Dream pop

Dream pop
Orixe musicalpost-punk, rock psicodélico, ethereal wave, ambient, space rock, pop
Orixe culturalmediados dos 80 en Escocia e Inglaterra
Instrumentos típicosguitarra, baixo, batería, voces, sintetizadores
Derivadosshoegazing, ambient pop

O dream pop é un subxénero do rock alternativo aparecido no Reino Unido a mediados dos anos 80, cando bandas como The Passions, Dif Juz, Lowlife e A.R. Kane (ao que se lles atribue o termo) comezaron a fusionar post-punk e experimentación ethereal wave con melodías pop agridoces, nuns ambientes sonoros que se podería definir como sensuais. O termo foi usado case en exclusiva nos Estados Unidos. Un colectivo de dream pop chamado This Mortal Coil foi coñecido por versionar cancións escuras, principalmente dos anos 60 e 70.

A esencia da súa música é un enfoque nas texturas etéreas e nos estados de ánimo, en vez de centrarse nos típicos riffs do rock. Voces femininas cun rexistro alto entrecurtadas, ou masculinas case borboriñadas adoitan a ser a forma de entrega lírica; as letras polo xeral son de natureza introspectiva e existencial. As portadas dos seus discos acostuman consistir en imaxes pastel borrosas ou en crus deseños minimalistas, ou na combinación de ámbolos dous estilos. En conxunto, a etiqueta 4AD é a máis asociada ao dream pop, aínda que outros selos, como Creation, Projekt, Fontana, Bedazzled, Vernon Yard e Slumberland, tamén publicaron gravacións significativas do xénero.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!