August Kekulé (década de 1890) |
Nome orixinal | (de) Friedrich August Kekulé von Stradonitz |
---|
|
Nacemento | 7 de setembro de 1829 Darmstadt, Alemaña |
---|
Morte | 13 de xullo de 1896 (66 anos) Bonn, Alemaña |
---|
Lugar de sepultura | Bonn |
---|
Educación | Universidade de Giessen Universidad de Francia Universidade Técnica de Darmstadt (pt) Ludwig-Georgs-Gymnasium (en) Universidade de Gante |
---|
Director de tese | Justus von Liebig, Heinrich Will e John Stenhouse (pt) |
---|
|
Campo de traballo | Química e química orgánica |
---|
Lugar de traballo | Bonn |
---|
Ocupación | químico, pedagogo, profesor universitario |
---|
Empregador | Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn, catedrático (1867–1896) Universidade de Gante, catedrático (1858–1865) Universidade de Heidelberg |
---|
Membro de | |
---|
Profesores | Jean-Baptiste Dumas, Charles Frédéric Gerhardt, Charles Adolphe Würtz (pt) e Justus von Liebig |
---|
Alumnos | Lothar Meyer (pt) , Jacobus Henricus van 't Hoff e Hermann Emil Fischer |
---|
Influencias | |
---|
|
Doutorando | Adolf von Baeyer, Richard Anschütz (en) e Amé Pictet (pt) |
---|
|
Cónxuxe | Luise Högel (1876–) Stephanie Drory (1862–1863), morte do cónxuxe |
---|
Fillos | Stephan Kekulé von Stradonitz () Stephanie Drory |
---|
Pai | Karl Kekulé |
---|
Irmáns | Emil Kekulé Maria Wilhelmine Kekulé |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Кекуле Фридрих Август) Allgemeine Deutsche Biographie Biblioteca dixital BEIC |
---|
|
Friedrich August Kekulé von Stradonitz, nado en Darmstadt o 7 de setembro de 1829 e morto en Bonn o 13 de xullo de 1896, foi un químico orgánico alemán.
Traxectoria
Formulou a hipótese de que a molécula de benceno (C6H6, un hidrocarburo aromático) tiña unha estrutura cíclica, onde seis átomos de carbono forman un hexágono e no que en cada un dos vértices está unido un átomo de hidróxeno. A lenda di que chegou á comprensión estrutural do benceno mentres durmía, soñando cun uróboros, unha serpe que se mordía a cola[1].
Postulados
En 1857 Kekulé determinou as características fundamentais do átomo de carbono nos compostos mediante catro postulados:
- 1º Postulado: Tetracovalencia constante.
Nos compostos orgánicos, o carbono é sempre tetracovalente, exercendo 4 unións, podendo esas unións seren representadas por pares electrónicos.
- 2º Postulado - As catro valencias do carbono son iguais.
Ese postulado explica por que existe un só clorometano (H3CCl), pois, calquera que sexa a valencia que o carbono cambie co cloro, ou calquera que sexa a posición do cloro, obtense un só composto.
Calquera desas estruturas, independentemente da posición do cloro, recibirá o nome de clorometano.
- 3º Postulado – Encadeamento constante.
Os átomos de carbono poden unirse entre si formando cadeas carbónicas.
- 4º Postulado - Unións entre átomos de carbono.
Os átomos de carbono pódense ligar por unha, dúas ou até tres valencias.
Notas