Linguas siníticas

Linguas siníticas
漢語族/汉语族
Falado en: República Popular da China
Total de falantes: ~1200 millóns
Familia: Sino-tibetana
 Linguas siníticas
Escrita: Escrita chinesa, e alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

As linguas siníticas,[a] (漢語族/汉语族), a miúdo coñecidas tamén como linguas chinesas, son un grupo de linguas analíticas de Asia Oriental que constitúen a rama principal da familia sino-tibetana. Con frecuencia proponse que hai unha división primaria entre as linguas siníticas e o resto da familia (as linguas tibetano-birmanas). Esta opinión é rexeitada por varios investigadores[4] pero atopou apoio filoxenético entre outros.[5][6] As linguas bai maiores, cuxa clasificación é difícil, poden ser unha rama do chinés antigo e polo tanto siníticas;[7] por outra banda, o grupo sinítico defínese só polas moitas variedades do chinés unificadas por un trasfondo histórico compartido, e o uso do termo "sinítico" pode reflectir a visión lingüística de que o chinés constitúe unha familia de linguas distintas, no canto de variantes dunha única lingua.[b]

Notas

  1. Do latín serodio Sīnae, "o chinés", probablemente do árabe Ṣīn ('China'), do nome dinástico chinés Qin. (OED). En 1982, Paul K. Benedict propuxo un subgrupo sino-tibetano chamado "sinítico" que comprende a bai e o chinés.[1] A afiliación precisa da lingua bai segue sendo incerta[2] e o termo "sinítico" adoita usarse como sinónimo de chinés, especialmente cando se considera unha familia lingüística máis que como unha lingua.[3]
  2. Véxase, por examplo, (Enfield 2003, p. 69) e (Hannas 1997). Os termos chineses que adoitan traducir como "lingua" e "dialecto" non se corresponden ben con esas traducións. Estes son 語言 yǔyán, correspondente a macrolingua ou clúster lingüístico, que se usa para o propio chinés; 方言 fāngyán, que separa linguas mutuamente inintelixibles dentro dun yǔyán; e 土語 tǔyǔ ou 土話 tǔhuà, que se corresponde mellor co uso lingüístico de 'dialecto'.[8]

Referencias

  1. Wang (2005), p. 107.
  2. Wang (2005), p. 122.
  3. Mair (1991), p. 3.
  4. van Driem (2001), p. 351.
  5. Zhang, Menghan; Yan, Shi; Pan, Wuyun; Jin, Li (2019). "Phylogenetic evidence for Sino-Tibetan origin in northern China in the Late Neolithic". Nature (en inglés) 569 (7754): 112–115. Bibcode:2019Natur.569..112Z. ISSN 1476-4687. PMID 31019300. doi:10.1038/s41586-019-1153-z. 
  6. Sagart et al. (2019).
  7. (van Driem 2001, p. 403) dixo que "O bái... pode formar parte do grupo sinítico, aínda que está moi influenciado polo lolo-birmano".
  8. Bradley (2012), p. 1.

Véxase tamén

Bibliografía

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!