Filmes propostos ó mellor filme internacional na 82ª edición dos Óscar
Esta é unha lista dos filmes propostos na 82ª edición dos Óscar para o mellor filme en lingua non inglesa.[1] A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar un filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956.[2] O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa.[3] O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados.[3]
Os filmes candidatos debían terse estreado nos cinemas dos seus respectivos países entre o 1 de outubro de 2008 e o 30 de setembro de 2009.[3] En total, 67 países propuxeron filmes para a súa consideración, mais os filmes de Alxeria e Mongolia foron descualificados.
A lista curta de nove candidatos anunciouse o 20 de xaneiro de 2010[4] e os cinco candidatos (Alemaña, Arxentina, Francia, Israel e o Perú) anunciáronse o 2 de febreiro de 2010.[3][5] O filme arxentino El secreto de sus ojos de Juan José Campanella gañou o premio,[6] segundo filme arxentino que o conseguiu.
Os Países Baixos elixiron Wit Licht como a súa proposta oficial o 2 de setembro, mais a decisión foi apelada, xa que algúsn produtores neerlandeses consideraban que sería descualificada por ter demasiado diálogo en inglés.[9][10] O comité neerlandés consultouno ao comité da Academia o 21 de setembro para determinar se o país debería ser representado por outro filme. O comité chegou á conclusión de que o filme cumpría o requirimento de ter menos dun 50% de diálogo en inglés, polo que podería ser a proposta oficial.[11] Porén, a Academia concluíu que The Silent Army era de feito inelixíbel porque a versión enviada para os Óscar non era a mesma estreada nos cinemas dos Países Baixos. Finalmente, Oorlogswinter foi seleccionado como candidata neerlandesa.[12]
O comité de selección serbio votou orixinalmente por Tamo i ovde, ambientada en Belgrado e Nova York e cun elenco serbio e estadounidense. Tras consultar a Academia, Serbia cambiou a proposta porque o filme contiña máis dun 50% do diálogo en inglés.[13]
Sri Lanka anunciou que enviaría Akasa Kusum como candidata,[14] mais finalmente a proposta oficial foi Alimankada Sita.[15]
Notas
↑En abril de 2019 o nome da categoría cambiouse a mellor filme internacional, logo de que a academia considerase a anterior denominación como desfasada: Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.