Verbo dos arxinas

Poema de Xesús A. Gulías L. en Beariz.

O verbo dos arxinas é unha xerga gremial dos canteiros de Pontevedra. Tamén é chamado Latín dos Canteiros, O Verbo e mesmo Arxina.

Características

Na sociedade tradicional galega, e europea en xeral, as persoas podían pasar toda a súa vida sen ver máis mundo que o lugar no que naceran ou casaran. As excepcións a esta regra non escrita eran as clases altas e os membros de gremios con necesidade de desprazamentos para realizar o seu labor. Os canteiros eran os encargados do fornecemento de pedra ás obras, de extraela da mina, de tallala, ser arquitectos, colocala na obra etc., e polo tanto debían trasladarse lonxe da súa residencia por períodos de tempo variábeis. Os habitantes dos lugares onde traballaban tiñan unha certa predisposición negativa cara ao forasteiro e eles érano. Unha das armas que empregaban para defenderse era a súa fala gremial. Esta é O Verbo dos Arxinas.

É unha xiria gremial da lingua galega pero con abondosas importacións doutras linguas coma o éuscaro, francés ou o latín, así como doutras en menor medida.

O seu estudo foi sempre dificultado pola resistencia que ofrecen os posíbeis informantes ao considerala unha lingua secreta e privada do seu gremio. Co tempo esta resistencia faise máis mol debido á caída en picado do seu uso, á desaparición do gremio como tal, a mutación dos seus labores e a suplantación por obreiros, albaneis e demais profesións da sociedade actual. Estes traballadores non aplican nin coñecen o Verbo.

Suponse que esta fala gremial ten continuidade desde moi atrás no tempo pero debido ao seu carácter oral tan só podemos aventurarnos a afirmalo en base a palabras que caeron en desuso no galego común, e noutras linguas, que eles manteñen, e na súa maneira de pronunciar, como por exemplo, os pronomes franceses: moi, toi e soi que os pronuncia tal como se len. Na antigüidade en Francia debeuse de pronunciar deste xeito. Isto non demostra que a xiria vivise cando daquela en Francia se falaba así pero tampouco é nada claro que fose unha nova adquisición en base á unha lectura pouco acertada do francés.

Outra maneira de ver a antigüidade é a converxencia que ten con outras falas gremiais moi afastadas da galega no seu vocabulario. Isto dáse tanto cos pedreiros portugueses, o cal era de agardar, pero tamén cos Tamargos asturianos, a fala de Bron, a Mansolea, a Gaceira, o Barallete, a Pantoja, a Jarla etc.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Rodrigues Gomes, Jorge (2008). Falas Secretas. Estudo das gírias gremiais galego-portuguesas e ibéricas. Universália. Ourense: AGAL. ISBN 978-84-87305-27-6. 
  • Trigo Díaz, Feliciano (1993). O verbo dos arginas de Avedra. Xerga gremial dos canteiros de Pontevedra. Deputación de Pontevedra; Escola de canteiros de Pontevedra. ISBN 84-88363-07-9. 

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!