A lingua hokkien é unha variedade das linguas min do sur, nativa da rexión de Minnan, no sueste da provincia de Fujian (China). Tamén é coñecida como lingua quanzhang (chinés tradicional e simplificado: 泉漳; pinyin: quánzhāng), polos primeiros caracteres dos centros urbanos de Quanzhou e Zhangzhou.
Os dialectos de hokkien de Taiwán teñen a consideración de lingua nacional na illa. O hokkien tamén se fala en moitas comunidades da diáspora chinesa en Singapur, Malaisia, Filipinas, Indonesia, Camboxa, Myanmar, Hong Kong, Tailandia, Brunei ou Vietnam, entre outros. A intelixibilidade do hokkien varía segundo os dialectos, mais posúen unha identidade etnolingüística compartida.
Na rexión do sueste asiático, o hokkien actuou como unha lingua franca entre as comunidades chinesas en ultramar. Na actualidade, continúa a ser a lingua chinesa máis falada na rexión, incluíndo Singapur, Malaisia, Filipinas, Indonesia e Brunei. Isto tamén se aplica, en menor medida, no sueste asiático continental. Como resultado desta influencia histórica, existen préstamos do hokkien en moitas linguas do mundo, como o inglés, o tagalog, o betawi, o indonesio, o malaio, o mandarín, o castelán, o holandés ou o xaponés, entre outros.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía