A historia antiga de Galicia abrangue a historia de Galicia durante a Idade Antiga. O nome Galicia ten a súa orixe na tribo dos callaici, do que deriva Gallaecia, nome co que o Imperio Romano designou o amplo territorio que lindaba coa Lusitania ao sur e coa Tarraconense ao leste.
Pobos prerromanos
As primeiras mencións que teñen chamado a atención son a de certas illas, as Casitérides, nas que abundaba o estaño. Pero o coñecemento do Occidente foi extremadamente limitado até a época helenística. A primeira referencia é a de Piteas de fins do século IV a. C., quen menciona o cabo Nerio e a tribo dos ártabros. Estas informacións foron recollidas por Eratóstenes (século III a. C.); máis tarde escribiron Polibio (século II a. C.), Artemidoro, Posidonio e Estrabón (século I a. C.), Plinio o Vello (século I) e Tolomeo (século II).
Galaicos e ástures
Século -II
Conquista romana de Gallaecia
Expedición de Décimo Xunio Bruto Galaico
A primeira campaña militar romana en chan galaico foi no 137 a. C., unha expedición dirixida por Décimo Xunio Bruto. Esta expedición chegou as beiras do río Miño, segundo Floro, despois de atravesar o río Limia "penetrou cara o interior dos pobos célticos, lusitanos e todos os galaicos", percorrendo "vencedor o litoral do océano". Unha vez de volta en Roma foi alcumado Callaicus como triunfo. Orosio, séculos despois, falou da que sería coñecida como batalla do Douro onde o xeneral romano acabou con 50 000 galaicos e apreixou outros tantos.
Século -I
Expedición de Publio Licinio Craso
Entre os anos 96 e 94 a. C. tiveron lugar as campañas de Publio Licinio Craso, gobernador de Hispania Ulterior, pola Lusitania e a Gallaecia.
Sertorio e Perperna
Cara o ano 74 a. C. a expedición de Marco Perperna Veiento e Quinto Sertorio que pasaron un inverno na Lusitania.[3]
Expedición de Xulio César
Xulio César, cando era propretor da Hispania Ulterior, liderou en persoa unha expedición á Gallaecia entre os anos 61 e 60 a. C. Esta expedición por vía marítima chegou a Brigantium, no golfo Ártabro, no centro de saída do estaño. César non só perseguía a pacificación da zona, senón a descuberta das rutas comerciais ás riquezas mineiras da Península Ibérica. Con este evento remataría a fase lusitana da conquista.
Guerras cántabras
A segunda fase desenvolveuse en tempos de Augusto, do 29 ao 19 a. C. Augusto liderou en persoa as expedicións de conquista nun despregue de tropas contra pobos do norte da Península Ibérica. Esta resistencia culminaría na batalla do Monte Medulio o remate desta comezou o período de paz coñecido como pax romana.
Administración romana
Despois desta longa fase de conquista unha serie de cambios comezan coa nova administración. Despois do 19 a. C., o territorio foi incluído dentro da provincia da Lusitania, para despois cambiar á de Hispania Citerior con capital en Tarraco. Con todo, o territorio foi considerado rexión non pacífica, suxeito á vixilancia especial da Legio VII Gemina.
Fundación das cidades de Augusto
Un dos primeiros froitos da conquista foi a fundación de tres cidades que levaron o nome de Augusto: Bracara Augusta (Braga), Asturica Augusta (Astorga) e Lucus Augusti (Lugo). Estas tres cidades constituíron o triángulo principal da Gallaecia romana, converténdose tempo despois nas capitais dos conventos xurídicos: Bracarense, Asturicense e Lucense. Segundo a descrición que Plinio fixo dos seus populi, a súa poboación era notable:
A estes [os cántabros] están unidos 22 pobos dos ástures, divididos en augustanos e transmontanos, con Asturica, magnífica cidade. Fronte a estes están os guigurros, os pésicos, os lancienses e os zoelas. O número de toda a poboación é de 240 000 homes libres.
O convento lucense ten ademais dos célticos e lemavos, 16 pobos de nome descoñecido e bárbaro, pero ten case 166 000 homes libres.
Do mesmo modo, o convento brácaro ten 24 cidades e 285 000 homes dos que, ademais de brácaros, poden nomearse sen fastío os bíbalos, os coelernos, os callaecos, os equaesos, os limicos e os querquenos.
Itinerario de Antonino
A rede de comunicacións trazada despois da conquista foi chave para asentar esta nova organización social. Esta rede de vías conectaban as tres cidades fundadas por Augusto e a infraestrutura creada en época flavia. As vías romanas da Gallaecia foron descritas, ao principio do século III, no Itinerario de Antonino numeradas do XVII ao XX.
Lucus Augusti
Século III
Nova Citerior Antoniana
Gallaecia
Partes de Gallaecia
Así, polas descricións de numerosos autores como Paulo Orosio, Hidacio ou Isidoro de Sevilla coñécense algunhas das rexións humanas e xeográficas da provincia romana de Gallaecia:
- Pars Gallaeciae (Partes de Galicia), foi a rexión netamente galega composta polos conventos lucense e bracarense, sendo o núcleo poboacional dos galaicos.
- Cantabria, rexión montañosa sita no convento cluniense onde vivían os cántabros.
- Campus Gallaeciae (Campos de Galicia), extensa chaira sita entre o convento asturicense e o Convento Cluniense, antigamente habitada polos vacceos, coñecida actualmente co nome de Tierra de Campos, na actual Castela e León.
- Asturia, rexión habitada polos ástures coincidente grosso modo co convento asturicense.
Cristianización
Itinerario de Exeria
Notas
Véxase tamén
Bibliografía