Foi un grande estudoso do electromagnetismo. En 1813 agoirou a existencia dos fenómenos electromagnéticos, o cal non ficou demostrado até 1819, xunto con Ampere, cando descubriu a desviación dunha agulla imantada ao ser colocada en dirección perpendicular a un condutor, polo que circula unha corrente eléctrica, demostrando así a existencia dun campo magnético arredor de todo condutor atravesado por unha corrente eléctrica, e iniciándose dese modo o estudo do electromagnetismo. Este achado foi crucial no desenvolvemento da electricidade, xa que puxo en evidencia a relación existente entre a electricidade e o magnetismo. Ørsted é a unidade de medida da relutancia magnética. Crese que tamén foi o primeiro en illar o aluminio, por electrólise, en 1825, e en 1844 publicou o seu Manual de Física Mecánica.