A noiva cadáver (en inglés: Corpse Bride) é un filme de animación do ano 2005 dirixido por Tim Burton. Estreouse en galego o 31 de outubro de 2010 a través da TVG.[4]
Sinopse
Ante un matrimonio de conveniencia que unirá o sangue dos enriquecidos burgueses Van Dort e dos paupérrimos aristócratas Everglot, os noivos, Vítor e Vitoria, frustrados porque non se viran nunca antes, sentirán o frechazo dun amor a primeira vista a véspera da súa voda .
Foran prometidos polos seus pais e en canto se ven namóranse, pero Víctor, atacado polos nervios no ensaio pre-voda, non consegue pronunciar os seus votos, acaba queimando o vestido da súa futura sogra e sae correndo cara ao bosque. Alí empeza a ensaiar os votos e acaba colocando a súa alianza no que resulta ser o dedo do cadáver enterrado dunha nova noiva, Emily, que foi asasinada polo seu prometido, que a enganou para roubarlle as xoias e os cartos.
Tempo despois, Vítor ó verse nun apuro, vai ó mundo dos mortos a vivir coa súa agora esposa, e alí ve a diferenza que separa a este do dos vivos.
Ó regresar Víctor ó mundo real coa súa verdadeira prometida, vaise dando conta que en realidade sente algo por Emily e quere correspondela.
Personaxes
Premios
Ademais foi nomeada a outros premios entre os que destaca o Oscar ó mellor filme de animación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Director | Filmes | |
---|
Curtametraxes | |
---|
Series de televisión | |
---|
Vídeos musicais | |
---|
| |
---|
Produtor | |
---|
Libros | |
---|
Series de televisión | |
---|