- Para o artista uruguaio-estadounidense, véxase José Jacinto Mora.
José Mora Martínez, nado na Coruña c. 1962, é un ex piloto de rallys galego.
Competiu sempre con vehículos da marca Renault. Gañou en dúas ocasións o Campionato de Galicia de Rally, en 1985 e 1986, en ambos casos cun Renault 5 GT Turbo e con Luís Moya como copiloto.
Traxectoria
Naceu na Coruña, sendo fillo do empresario Eulalio Mora, fundador en 1955 dun concesionario Renault e vencellado ao mundo dos rallys, nos que José Mora comezou a competir a inicios dos anos 80, dentro da Escudería La Coruña. En 1982 quedou segundo no Rally de Porriño cun Renault 5 Copa e en 1983 competiu cun Renault 5 Alpine no Campionato de Galicia, e a pesar de sufrir varios abandonos quedou cuarto no Critérium Mora e terceiro no Rally San Froilán, finalizando a tempada como cuarto no campionato, só por detrás de Luis Barrio, Peitos e José Luis Vilanova. Ademais disputou varias probas nacionais. Ao ano seguinte subiu ao podio en segunda posición no 2º Critérium Arrojo, por detrás de José Luis Vilanova,[1][2] e quedou tamén segundo no Critérium Mora, onde estreou un Renault 5 Turbo.[3]
En 1985 comezou a correr con Luís Moya como copiloto, vencendo no Rally de Noia, no Rally de Ferrol e na primeira edición do Rally Botafumeiro, e logrando varios podios máis, resultados cos que se proclamou campión de Galicia por diante de Alfonso Pavón e Carlos Piñeiro.[4][5] Ademais disputou a Copa de España de Rally, rematando en terceira posición, só por detrás de Carlos Alonso Lamberti e Marc Etchebers.[6] Na tempada seguinte repetiu as vitorias en Noia, Ferrol e Santiago, e proclamouse campión por segundo ano consecutivo, por diante de Pavón e Germán Castrillón.[7]
En 1987 cambiou os rallys polos circuítos e disputou o Campionato de España de Produción cun Renault 11 Turbo, rematando como subcampión.[8] A partir de 1988 correu no Campionato de España de Rallys de Terra, de novo sobre o Renault 11 Turbo e con Carlos Marcos como copiloto. Quedou terceiro na agrupación II en 1988, 1989 e 1991 e segundo en 1990, ano no que ademais quedou cuarto na xeral absoluta.[9][10][11][12]
Familia
Pertence a unha familia ligada ao automobilismo. Seu pai, Eulalio Mora, fundou en 1955 un concesionario Renault e foi patrocinador do Critérium Mora, proba puntuable para o Campionato de Galicia de Rally e a Copa de España. Seu irmán Javier tamén foi piloto, tanto de rallys como de circuítos, así como os seus sobriños Ramiro e Álvaro Muñiz.[13]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
|
---|
Federación | |
---|
Rally | Competicións | |
---|
Rallys | |
---|
Pilotos | |
---|
Copilotos | |
---|
Escudarías | |
---|
|
---|
Montaña | Competicións | |
---|
Subidas | |
---|
Pilotos | |
---|
|
---|
Karting | Competicións | |
---|
Circuítos | |
---|
Pilotos | |
---|
|
---|
Autocross | Competicións | |
---|
Circuítos | José Ramón Losada — Autocross Vilaño-Laracha — Autocross Santa Comba — Autocross Xacobeo — Autocross Cerceda — Autocross O Castro |
---|
|
---|
Outros | Competicións | |
---|
Salóns | |
---|
Factorías | |
---|
Personalidades da empresa | |
---|
|
---|