O screamo (tamén coñecido como skramz)[1] é un agresivo subxénero do emo que apareceu a principios dos anos 90 e enfatiza "a disonancia e a dinámica voluntariamente experimentais".[2] As bandas baseadas en San Diego Heroin e Antioch Arrow foron as pioneiras do xénero e este foi desenvolvido a finais dos 90 principalmente por grupos da costa leste dos Estados Unidos como Pg. 99, Orchid, Saetia, e I Hate Myself. O screamo está fortemente influenciado polo hardcore punk e está caracterizado polo uso de voces berradass.[3] Os temas líricos adoitan incluír dor emocional, morte, romance e dereitos humanos.[4] O termo "screamo" foi frecuentemente confundido ao referirse a calquera música con berros.[3][5]
Notas