Mark Ibold, nado o 17 de outubro de 1962, é un baixista radicado en Nova York membro da banda de indie rock Pavement dende 1992 ata 1999. Na actualidade é membro da banda de rock alternativo Sonic Youth.
Traxectoria
Ademais de tocar o baixo en Pavement, Ibold fixo algúns coros, destacando o tema "Carrot Rope" do álbum Terror Twilight. Antes de unirse a Pavement foi membro de Dustdevils a finais dos 80 e principios dos 90.
Sendo membro de Pavement, Ibold uniuse a Free Kitten xunto con kim Gordon de Sonic Youth, Julie Cafritz de Pussy Galore e Yoshimi P-We de Boredoms.
No 2006 Ibold uniuse a Sonic Youth na súa xira Rather Ripped, e tamén apareceu coa banda durante os concertos de Don't Look Back no 2007. O álbum do 2009 The Eternal é a súa primeira participación plena como membro da banda.
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
EPs | |
---|
Álums ao vivo | |
---|
Recompilatorios | |
---|
Coma Ciccone Youth | |
---|
Series SYR | |
---|
Sinxelos | |
---|
Videos | |
---|
Proxectos paralelos | |
---|
Artigos relacionados | |
---|
|