Snow White and the Seven Dwarfs é o primeiro filme de animación producido por Walt Disney Pictures, estreado o 21 de decembro de 1937, e distribuído por RKO Radio Pictures, co que a empresa Disney tiña asinado un acordo de distribución, dende o 8 de febreiro de 1938 nos cines dos Estados Unidos. O guión do filme baséase na famoso conto de fadas Brancaneves dos irmáns Grimm. Como no conto orixinal, unha malvada raíña, ao ter envexa da beleza da princesa, ordena o seu asasinato; porén, a princesa consegue escapar e atopar refuxio no bosque con sete ananos.
O filme foi o maior éxito do ano 1938 e, tendo en conta a inflación, unha das longametraxes que máis billetes vendeu en toda a historia do cine.
Snow White and the Seven Dwarfs é a historia dunha bela princesa chamada Brancaneves. A raíña do lugar, aínda que é bela, segundo o seu espello máxico non o é tanto como a princesa Brancaneves. A súa envexa e maldade fan que queira asasinar a princesa Brancaneves. Esta consegue fuxir, e dá coa cabana dos sete ananos, traballadores dunha mina, que deciden protexela.
Tempo despois, a raíña descobre que Brancaneves continúa con vida, e entón disfrázase para matala cunha mazá envelenada, que lle causa un sono profundo a Brancaneves. Finalmente, o príncipe salva a Brancaneves, que a esperta cun bico de amor.
O guión do filme foi adaptado por Dorothy Ann Blank, Richard Creedon, Merrill De Maris, Otto England, Earl Hurd, Dick Rickard, Ted Sears e Webb Smith. David Hand serviu como supervisor-xefe, e William Cottrell, Wilfred Jackson Larry Morey, Perca Pearce e Ben Sharpsteen foron responsables da dirección das secuencias.
In only 2 months after the 1987 re-release, the film grossed another $45 million—giving it a total gross to date of about $375 million! (Online copy at Google Books)