Sleeping Beauty (en galego, A Bela Dormente) é un filme de Disney dirixido por Clyde Geronimi, Les Clark, Eric Larson e Wolfgang Reitherman que se estreou en 1959. Baséase no conto A Bela Dormente (La Belle au bois dormant) de Charles Perrault.
Dous reis agardaban con alegría o nacemento da súa primeira filla, á que van chamar Aurora. Para celebralo, organizaron unha festa á que convidaron a tódolos habitantes do reino. Pero esqueceron convidar a malvada meiga Maléfica que, anoxada, lanzou un terrible feitizo sobre a princesa: o día que cumprise dezaseis anos, pincharía un dedo co fuso dunha roca de fiar e morrería. Pero as súas tres fadas madriñas descobren un xeito de romper o maleficio: non morrerá, permanecerá durmida ata que un valente príncipe a bique.