Kalandraka.
  • Gallaecia, un pouco ao norte, de João Pedro Messeder, 2020, Poética Ediçoes.
  • Filipo e Leo. Un pícnic tranquilo, de Adolfo Serra e Ester García, 2020, Edelvives-Tambre.
  • Filipo e Leo. Unha tarde de chuvia, de Adolfo Serra e Ester García, 2020, Edelvives-Tambre.
  • Plot Point, de Fernando Llor e Esteban Hernández, 2021, Retranca editora[19].
  • Axente X.99, de Gianni Rodari, 2021, Kalandraka.
  • Máis alá e máis arriba, de José Antonio Vázquez Taín, 2021, Teófilo Edicións.
  • A lectora de mentes, de César Mallorquí, 2021, Edebé-Rodeira.
  • Astro-rato e Lampadiña 4. O planeta Peperete, de Fermín Solís, 2021, El Patito.
  • Gobseck, de Honoré de Balzac, 2021, Hugin e Munin.
  • Gatlock. A desaparición dos ratos, de Sébastien Perez (ilustr. Benjamin Lacombe), 2021, Edelvives-Tambre.
  • Gatlock. As croquetas envelenadas, de Sébastien Perez (ilustr. Benjamin Lacombe), 2021, Edelvives-Tambre.
  • A historia do bondadoso vello e da fermosa moza, de Italo Svevo, 2021, Hugin e Munin.
  • O regreso do meu pobre tío, de Jacques-Antoine Dulaure, 2021, Hugin e Munin.
  • Astro-rato e Lampadiña 5. Retorno a unha terra descoñecida, de Fermín Solís, 2021, El Patito.
  • Gatlock. O roubo do colar da raíña, de Sébastien Perez (ilustr. Benjamin Lacombe), 2022, Edelvives-Tambre.
  • A educación sentimental, de Gustave Flaubert, 2022, Hugin e Munin.
  • Mulleres imprescindibles. Educadoras na vangarda do século XX, VV. AA., 2022, Kalandraka.
  • A única, Maria Casarès, de Anne Plantagenet, 2022, Kalandraka.
  • Rei, de Mónica Rodríguez, 2022, Rodeira.
  • O equipo das rapazas, Pasqual Alapont, 2023, Tambre.
  • Sé tartaruga, Agustín Sánchez Aguilar (ilustr. Anna Baquero), 2023, Edebé-Rodeira.
  • Os cotrosos atacan de novo, de Patricia García-Rojo (ilustr. Alejandro Villén), 2023, SM Xerme.
  • Un roubo moi esvaradío, de Patricia García-Rojo (ilstr. Alejandro Villén), 2023, SM Xerme.
  • Os forasteiros do tempo. A aventura dos Balbuena e o último cabaleiro, de Roberto Santiago, 2023, SM Xerme.
  • Comezar polo neno, de Mario Lodi, 2023, Kalandraka.
  • Luceiro da mañá, de Ada Negri, 2023, Hugin e Munin.
  • No camiño, de Paco Hernández e José Ángel Ares (ilustr.), 2023, Editorial Galaxia.
  • El, de Louise Colet, 2023, Hugin e Munin.
  • Os libros e a beleza. Somos animais poéticos, de Michèle Petit, 2024, Kalandraka.
  • O faro da muller ausente, David Fernández Sifres, 2024, Tambre.
  • Filipo e Leo. O enfado, de Adolfo Serra e Ester García, 2024, Tambre.
  • Filipo e Leo. Unha estraña visita, de Adolfo Serra e Ester García, 2024, Tambre.
  • Astro-rato 6. Novas do espazo, de Fermín Solís, 2023, El Patito.

Traducións colectivas

  • Astérix e os normandos, de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, 2020, Xerais. Con Xavier Senín e Alejandro Tobar.
  • O Menhir de Ouro, de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, 2020, Xerais. Con Xavier Senín e Alejandro Tobar.
  • Astérix nos xogos olímpicos, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2021, Xerais. Con Xavier Senín e Alejandro Tobar.
  • Astérix e o grifón, de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, 2021, Xerais. Con Xavier Senín e Alejandro Tobar.
  • Astérix lexionario, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2022, Xerais. Con Xavier Senín e Alejandro Tobar.
  • Astérix. O lirio branco, de Fabcaro e Didier Conrad, 2023, Xerais. Con Xavier Senín e Alejandro Tobar.
  • Ideafix e os irredutibles, vol. 1. En loita contra os romanos, VV.AA., 2024, Xerais. Con Xavier Senín e Alejandro Tobar.

Traducións de literatura galega ao castelán

  • Querido enemigo (orix. Querido inimigo), de Agustín Fernández Paz, 2006, Edebé.
  • Corredores de sombra (orix. Corredores de sombra), de Agustín Fernández Paz, 2006, SM.
  • Un fantasma en el colegio (orix. Unha pantasma no colexio), de Manuel Lourenzo González, 2006, Edebé.
  • Lo único que queda es el amor (orix. O único que queda é o amor), de Agustín Fernández Paz, 2007, Anaya.
  • El Rayo Veloz (orix. O Raio Veloz), de Agustín Fernández Paz, 2007, Planeta & Oxford.
  • La pastelería de doña Remedios (orix. A pastelaría de dona Remedios), de Agustín Fernández Paz, 2008, Edebé.
  • La noche de los animales (orix. A noite dos animais), de Agustín Fernández Paz, 2009, Algar.
  • Luna de Senegal (orix. Lúa do Senegal), de Agustín Fernández Paz, 2009, Anaya.
  • Muros (orix. Valados), de Agustín Fernández Paz, 2010, SM.
  • Corazón de piedra (orix. Corazón de pedra), de Agustín Fernández Paz, 2011, Oxford.
  • Fantasmas de luz (orix. Fantasmas de luz), de Agustín Fernández Paz, 2011, Anaya.
  • Sari, soñador de mares (orix. Sari, soñador de mares), de Marcos Calveiro, 2012, Edelvives.
  • Las fronteras del miedo (orix. As fronteiras do medo), de Agustín Fernández Paz, 2012, Edebé.
  • Extraño (orix. Raro), de Marcos Calveiro, 2013, Edelvives.
  • Soy un perro (orix. Son un can), de Xabier López López, 2013, Edebé.
  • El niño perro (orix. O neno can), de Fina Casalderrey e Francisco Castro, 2013, Pearson.
  • Las flores radiactivas (orix. As flores radiactivas), de Agustín Fernández Paz, 2013, Anaya.
  • Desde una estrella distante (orix. Desde unha estrela distante), de Agustín Fernández Paz, 2013, Edebé.
  • Matarte lentamente (orix. Matarte lentamente), de Diego Ameixeiras, 2015, Akal.
  • Amistades secretas (orix. Amizades secretas), de Agustín Fernández Paz, 2015, Edebé.
  • La casa del miedo (orix. A casa do medo), de Agustín Fernández Paz, 2016, Edebé.
  • La nieve interminable (orix. A neve interminable), de Agustín Fernández Paz, 2016, Edebé.
  • La casa del nazi (orix. Izan o da saca), de Xabier Quiroga, 2017, Ediciones B.
  • Conduce rápido (orix. Conduce rápido), de Diego Ameixeiras, 2017, Akal.
  • El secreto de Isla Negra (orix. O segredo da Illa Negra), 2017, Anaya.
  • Pablo y las palomas (orix. Pablo e as pombas), de Marcos Calveiro, 2019, Edelvives.
  • La noche del Caimán (orix. A noite enriba), de Diego Ameixeiras, 2020, Fondo de Cultura Económica.
  • El viaje de Gagarin (orix. A viaxe de Gagarin), de Agustín Fernández Paz, 2021, Kalandraka.

Edicións

Obras colectivas

Na imaxe (2016), de esquerda a dereita, as filólogas Isabel Mociño, Carmen Ferreira Boo, Mar Fernández Vázquez, Blanca-Ana Roig Rechou (coordinadora), Eulalia Agrelo Costas, Isabel Soto e Marta Neira, redactoras da obra Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, publicada en 2015 por Xerais.
  • A nosa literatura infantil e xuvenil 2000, 2002, Gálix/Xunta de Galicia.
  • Multiculturalismo e identidades permeábeis na literatura infantil e xuvenil, 2006, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Pedro Lucas.
  • Teatro infantil. Do texto á representación, 2007, Xerais. Con Pedro Lucas e Blanca-Ana Roig.
  • A Guerra Civil española na narrativa infantil e xuvenil, 2008, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Pedro Lucas.
  • A poesía infantil no século XXI (2000-2008). 2009, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira Rodríguez.
  • Reescrituras do conto popular (2000-2009), 2010, Xerais. Con Marta Neira Rodríguez e Blanca-Ana Roig.
  • O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010), 2011, Xerais. Con Marta Neira Rodríguez e Blanca-Ana Roig.
  • A narrativa xuvenil a debate (2000-2011), 2012, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
  • Premios Literarios e de ilustración na LIX, 2013, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
  • Inmigración/Emigración na LIX, 2014, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
  • Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, 2015, Xerais.
  • Reflexos das dúas guerras mundiais na LIX, 2016, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
  • As mulleres como axentes literarios na LIX do século XXI (2018), Xerais. Coord. con Blanca-Ana Roig e Marta Neira Rodríguez.
  • Imaxes nenez-vellez na LIX (2019), Xerais. Coord. con Blanca-Ana Roig e Marta Neira Rodríguez.
  • Camiño e peregrinacións na LIX (Compostela no horizonte) (2018), Xerais. Coord. con Blanca-Ana Roig e Marta Neira Rodríguez.
  • A morte e as súas representacións na LIX ibérica e hispanoamericana (2021), Xerais. Coord. con Blanca-Ana Roig e Marta Neira Rodríguez.

Premios

Notas

  1. Ficha de Obra Narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer Arquivado 15 de outubro de 2017 en Wayback Machine., no CRPIH.
  2. Agustín Fernández Paz: procesos de reescrita.
  3. Capítulo publicado como parte do libro A mémoria nos livros: história e histórias (Porto, Deriva editores, 2009, pp. 113-121) (en portugués).
  4. Publicado en Agustín Fernández Paz. Na casa da esperanza (Fundación Otero Pedrayo, 2014).
  5. Publicado na revista Lazarillo, nº 36, 2016, pp. 90-97 (en castelán).
  6. Publicado en Sarmiento. Anuario galego da historia da educación, nº 20.
  7. Golfiño e os invasores, o agardado regreso dun clásico da BD galega Arquivado 15 de outubro de 2017 en Wayback Machine., artigo de Fran P. Lorenzo para El Correo Gallego o 16 de xuño de 2011.
  8. Ficha da revista en Tebeosfera (en castelán).
  9. CV de Marta Neira Arquivado 15 de outubro de 2017 en Wayback Machine., p. 14.
  10. Actas do Congreso IBBY Arquivado 27 de novembro de 2013 en Wayback Machine., p. 5
  11. Ficha do persoeiro en IMDb (en inglés).
  12. Ficha da autora en Dialnet (en castelán).
  13. Obras de Soto López, Isabel na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán).
  14. Astérix volverá falar galego da man de Xerais, nova en Praza Pública o 23 de agosto de 2013.
  15. Ficha catalográfica da obra, Proxecto Meiga.
  16. Isto non é un conto Arquivado 21 de outubro de 2017 en Wayback Machine. en formato PDF.
  17. Ficha na AELG.
  18. Ficha Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine. na web da editorial.
  19. “Plot Point” el cómic de comedia e intriga donde una guionista crea el atraco perfecto, Elespanol.com, 22 de marzo de 2021 (en castelán).
  20. Ficha da obra na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
  21. Ficha Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine. na web da editorial.
  22. Ficha da obra Arquivado 23 de outubro de 2017 en Wayback Machine. na páxina da editorial.
  23. Informe de Literatura 2008 no CIRP, páxina 1535. Extracto da recensión de Paula Fdez. “Desde A Odisea”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 231, “Infantil/Xuvenil”, 10 xaneiro 2008, p. VII.
  24. A viguesa Isabel Soto foi a gañadora da XVIª edición do Premio Plácido Castro de Tradución pola obra Fosca de Iginio Ugo Tarchetti. Arquivado 10 de abril de 2019 en Wayback Machine., nova en XornaldeGalicia o 29 de xuño de 2017.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!