O Gran Premio de Francia de fórmula 1 de 1982 celebrouse no Circuíto Paul Ricard en Francia o 25 de xullo de 1982. Foi a décimo primeira proba da tempada de Fórmula Un de 1982, o 60º Gran Premio de Francia, ou o 68º Gran Prix de l'ACF. A carreira disputouse sobre 54 voltas ao circuíto de 5´809 quilómetros para unha distancia total de carreira de 313´6 quilómetros.
Resumo da carreira
Seis coches turboalimentados ocuparon as 6 primeiras posicións na grella e 4 coches turboalimentados guiados por 4 pilotos franceses terminaron nos 4 primeiros postos, e o equipo francés Renault fixo un dobrete con René Arnoux primeiro e Alain Prost segundo, pero baixo amargas circunstancias xa que Arnoux violou un acordo previo á carreira polo que se el e Prost eran primeiro e segundo, Arnoux deixaría pasar a Prost para axudalo a conquistar o campionato.
Jochen Mass e Mauro Baldi colisionaron en Signes e o coche de Mass foi contra o muro de pneumáticos, catapultouse cara á multitude e incendiouse. Por sorte, ninguén resultou ferido, agás de Mass, que tiña queimaduras nas mans. O piloto de Alemaña Occidental retirouse da Fórmula Un, inmediatamente despois deste accidente.
Clasificación
Posicións logo da carreira
- Clasificación no campionato de pilotos
|
- Clasificación do campionato de construtores
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Referencias
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2014. Consultado o 2007-06-17.
Véxase tamén
Ligazóns externas