O noise rock (tamén coñecido coma noise punk)[1] describe un estilo do post-punk que comezou a destacar nos anos 80. O noise rock fai uso da instrumentación tradicional e da iconografía do rock, pero incorpora atonalidade e sobre todo disonancia, e frecuentemente rexeita a convencións habituais á hora de compoñer.[2]
Noise rock é un termo que se ven utilizando para abarcar unha ampla gama de bandas que son partidarias da disonancia, dos feedbacks esaxerados e das distorsións extremas no contexto da música rock. O noise rock é unha consecuencia do punk rock, e aínda que hai antecedentes nos anos 60 con bandas de proto-punk coma The Velvet Underground, The Monks e Godz, o noise rock coma xénero apareceu nos anos 80.
Unha das bandas pioneiras foi Sonic Youth, que axudou a que o xénero chegase a unha audiencia máis ampla dentro do rock alternativo cando comearon a incorporar melodías ao seu son ruidoso. Moitas bandas a partir de entón imitaron a Sonic Youth,[3] pero non todos os grupos do xénero os imitan no son; artistas dos 80 como Swans ou Big Black colleron un enfoque moito máis escuro e ameazante. A finais dos 80 e nos 90 o selo Touch and Go Records converteríase nunha peza importante para o noise rock xurdido nesa época.[3]
Historia
Precursores
As orixes do noise rock están nos primeiros músicos de rock que exploraron as disonancias extremas e a retroalimanteción electrónica. Entre as figuras máis famosas destes comezos destacan Jimi Hendrix, The Who e Neil Young. Músicos do underground coma The Stooges, The Velvet Underground e MC5 incorporaron elementos do free jazz e do minimalismo. Artistas máis escuros coma The Monks, Fifty Foot Hose e Les Rallizes Dénudés tamén incorporaron os efectos da disonancia. As bandas alemás descritas coma Krautrock son unha influencia significativa para os grupos de noise rock posteriores, destacando Can e Faust. O álbum de 1975 de Lou ReedMetal Machine Music, que na súa totalidade esquiva as estruturas convencionais en favor dun son minimalista, tamén anticipou e influención o desenvolvemento posterior do noise rock. As bandas clásicas de punk rock (Sex Pistols, The Clash e Ramones) evitaron a disonancia extrema, preferindo un son máis tradicional, mais próximo ao rock'n'roll. Unha excepción foi a banda dos ÁnxelesThe Germs, que facía un punk rock de xeito máis libre. Os grupos de post-punk posteriores afondaron máis no ruído. A banda de MíchiganDestroy All Monsters está considerada un dos pais do noise rock.
Anos 70
A escena neoiorquina do No Wave, que contaba con artistas coma Mars ou Teenage Jesus and the Jerks, que comezou a coller forma cara 1978, foi tamén esencial no desenvolvemento do noise rock. Mentres que o no wave incluía unha gran variedade de tendencias post-punk e experimentais (incluso incorporando elementos free jazz, soul e disco), os grupos máis abrasivos farían as súas innovacións dentro da tradición do noise rock. Chrome, dende San Francisco, elaborou o seu propio estilo de punk psicodélico, que tiña algún punto en común cos conxuntos No Wave.
Outras bandas de noise rock esforzáronse por distanciarse do rock tradicional. En 1986, o grupo británico Napalm Death creou o "grindcore" mesturando o noise rock de Swans co hardcore punk e o death metal. Mentres que bandas posteriores de grindcore movéronse cara ao death metal, grupos estadounidenses coma Anal Cunt continuaron usando disonancias extremas dun xeito máis libre.
Unha escena semellante comezou a desenvolverse en Osaka, Xapón, encabezados por Hanatarash and the Boredoms, que facían cancións extremadamente curtas e rápidas, que destacaban polos seus ritmos moi marcados (reflectindo a súa influencia do grindcore), berros e guitarras recargadas. O vocalista dos Boredoms Yamantaka Eye tamén traballou coa banda de jazzcore de Nova YorkNaked City. The Boredoms finalmente evolucionou cara a un son máis meditabundo, collendo a inspiración do Krautrock. Gore Beyond Necropsy, Ground Zero, Zeni Geva, Guitar Wolf e Melt-Banana expandiron o estilo xaponés do noise rock. Estas bandas tamén reflicten o impacto da escena Japanoise comezada por Merzbow.
As bandas británias de shoegazing desenvolveron unha forma distinta de noise rock. Collendo influencias dos grupos de dream pop e engadíndolle a agresividade do rock de bandas coma The Jesus and Mary Chain, The Telescopes e Sonic Youth, My Bloody Valentine creou un xénero cálido e feminino, pero tamén disonante, sen formas definidas e psicodélico encaixando coa tradición do noise rock.
Outros grupos de noise rock exploraron patróns irregulares de tempos e experimentaron cos ritmos. Esta corrente é coñecida coma math rock. Algunhas bandas de post-hardcore, screamo e riot grrl tamén colleron influencias do noise rock.
Anos 90
Os grupos de noise rock dos 80 foron importantes influencias para Nirvana e Hole, e como resultado tivo un certo grao de éxito no mainstream durante o apoxeo do grunge. No álbum de NirvanaIn Utero pode verse claramente esas influencias co nose rock dos 80, sendo ademais producido por un dos iconas do xénero, o líder de Big BlackSteve Albini. Grupos de metal industrial coma Ministry, Nine Inch Nails e White Zombie tamén están en débeda co noise rock.
Algunhas banda de hardcore punk da costa leste estadounidense, coma Born Against, tamén estiveron relacionadas co noise rock e a posterior escena powerviolence tamén estivo fortemente relacionada co xénero, coa banda Man Is the Bastard finalmente volcasa a facer desestruturada música noise. The Locust tamén escolleron o camiño de Man Is the Bastard e crearon un son powerviolence onde predominaban os sintetizadores, chegando a un conseguir unha sonoridade máis noise no seu último álbum New Erections. Os seus contemporáneos Neurosis e Today Is the Day comezaron a mesturar o noise co metal extremo. Moitas das innovacións resultantes foron incorporadas polos intérpretes máis experimentais do metalcore, coma Converge, Botch e Dillinger Escape Plan.
A mediados dos anos 90 Providence converteuse no centro dunha nova fornada de bandas de noise rock, fortemente relacionada coa escena da RISD (Escola de deseño de Rhode Island). Estes grupos eran máis minimalistas e alonxábanse aínda máis das estruturas tradicionais do rock. Entre eles incluense a Lightning Bolt, Arab on Radar, Six Finger Satellite, Men's Recovery Project e Pink and Brown. Black Dice orixinalmente formou parte desta escena, pero trasladouse a Brooklyn, onde se relacionaron con grupos coma Gang Gang Dance. Estas bandas tamén están relacionadas en certa medida coa escena de San Diego que xurdiu do screamo, destacando da mesma os grupos The Locust e Wolf Eyes.
O noise rock tamén se estendeu a Suramérica con bandas coma Ed Kemper Trio. Fortemente influenciada polo son dos selos SST e Touch and Go, EK3 foi o eixo central do documental do 2004People Will Eat Anything.