O Campionato de Galicia de Rally é unha competición de rally sobre asfalto que organiza cada ano a Federación Galega de Automobilismo en Galicia, dende 1979. O campionato disputase en rallys de asfalto. O primeiro gañador foi Celestino Pardo a bordo dun Seat 124 e o último foi Víctor Senra cun Citroën C3 WRC. O piloto que máis veces gañou o certame foi o propio Víctor Senra, con oito títulos, seguido de Germán Castrillón con seis e Carlos Piñeiro e Manuel Senra con cinco cada un.
Dende 1975 celebrábase o Campionato Galego de Automobilismo que combinaba probas de rally e subidas. Non foi ata 1979 cando o campionato de rally naceu de maneira oficial.[1]
Campionatos gañados
Rallys gañados
|data-acceso=
|url=