Susan Jocelyn Bell Burnell, CBE, FRS FRAS, nada en Belfast como Susan Jocelyn Bell, o 15 de xullo de 1943, é unha astrofísica norteirlandesa que descubriu o primeiro radiosinal dun púlsar xunto ao seu titor de tese, Antony Hewish.[1] A detección desas radiofontes permitiron contrastar a teoría da evolución estelar. É unha das científicas máis influentes do Reino Unido e recibiu numerosos galardóns.[2]
Traxectoria
Bell Burnell naceu en Irlanda do Norte, onde o seu pai foi arquitecto do planetario Armagh. Dispuña dunha gran biblioteca, e animou a súa filla a ler, sentíndose interesada especialmente polos libros de astronomía.
Aos once anos, suspendeu o exame 11+, e os seus pais enviárona á Mount School en York (Inglaterra), un colexio cuáquero para mozas, onde quedou moi impresionada por un profesor de física que lle ensinou que:
- «Non tes que aprender moreas e moreas de datos; tan só aprende unhas poucas cousas clave, e... entón poderás aplicalas e construír e desenvolver sobre elas... Foi un gran mestre, e mostroume como, en realidade, a física era sinxela».
Máis adiante, Bell Burnell asistiu ás universidades de Glasgow e Cambridge. En Cambridge, traballou con Hewish e outros na construción dun radiotelescopio para empregar os brillos interplanetarios no estudo dos quásares, que foran descubertos pouco antes (os brillos interplanetarios permiten distinguir fontes compactas das distantes). Detectando un pequeno padrón nos rexistros das lecturas que seguiu polo ceo coas estrelas, Bell Burnell descubriu que se trataba dun pulso regular, aproximadamente un por segundo. Denominouno temporalmente LGM1 (Little Green Man 1, Homiño verde 1) e finalmente identificou a fonte como unha estrela de neutróns de rápida rotación.
Logo de rematar o seu doutoramento, Bell Burnell traballou na Universidade de Southampton, a University College de Londres e o Royal Observatory en Edimburgo, antes de converterse en profesora de física na Open University durante dez anos, e despois como profesora visitante na Universidade de Princeton. Antes de xubilarse, Bell Burnell foi Decana de Ciencias na Universidade de Bath entre os anos 2001 e 2004, e presidenta da Royal Astronomical Society entre 2002 e 2004. Tamén foi profesora visitante na Universidade de Oxford.
Premios e recoñecementos
A pesar de que non obtivo o premio Nobel xunto con Hewish polo seu descubrimento, foi galardoada por moitas outras organizacións. A exclusión de Jocelyn Bell entre os galardoados co Premio Nobel causou gran controversia entre os seus colegas, aínda que segundo confesou nunha entrevista, non o lamenta e cre que lle foi mellor na vida sen ese galardón.[3]
Premio Breaktrough
O 6 de setembro de 2018, Bell Burnell recibiu o premio especial Breaktrough en Física Fundamental, cunha recompensa de tres millóns de dólares, por ser a descubridora dos púlsares en 1967, polos seus logros científicos e polo seu liderado inspirador ao longo das últimas cinco décadas.[8] Cos cartos do premio, Bell Burnell estableceu un fondo especial de bolsas para contrarrestar o "nesgo inconsciente" na comunidade da física que dificulta que as mulleres, as minorías étnicas e as estudantes refuxiadas se convertan en investigadoras.[9]
Notas
- ↑ Hewish, A.; Bell, S. J.; Pilkington, J. D. H.; Scott, P. F.; Collins, R. A. (24 de febreiro de 1968). "Observation of a Rapidly Pulsating Radio Source". Nature (en inglés) 217: 709-713. doi:10.1038/217709a0.
- ↑ 2,0 2,1 "Acto de Investidura como Doctora "Honoris Causa" de l'Excma. Sra. Dra. Jocelyn Bell". www.uv.es (en castelán). Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ Guerrero, T. (12 de xuño de 2015). "Muchas científicas tienen que comportarse como un hombre para sobrevivir". El Mundo (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2015.
- ↑ "Por fecha de investidura". www.uv.es (en castelán). Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ "Prof. Jocelyn Bell Burnell". The Faraday Institute for Science and Religion. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 5 de xullo de 2014.
- ↑ Bell Burnell, Jocelyn (2013). A Quaker Astronomer Reflects: Can a Scientist Also be Religious?. Religious Society of Friends. p. 56. ISBN 9780646592398.
- ↑ "Dame Jocelyn Bell Burnell awarded world’s oldest scientific prize as Royal Society announces 2021 medal and award winners". royalsociety.org (en inglés). 24 de agosto de 2021. Consultado o 23 de marzo de 2023.
- ↑ Merali, Zeeya (6 de setembro de 2018). "Pulsar discoverer Jocelyn Bell Burnell wins $3-million Breakthrough Prize". Nature. doi:10.1038/d41586-018-06210-w.
- ↑ Ouellette, Jennifer (6 de setembro de 2018). "Jocelyn Bell Burnell wins $3 million prize for discovering pulsars" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2018.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
1731–1750 | | |
---|
1751–1800 | |
---|
1801–1850 | |
---|
1851–1900 | |
---|
1901–1950 | |
---|
1951–2000 | |
---|
2001–presente | |
---|