Thurston Joseph Moore, nado o 25 de xullo de 1958 en Coral Gables (Florida), é un músico estadounidense coñecido por ser o cantante e guitarrista da banda de rock alternativoSonic Youth. Colaborou tamén cun feixe de artistas fóra de Sonic Youth, ten tres discos en solitario e en 1981 fundou o selo discográfico Ecstatic Peace!.
Moore naceu en Coral Gables, Florida e trasladouse a Bethel, Connecticut. A pesar de estar matriculado na Western Connecticut State University, optou por mudarse a Nova York. Alí aprendeu a tocar a guitarra para Glenn Branca e pouco despois co-fundou Sonic Youth, actuando como guitarrista e vocalista.
Moore naceu en Coral Gables, Florida, pero medrou en Bethel, Connecticut. A pesar de matricularse na Western Connecticut State University, mudouse a cidade de Nova York para unirse ás crecente escena post-punk/no wave. Nos seus primeiros tempos na cidade viviu nun apartamento debaixo do artista Dan Graham, facéndose amigo del e usando discos seus para mesturas en cintas.
Moore foi membro durante pouco tempo da banda de hardcore punk Even Worse, que contaba co futuro editor de The Big Takeover, e tamén futuro batería de Springhouse, Jack Rabid. Despois de saír do grupo, Moore e Lee Ranaldo aprenderon técnicas experimentais de guitarra nas "orquestras" de Glenn Branca.
Moore e Ranaldo fan un extensivo uso de afinacións de guitarra infrecuentes, acotío modificando considerablemente os seus instrumentos para conseguir distintos sons. Son coñecidos por levar un número considerable de guitarras a cada concerto (superando as 30), usando algunhas delas para unha única canción.
Traballo en solitario
Á parte do seu traballo en Sonic Youth, Moore tamén editou álbums en solitario, o primeiro deles titulado Psychic Hearts e lanzado no ano 1995. Colaborou ademais con varios artistas como My Cat is an Alien, DJ Spooky, Nels Cline, William Hooker, Christian Marclay, Loren Mazzacane Connors, R.E.M., Cock E.S.P., e Mike Watt. A mediados dos 90 Moore formou un proxecto paralelo, The Dim Stars, coa lenda do punk Richard Hell. Dende o 2004, Moore gravou e actuou coa banda de noise To Live and Shave in L.A., que tiña a Andrew W.K. na súa formación. Gravou coa banda no antigo estudio de Sonic Youth en Manhattan, e posteriormente actuou con eles no concerto Noise Against Fascism contra Bush, en Washington, D.C.
No 2004 a revista Rolling Stone clasificou a Moore e a Lee Ranaldo, tamén de Sonic Youth, como os 33 e 34 mellores guitarristas de todos os tempos. A súa forma de tocar é moi innovadora e ámbolos dous usan unha gran variedade de técnicas.
Á parte do seu traballo como músico Moore leva o selo independente Ecstatic Peace! e colabora na revista musical Arthur Magazine. Tamén se encarga da web Protest Records, chamada así porque denuncia as leis de piratería na música. En maio do 2005 editou o libro Mix Tape: The Art of Cassette Culture.
O 14 de outubro do 2011Kim Gordon e Thurston Moore anunciaban a súa separación despois de 27 anos de matrimonio a través de Matador[2].
Equipamento
Moore é coñecido por usar unha gran variedade de guitarras Fender durante os seus concertos. Principalmente toca a Jazzmaster con varios tipos de amplificadores entre os que destacan Vox AC30, Peaveys e Fenders. Tamén usa, con menos frecuencia, unha Jaguar e unha moi modificada Mustang con tres pastillas sinxelas.
Tanto Lee Ranaldo coma Moore, ao igual que Elvis Costello, J Mascis e Kevin Shields son recoñecidos como figuras claves na resurrección e popularización da Fender Jazzmaster. Fender sacou ao mercado no ano 2009 unhas signature edition desta guitarra dos dous guitarrista de Sonic Youth. A de Ranaldo é un modelo azul con dúas pastillas dobres Fender Wide Range, e a de Moore ten dúas pastillas sinxelas Seymour Duncan Antiquity II Jazzmaster e é de cor verde.