Frankenweenie é un filme de animación estadounidense dirixido por Tim Burton que se estreou no 2012.[2] É un remake da curtametraxe homónima de 1984 de Burton, e é unha parodia do filme de 1931 Frankenstein baseado no libro de Mary Shelley Frankenstein ou o moderno Prometeo. Os actores de voz inclúen a catro que xa traballaran con Burton noutros filmes: Winona Ryder (Beetlejuice e Edward Scissorhands); Catherine O'Hara (Beetlejuice e The Nightmare Before Christmas); Martin Short (Mars Attacks!); e Martin Landau (Ed Wood e Sleepy Hollow).
O experimento científico que leva a cabo o pequeno Victor para facer resucitar o seu adorado can Sparky, obrigarao a afrontar terribles situacións cuxas consecuencias son imprevisibles.