O Campionato Galego de Automobilismo foi un campionato celebrado en Galicia dende 1975, que combinaba probas de rally con carreiras de montaña.
Creouse en 1975 por iniciativa de Estanislao Reverter, Javier García Sánchez e Gonzalo Belay, que levaban tempo tentando crear un campionato galego que combinase rallys con subidas.[1] Entre os tres crearon o regulamento e deron forma ao campionato e este foi aprobado posteriormente pola Federación Galega e a Federación Española.[2] A primeira edición constou de oito rallys e 16 subidas e comezou co Rally dos Pazos, na Coruña, proba que foi gañada polo propio Reverter a bordo do histórico Alpinche.[2][3] Para puntuar na clasificación final, cada piloto debía ter conseguido polo menos dous resultados en rallys e tres en subidas, contándose finalmente os resultados dos tres mellores rallys e as cinco mellores subidas.