Xavier Senín
Xavier Senín (2012) Nacemento 13 de maio de 1949 (75 anos)Pontecesures, España Formación profesional Filoloxía Moderna Ocupación tradutor Membro de Xénero artístico Tradución
Francisco Xavier Senín Fernández , nado en Pontecesures o 13 de maio de 1949 , é un tradutor galego . A Real Academia Galega nomeouno académico correspondente en outubro de 2020[ 1] . Ese mesmo ano recibiu o Premio Nacional á Obra dun Tradutor de mans do Ministerio de Cultura de España , o máximo galardón a nivel estatal[ 2] .
[O xurado quixo recoñecer a Francisco Xavier Senín Fernández co Premio Nacional á Obra dun Tradutor] "pola súa dilatada obra como tradutor ao galego, a partir de obras de gran variedade temática e tipolóxica, que abrangue dende clásicos como O Quixote , a libros de literatura infantil e xuvenil, cómic e obras pertencentes a diferentes xéneros literarios. As súas traducións salientan pola súa calidade e meticulosidade, nas que amosa un coñecemento pouco común das variedades diatópicas, diastráticas e diafásicas do galego. (...) Destaca tamén o seu traballo para o fomento da tradución ao galego".
Acta do xurado reproducida polo Servizo de Prensa da Moncloa
[ 3]
Traxectoria
É licenciado en Filoloxía Moderna na rama de francés, e ten a cátedra de bacharelato . Ocupou distintos cargos na Asociación de Tradutores Galegos desde a súa creación. Foi profesor colaborador do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria para impartir cursos de lingua galega . Foi corrector lingüístico para a Editorial Galaxia entre 1985 e 1987 , así como coordinador de libros de texto.
Foi director xeral do Libro da Xunta de Galicia durante a etapa do tripartito e máis tarde durante os distintos gobernos do Partido Popular . Na actualidade está xubilado, mais desempeñou o seu labor docente sobre todo como profesor de francés en Santiago de Compostela . Escribiu durante anos, con periodicidade semanal, unha columna para O Correo Galego . En 2010 foi, canda Manuel Bragado ou Marilar Aleixandre , un dos sete membros do comité de dirección do Congreso Internacional de IBBY celebrado en Santiago de Compostela [ 4] .
... lembramos con especial admiración a súa etapa como subdirector xeral do Libro na Xunta de Galicia, primeiro durante os anos do chamado goberno tripartito (1987-1990) e despois en sucesivos gobernos do Partido Popular, e durante un ano, no de coalición PSOE-BNG, mostra da súa capacidade de arbitraxe, do seu talante integrador e da súa competencia (autorictas ) profesional.
Obra
Os tradutores Xavier Senín (no centro) e Isabel Soto , xunto co editor Alejandro Tobar , durante a presentación da tradución de Locus Solus (Editorial Hugin e Munin ) en Cambados .
Como tradutor, ten no seu haber numerosas traducións, principalmente do francés e o castelán para o galego. Por exemplo, os libros franceses A Clase de François Bégaudeau ou Mal de escola de Daniel Pennac ou Onde o aire non era brisa de María Victoria Moreno . Cómpre salientar que decote traduce conxuntamente con Isabel Soto [ 5] .
Literatura infanto-xuvenil
Traducións
O que o vento nos conta de Waldemar Daae , de Hans Christian Andersen, 1983 , Argos Vergara.
Os zarramplíns , de Sergio Balestrini, 1983, Galaxia.
¡Adeus, boa viaxe! , de Marta Balaguer, 1984 , Arcos Vergara.
As babuchas enmeigadas, conto de As mil e unha noites , adaptado por Francesc Boada, 1984, Galaxia.
Contos de cores , de Joles Sennell, 1984, Argos Vergara.
Os dentes do león , de Mercé Company, 1984, Argos Vergara.
O globo , de J. J. Guillén, 1984, Argos Vergara.
Guillermo Tell: lenda suíza , adaptado por M. Ángels Gardella, 1984, Galaxia.
Hil-Lady , de Ricardo Alcántara, 1984, Argos Vergara.
A oca de ouro , dos irmáns Grimm , 1984, Galaxia.
Pandolfi na grande cidade , de Francesc d'Assis Sales, 1984, Argos Vergara.
A raiña dos peixes , de Gérard de Nerval, 1984, Argos Vergara.
A serpe branca , dos irmáns Grimm, 1984, Galaxia.
Unha tarde no mar , de Joaquim Ruyra, 1984, Argos Vergara.
Os tres pretendentes , de Fernán Caballero , 1984, Galaxia.
A viaxe de Ruteazul , de Laura Medina, 1984, Galaxia.
O xigante-máis-alto xoga á pelota , de Joma, 1984, Argos Vergara.
O dragón das catro cabezas , de Antoniorrobles, 1985 , Galaxia.
Segredos de abanos , de Joan Manuel Gisbert, 1985, Argos Vergara.
A traxedia de Romeo e Xulieta, segundo a obra de William Shakespeare , versión de José Luis Gímenez Frontín, 1985, Argos.
As ratas na escola , de M. Dolors Alibés i Riera, 1986 , Galaxia.
As aventuras de Roi e Martiño , de Antonio Cuadrench, 1987 , Galaxia.
O explorador e a mona , de Pako Sagarzazu, 1987, Galaxia.
A ovella negra , de Roser Capdevila, 1991 , Galaxia.
Polgariño , dos irmáns Grimm, 1991, Galaxia.
O anel perdido, un xogo divertido , de Enrique Páez, 1992 , Bruño.
A infancia de Martiño Piñeiro , de Juan Farias, 1992, Bruño.
Os robots , de Suzanne Martel, 1995 , Bruño.
Crónicas de media tarde , de Juan Farias , 1997 , Everest Galicia.
Ismael, que foi mariñeiro , de Juan Farias, 2000 , Everest Galicia.
Os perfectos , de Rodrigo Muñoz Avia, 2007 , Rodeira.
Angelica , de Lygia Bojunga Nunes, 2008 , S. M.
Tres rosas de Madame d'Aulnoy, 2009, Novelúa.
Relatos de monstros , Steven Zorna, 2012, Vicens Vives.
Pescador de Islandia , de Pierre Loti , 2014 , Hugin e Munin .
Contos do luns , de Alphonse Daudet , 2014, BIVIR .
No ceo , de Octave Mirbeau , 2015 , Hugin e Munin.
Unha desolación , de Yasmina Reza , 2016 , Hugin e Munin.
As damas verdes , de George Sand , 2016, Hugin e Munin.
Ourika , de Claire de Duras , 2019, Hugin e Munin.
De libros e viaxes. Dous contos franceses [ 6] , de Gustave Flaubert e Guy de Maupassant , 2019 , Novelúa.
O home das bonecas , de Jean-Louis Renaud, 2020, Hugin e Munin.
Thérèse Desqueyroux , de François Mauriac , 2021, Hugin e Munin.
As gratitudes , de Delphine de Vigan , 2023, Hugin e Munin.
Traducións en colaboración
Loureses: antropoloxía dunha parroquia galega , de Manuel Mandianes Castro, 1984, Galaxia. Con Antón Figueroa Lorenzana .
O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha , de Miguel de Cervantes , 1990, Xuntanza. Con Valentín Arias , Xela Arias , Xosefa S. Fernández, A. Palacio Sánchez e Xesús Senín.
O tolo da ría , de Juan Farias, 2005 , Luis Vives. Con Isabel Soto .
Algúns nenos, tres cans e máis cousas , de Juan Farias, 2006 , Planeta. Con Isabel Soto.
A Odisea contada aos nenos , de Rosa Navarro Durán, 2007, Rodeira. Con Isabel Soto.
A clase , de François Bégaudeau, 2008, Xerais . Con Isabel Soto.
Galego á beira do mar , de Juan Farias , 2008, Kalandraka [ 7] . Con Isabel Soto.
A fabulosa lenda do Rei Artur , de Jordi Sierra i Fabra, 2008, Rodeira. Con Isabel Soto.
Mal de escola , de Daniel Pennac , 2008, Xerais. Con Isabel Soto.
O aniversario de Astérix e Obélix. O libro de ouro , 2009, Alberto Uderzo , Salvat. Con Valentín Arias e Isabel Soto.
Como caeu Obélix na marmita do druída cando era cativo , Albert Uderzo, 2009. Salvat. Con Isabel Soto.
Locus Solus , de Raymond Roussel , 2012 , Hugin e Munin. Con Isabel Soto.
Astérix e os pictos , de Didier Conrad e Jean-Yves Ferri , 2013 , Xerais. Con Isabel Soto.
A Eva futura , de Auguste Villiers de L'Isle-Adam , 2014, Hugin e Munin. Con Isabel Soto.
Astérix e os godos , de René Goscinny e Albert Uderzo, 2015 , Xerais. Con Isabel Soto
Astérix gladiador , de René Goscinny e Albert Uderzo, 2015, Xerais. Con Isabel Soto.
O papiro do César , de Didier Conrad e Jean-Yves Ferri, 2015, Xerais. Con Isabel Soto.
A volta á Galia de Astérix , de René Goscinny e Albert Uderzo, 2016 , Xerais. Con Isabel Soto.
Astérix en Italia , de René Goscinny e Albert Uderzo, 2017 , Xerais. Con Isabel Soto.[ 8]
A peste , de Albert Camus , 2018 , Hugin e Munin. Con Isabel Soto.
A filla de Vercinxetórix , de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, 2019 , Xerais. Con Isabel Soto e Alejandro Tobar.
Astérix e os normandos , de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, 2020 , Xerais. Con Isabel Soto e Alejandro Tobar.
O Menhir de Ouro , de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, 2020 , Xerais. Con Isabel Soto e Alejandro Tobar.
Astérix nos xogos olímpicos , de René Goscinny e Albert Uderzo, 2021, Xerais. Con Isabel Soto e Alejandro Tobar.
Astérix e o grifón , de René Goscinny e Albert Uderzo, 2021, Xerais. Con Isabel Soto e Alejandro Tobar.
Astérix lexionario , de René Goscinny e Albert Uderzo, 2022, Xerais. Con Isabel Soto e Alejandro Tobar.
Edicións
Outras obras
Premios
Notas
↑ O pleno da Academia nomea a Xavier Senín membro correspondente , RAG, 3 de outubro de 2020 .
↑ Francisco Xavier Senín, ‘Premio Nacional’ pola súa traxectoria de tradución ao galego , Nós Diario , 11 de novembro de 2020 .
↑ Francisco Xavier Senín Fernández e Isabel García Adánez, Premio Nacional a la Obra de un Traductor 2020 y Premio Nacional a la Mejor Traducción 2020 respectivamente , Lamoncloa.gob.es (en castelán ).
↑ Composición do comité Arquivado 25 de marzo de 2012 en Wayback Machine . en ibbycompostela2010.org
↑ Astérix volverá falar galego da man de Xerais , nova en Praza Pública o 23 de agosto de 2013.
↑ Conformado por dous relatos: "Bibliomanía" ("Bibliomanie", 1837) de Flaubert e "De viaxe" ("En voyage", 1882) de Maupassant. Dep. Legal: C 1819-2019.
↑ Ficha Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine . na web da editorial.
↑ Ficha da obra Arquivado 23 de outubro de 2017 en Wayback Machine . na páxina da editorial.
↑ Informe de Literatura 2008 no CIRP , páxina 1535. Extracto da recensión de Paula Fdez. “Desde A Odisea”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 231, “Infantil/Xuvenil”, 10 xaneiro 2008, p. VII.
Véxase tamén
Ligazóns externas