As colonias británicas, francesas e holandesas loitaron xunto ós países da metrópole, e moitos deles continuaron coa loita despois de que estes foran ocupados.
Polonia
Polonia nunca se converteu en membro oficial do Terceiro Reich e o Goberno polaco no exilio despois de 1939 continuou coas contribucións polacas na segunda guerra mundial en varias frontes con centos de milleiros de membros do exército polaco en Francia e no Reino Unido, e co Armia Krajowa (exército do interior) na Polonia ocupada. A Unión Soviética, porén, non recoñeceu o Goberno e en 1943 organizou o exército popular polaco baixo o mando de Rokossovsky, arredor do cal foi construído o estado sucesor da posguerra da República Popular de Polonia en 1952.
O Imperio Indio (a área da República da India, Paquistán e Bangladesh) e a maioría das colonias británicas arredor do mundo estaban controlados por Gran Bretaña e polo tanto comezaron coas hostilidades coa declaración de guerra británica. O Imperio Indio tivo 1.500.000 vítimas civís, máis que o Reino Unido. Tamén contribuíu con 2.500.000 militares e sufriu a perda de 87.000 homes, máis que calquera outro país da Commonwealth, agás Reino Unido.
Dinamarca foi invadida polos alemáns o 9 de abril de 1940. O Goberno danés non declarou a guerra e rendeuse o mesmo día, coa idea de que mantería control sobre os asuntos internos. Non se formou ningún Goberno no exilio. Os daneses loitaron a carón tanto dos aliados como das potencias do eixo. Islandia e Groenlandia, que estaban respectivamente unida con Dinamarca e sendo colonia danesa, foron ocupadas polos aliados durante a maioría da guerra. As forzas británicas tomaron o control de Islandia en 1940. As forzas dos Estados Unidos, malia seren oficialmente neutrais no momento, ocuparon Groenlandia o 9 de abril de 1941. Os EEUU tamén controlaron Islandia a partir do 7 de xullo de 1941. Islandia declarou a total independencia de Dinamarca en 1944, pero xamais declarou a guerra a ningún dos poderes do eixo.
Portugal
A pesar de que Portugal permaneceu oficialmente neutral, a Alianza Anglo-Portuguesa foi recorrida na segunda guerra mundial para o establecemento dunha base aliada nas Illas Azores. Portugal protestou pola ocupación do Timor portugués polas forzas aliadas en 1942, pero non ofreceu resistencia activa. A colonia foi subsecuentemente ocupada polo Xapón, e os cidadáns portugueses e timorenses axudaron ós aliados a loitar contra o Xapón. Macau tamén foi ocupado polo Xapón.
Declaración das Nacións Unidas do 1 de xaneiro de 1942
Os membros da Unión Panamericana, que eran todos neutrais entre 1939 e 1941, formaron un pacto de mutua defensa nunha conferencia de Ministros de Asuntos Exteriores na Habana, dende o 21 de xullo ó 30 de xullo de 1940. A Declaración de Asistencia Recíproca e Cooperación para a Defensa das Nacións das Américas foi parte da Acta Final da Segunda Reunión de Ministros de Asuntos Exteriores das Repúblicas Americanas na Habana, Cuba, 30 de xullo de 1940.[2] Houbo 21 asinantes: