O Circuíto Municipal de Carballo, tamén coñecido como Circuito de Bértoa ou Circuíto de Autocross de Carballo, é un circuíto de carreiras situado na parroquia de Bértoa (Carballo). Utilízase habitualmente para carreiras de autocross.
En 2002 fíxose cargo do circuíto a empresa Racer Center, e tras a súa renovación presentouse como "un centro deportivo único en Galicia". Porén, o recinto tan só se acolleu dúas probas e axiña caeu no abandono, mais recuperouse en 2008 con xestión municipal.[1][2] É un dos poucos circuítos galegos do calendario do Campionato de España de Autocross.[3]