O historiador Pedro Bosch sitúa a súa área de influencia entre a Serra de Bornes e os cumios de Mogadouro. Atopáronse pezas gravadas e esculpidas nun tipo de pedra que non existe na rexión, asemellándose á pedra xabón. Algunhas esculturas representan cabalos e crese que están relacionadas cos equaesos, pois foron atopadas no castro Vicente, na marxe dereita do río Sabor. Outros historiadores sitúannos máis cara ó oeste, preto do río Támega.
Etimoloxía
É probable que o nome dos equaesos proveña da raíz celta *ekʷo- “cabalo”,[5] cf. lingua irlandesa antigaech “cabalo”, ou do latín clásicoequus que tamén significa "cabalo". Debido a isto, crese que o cabalo era o elemento totémico deste pobo.
Padrón dos pobos
O nome deste pobo aparece no padrón dos pobos, unha columna conmemorativa da construción da ponte romana de Chaves (Portugal), colocada sobre da mesma obra, que salva o río Támega. A epígrafe dedicatoria contén unha lista de dez dos pobos indíxenas galaicosbracarenses (citados como civitates no orixinal) da Gallaecia que colaboraran no erguemento da citada ponte.
Epígrafe
IMP CAES VESP AVG PONT / MAX TRIB POT X IMP XX PROCOS IX / IMP VESP CAES AVG F PONT TRIB / POT VIII IMP XIIII COS VI / ... / C CALPETANO RANTIO QUIRINALI VAL FESTO LEG AVG PR PR / D CORNELIO MECIANO LEG AVG / L ARRVNTIO MAXIMO PROC AVG / LEG VII GEM FEL / CIVITATES X / AQUEFLAVIENSES AOBRIGENS / BSALI COELERNI EQUAESI / INTERAMICE LIMICI AEBISOC / QUARQUERNI TAMAGANI
Tradución
Sendo Emperador César Vespasiano Augusto, Pontífice Máximo, con poder tribunicio por décima vez, Emperador vixésimo, pai da patria, cónsul por novena vez, sendo emperador tamén Tito Vespasiano César, fillo do Augusto, Pontífice, con poder tribunicio por oitava vez, Emperador Décimo cuarto, cónsul por sétima (...) sendo legado de Augusto o Propretor Caio Calpetano Rancio Quirinal Valerio Festo e sendo Legado do Augusto, Decio Cornelio Meciano e procurador do mesmo Augusto, Lucio Arruncio Maximo, a Lexión Sétima Xémina Félix e dez cidades, a saber: os Aquiflavienses, os Avobriguenses, os Bibalos, os Coelernos, os Equaesos, os Interamnicos, os Límicos, os Nebisocos, os Quarquernos e os Tamaganos (...).
A respecto das liñas que faltan hai acordo entre os especialistas en considerar que foran eliminadas referencias ao Emperador Domiciano en virtude de damnatio memoriae.