Cine de animación

12 imaxes por segundo é o normal no cine de animación.

O cine de animación é aquel no que se usan maioritariamente técnicas de animación. O cine de imaxe real rexistra imaxes reais en movemento continuo, descompoñéndoas nun número discreto de imaxes por segundo. No cine de animación non existe movemento real que rexistrar, senón que se producen as imaxes individualmente e unha por unha (mediante debuxos, modelos, obxectos e outras múltiples técnicas), de xeito que ao proxectarse consecutivamente se produza a ilusión de movemento. É dicir, que mentres no cine de imaxe real analizase e descompón un movemento real, no cine de animación constrúese un movemento inexistente na realidade.

Definición de animación

Segundo o animador norteamericano Gene Deitch, "animación cinemática é o rexistro de fases dunha acción imaxinaria creadas individualmente, de tal xeito que se produza ilusión de movemento cando son proxectadas a unha taxa constante e predeterminada, superior á da persistencia da visión na persoa."

Fai relativamente pouco tempo que o cine de animación comezou a ser recoñecido como unha forma de arte auténtico, cunha linguaxe propia, estética e peculiar significado independente do cine tradicional.[1]

Técnicas de animación

Segundo con que elementos se elabore esta ilusión de movemento, distínguense numerosas técnicas no cine de animación.

As tres principais son:

Pero existen outras moitas técnicas, xeralmente non usadas en longametraxes senón en curtametraxes de carácter non comercial:

  • Pixilación (animación de obxectos normais e actores)
  • Cut-outs (recortes)
  • Animación de area
  • Pantalla de agullas
  • Pantalla de auga
  • Pintura sobre cristal
  • Debuxo directo sobre a película

Animación completa e animación limitada

No cinema sonoro existe unha norma de 24 imaxes por segundo. Esa é a taxa á que gravan as cámaras e proxectan os proxectores. Tómase unha fotografía da imaxe cada vintecatroavo de segundo. Na animación, non obstante, as imaxes non se toman, senón que se producen individualmente, e por esta razón non teñen que cumprir necesariamente co estándar do cine. Unha película de animación ten sempre 24 fotogramas por segundo, pero non necesariamente todos eses fotogramas amosan imaxes diferentes: na animación, as imaxes acostuman repetirse en varios fotogramas.

Deste xeito, temos varias taxas de animación:

  • En uns: cada imaxe é diferente, sen repetición. 24 imaxes por segundo, 1 imaxe cada fotograma.
  • En douses: cada imaxe repítese dúas veces. 12 imaxes por segundo, 1 imaxe cada 2 fotogramas.
  • En treses: cada imaxe repítese tres veces. 8 imaxes por segundo, 1 imaxe cada 3 fotogramas.

Tense calculado que o albor visual por debaixo do que xa non se capta un movemento senón imaxes individuais é de 7 imaxes por segundo.

Animación completa é cando se anima "en uns" ou "en douses". É o estándar da animación estadounidense para salas de cine, principalmente as películas de Disney, e tamén as longametraxes europeas. Xeralmente, anímanse as escenas con moitos movementos rápidos en "uns", e o resto en "douses" (a perda de calidade é imperceptible).

Animación limitada é cando se anima nunha taxa inferior. O estándar do anime xaponés é animación en "treses". A perda de calidade xa é perceptible se se é observador. O concepto de animación limitada tamén afecta a outros aspectos diferentes da taxa. Por exemplo, é animación limitada cando se repiten ciclos: pensemos en Pedro Picapedra correndo mentres ao fondo aparecen unha e outra vez as mesmas casas na mesma orde. Hai que ter en conta que, na técnica de debuxos animados, diferentes elementos da imaxe (un personaxe, outro personaxe, un obxecto móbil, un plano do fondo, outro plano do fondo) anímanse por separado, e que polo tanto dentro da mesma escena pode haber elementos con diferentes taxas de animación.

Breve historia da animación

  • A animación apareceu antes que o propio cinematógrafo. En 1888 o francés Emile Reynaud inventou o praxinoscopio, un dos moitos xoguetes ópticos da época, no que se utilizaba unha técnica pre-cinematográfica de animación.
  • O pai do cine de animación foi o francés Émile Cohl, que desde 1908 realizou as primeiras curtametraxes de debuxos animados. Outros pioneiros foron Georges Mélies, James Stuart Blackton e o español Segundo de Chomón.
  • Durante a época do cine mudo e os primeiros anos do cine sonoro apareceron as principais formas de cine de animación.
  • Por unha banda, as debuxos animados, animacións por ordenador, animacións stop-motion, anime e películas mais comerciais, destinadas ao público masivo (Mickey Mouse, Winnie the Pooh, Snow White and the Seven Dwarfs, Cinderella, The Little Mermaid, Aladdin, Frozen, The Lion King, Popeye, Betty Boop, Felix the Cat, Tom and Jerry, Os Picapedra, Scooby-Doo, Wacky Races, The Simpsons, Toy Story, Shrek, Ice Age, The Katzenjammer Kids, Casper the Friendly Ghost, Little Lulu, Mighty Mouse, Deputy Dawg, Bugs Bunny, Pato Lucas, Porky Pig, Elmer Fudd, Looney Tunes, Merrie Melodies, A Pantera Rosa, Rupert Bear, Babar the Elephant, Where's Wally?, Paddington Bear, Noddy, Pingu, Wallace & Gromit, Woody Woodpecker, A abella Maia, Vicky the Viking, Futurama, Coraline, Astro Boy, South Park, SpongeBob SquarePants, Os Pitufos, Dragon Ball, Dragon Ball Z, Pokémon, Doraemon, Princess Knight, FLCL, Rocky and Bullwinkle, Ben 10, Chowder, The Loud House, The Powerpuff Girls, etc.).
  • Por outro banda, artistas de vangarda que contemplaron a animación como unha extensión das artes plásticas e realizaron obras experimentais (Oskar Fischinger, Len Lye etc.).
  • Entre medias, infindas modalidades, desde os contos tradicionais en sinistros bonecos animados por Ladislaw Starewicz ata a "reportaxe animada" sobre o afundimento do Lusitania de Winsor McCay.
  • A primeira longametraxe de animación foi muda e arxentina: El Apóstol (1917) de Quirino Cristiani, película que desgraciadamente se perdeu. Outras longametraxes desa época (que si están a disposición do público actual) foron Die abenteuer des Prinzen Achmed (Alemaña, 1926) de Lotte Reiniger e Le roman de Renard (Francia, concluída en 1930 pero estreada en 1937) de Starewicz. En 1937, Walt Disney a primeira longametraxe de animación Snow White and the Seven Dwarfs, e outras películas de animación como Pinocchio e Fantasia en ambos 1940, Dumbo en 1941, Bambi en 1942, Cinderella en 1950, The Little Mermaid en 1989, Aladdin en 1992, The Lion King en 1994, Tarzan en 1999 e Lilo & Stitch en 2002.
  • Despois da Segunda guerra mundial houbo un enorme desenvolvemento do cine de animación.
  • En Estados Unidos, consolidouse o cartoon clásico coas longametraxes de Disney e as curtametraxes de Disney (con artistas como Walt Disney e Ub Iwerks personaxes como Mickey Mouse, Pato Donald, Goofy, Pluto, etc.), Warner Bros. (con artistas como Chuck Jones, Tex Avery, Leon Schlesinger e Friz Freleng personaxes como Bugs Bunny, Pato Lucas, Porky Pig, Elmer Fudd, etc.) e outros debuxos animados personaxes como Popeye, Betty Boop, Felix the Cat, Woody Woodpecker, The Katzenjammer Kids, Rocky and Bullwinkle, A Pantera Rosa, Os Picapedra, Scooby-Doo, Os Pitufos, The Simpsons, Futurama, South Park e SpongeBob SquarePants.
  • O National Film Board of Canadá promoveu todo tipo de experimentos vangardistas e comenzouse coa ensinanza da animación, o que convertería ao Canadá nunha potencia de primeira orde. Todo isto debese ao labor do principal animador experimental e abstracto de tódolos tempos: Norman McLaren. Aínda hoxe pódense ver conceptos que inventou McLaren ata en anuncios e videoclips.
  • Nos países do bloque comunista, o Estado promoveu intensamente a animación. Isto permitiu a moitos animadores traballar sen presións comerciais e crear obras de inmensa variedade e risco (e en moitos casos realizaron películas contra o réxime político que sufrían, en clave para pasar a censura). A primeira gran figura deste desenvolvemento foi a do animador checo de marionetas Jiri Trnka, un artista popular e delicado.
  • Neses anos tamén comezaron a realizarse películas animadas na China e no Xapón.
  • Nos anos 60 e 70, coa popularización da televisión, as curtametraxes de animación desapareceron definitivamente dos cines, a partir de entón limitadas aos longametraxes comerciais, terreo dominado absolutamente por Disney ata os anos 90. A pesar diso a curtametraxe floreceu noutras canles de distribución (festivais, circuítos especializados etc.), sobre todo coa aparición de numerosas escolas de animación en todo o mundo.
  • Nos Estados Unidos, Hanna-Barbera dominou a animación para televisión e Disney a animación para cine. Nos anos 70 algunhas alternativas gozaron do favor do público. O máis coñecido pode ser Ralph Bakshi, coas súas primeiras películas pertencentes ao movemento underground (Heavy Traffic, Fritz el gato caliente) e posteriormente as súas películas de fantasía (El señor de los anillos, Wizards, Tygra).
  • En Europa do Leste, os herdeiros de Jiri Trnka converteron as súas industrias nacionais nas máis potentes do mundo, desde as series de televisión para nenos ata as curtametraxes artísticas máis escuras e radicais: a produción foi enorme e a variedade inigualable. De entre os moitos artistas importantes, o máis famoso é o checo Jan Svankmajer, que utiliza o stop motion e a plastilina para crear arrepiantes mundos surrealistas.
  • No Xapón, Osamu Tezuka protagonizou a explosión dos debuxos animados nipóns, no sucesivo coñecidos como anime. Autor de cómics inmensamente prolífico, adaptou varias das súas propias obras, conseguindo un éxito absoluto coa serie de televisión Astro boy, que definiu os trazos habituais do anime: animación limitada, dirección a imitación do cine de imaxe real, vínculo entre a industria da animación e a do cómic. Tezuka, un furacán creativo, tamén realizou longametraxes e ata curtametraxes experimentais. Durante os anos 60 o anime foi habitual nas salas de cine, pero na década seguinte quedou confinado á televisión. Tamén houbo notables animadores independentes como Yoji Kuri e Kihachiro Kawamoto.
  • En Europa occidental os logros foron máis puntuais: películas como El submarino amarillo de George Dunning, Allegro non troppo de Bruno Bozzetto ou El planeta salvaje de Réne Laloux tiveron repercusión. Nas curtas destacaron artistas como Raoul Servais ou Paul Driessen.
  • Nas últimas dúas décadas, o cine de animación tivo unha evolución sen precedentes. A caída dos réximes comunistas de Europa do Leste fixo que se reducise enormemente a contribución destes países, sobre todo as facetas menos comerciais, pero segue existindo unha enorme variedade no resto do mundo, e por primeira vez a enorme diversidade das curtametraxes está empezando a facerse notar, aínda que sexa con limitacións, nas longametraxes comerciais.
  • Nos EEUU, Disney tivo un momento de esplendor a principios dos 90, con algunhas das súas máis exitosas (e tamén mellores) películas, sobre todo La bella y la bestia de Trousdale e Wise. Posteriormente caeu novamente na repetición, o seguimento das modas e o descrédito. O 2004 pode marcar a data na que Disney abandone os debuxos animados. O principal problema de Disney foi o auxe da infografía, que levou á compañía Pixar de John Lasseter (inicialmente unha pequena produtora que realizaba curtametraxes infográficas experimentais nos 80) a converterse na máis exitosa produtora do mundo, con películas de calidade comparable a algúns dos mellores Disney: Toy Story, Bichos, Monstruos SA etc. Tamén se produciron algunhas películas illadas de gran calidade, como El gigante de hierro de Brad Bird, Pesadilla antes de Navidad de Henry Selick, e as totalmente independentes e artesanais Me casé con un extraño e Mutant aliens de Bill Plympton, un frenético humorista que tamén é o autor de curtametraxes máis coñecido deste período.
  • O anime xaponés converteuse na industria máis prolífica do planeta, popularizándose en todo o mundo. As series de televisión son innumerables e seguen sendo a atracción principal para millóns de afeccionados. As longametraxes para cines, despois de desapareceren practicamente durante os 70, volveron cunha forza creativa e comercial inusitada, principalmente a partir de Kaze no Tani no Naushika de Hayao Miyazaki e Akira de Katsuhiro Otomo. Produciuse unha explosión na variedade de estilos e temáticas que se tratan, con autores tan radicalmente diferentes como Mamoru Oshii, Satoshi Kon ou Isao Takahata, mentres o citado Miyazaki converteuse nun director de culto internacional co prestixio dos grandes directores de imaxe real. Un animador independente que logrou recoñecemento en Occidente foi Koji Yamamura.
  • As diferentes industrias europeas atravesan situacións moi diferentes neste período.
  • En Francia destacan as curtametraxes da produtora Folimage; en longametraxes, o éxito de Kirikú y la bruja de Michel Ocelot abriu o camiño para un número crecente de películas de ambicións e calidade notables: Bienvenidos a Belleville de Sylvain Chomet, Corto Maltese: La cour secrète des Arcanes de Pascal Morelli, La prophétie des grenouilles de Jacques-Remy Girerd etc.
  • No Reino Unido, a produtora Aardman Animation (dedicada principalmente a animación con plastilina) fíxose popular a ambos os lados do Atlántico coas súas curtametraxes (especialmente a saga de Wallace e Gromit, de Nick Park) e lanzouse á produción de longametraxes con Evasión en la granja do mesmo director. Ao abrigo deste éxito florecía a animación independente cun elevado número de nomes interesantes, como o estudio Bolexbrothers, e os curtametraxistas Barry Purves, Phil Mulloy e os irmáns Quay.
  • Novas xeracións de animadores dos países do Leste manteñen viva a súa tradición, case exclusivamente en curtametraxes, entre os que destacan: os rusos Garri Bardin, Aleksandr Petrov e Konstantin Bronzit; os checos Aurel Klimt (coa súa prestixiosa longametraxe Fimfarum) e o veterano pero aínda activo e coñecido Jan Svankmajer; o polaco Piotr Dumala; os letóns Priit Pärn e Priit Tender; etc.

Festivais de animación

Os festivais de animación acollen tanto longametraxes comerciais como curtametraxes de todos os tipos, e son o principal medio de difusión para estes últimos. Os principais festivais de animación do mundo son os seguintes:

En España os máis relevantes son:

En Latinoamérica:

Animadores

Animadores populares do pasado

Animadores populares actuais

Notas

  1. "O cinema de animação entre o real e o imaginário" (PDF). maxwell.vrac.puc-rio.br. Consultado o 3 de setembro de 2022. 

Véxase tamén

Outros artigos

Read other articles:

この記事の主題はウィキペディアにおける独立記事作成の目安を満たしていないおそれがあります。目安に適合することを証明するために、記事の主題についての信頼できる二次資料を求めています。なお、適合することが証明できない場合には、記事は統合されるか、リダイレクトに置き換えられるか、さもなくば削除される可能性があります。出典検索?: 吉澤閑...

 

Swiss botanist (1868–1920) This article includes a list of general references, but it lacks sufficient corresponding inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (April 2015) (Learn how and when to remove this template message) Richard Émile Augustin de CandolleBorn(1868-12-08)8 December 1868Walton-on-ThamesDied4 May 1920(1920-05-04) (aged 51)Vallon, Broye DistrictNationalityAnglo-SwissKnown forplant systematicsSpouseLouise de Saugy...

 

ЕрстроффErstroff   Країна  Франція Регіон Гранд-Ест  Департамент Мозель  Округ Форбак-Буле-Мозель Кантон Гростенкен Код INSEE 57198 Поштові індекси 57660 Координати 48°58′50″ пн. ш. 6°46′35″ сх. д.H G O Висота 227 - 278 м.н.р.м. Площа 5,05 км² Населення 192 (01-2020[1]) Густота 41,98

Kehl Große Kreisstadt Weißenburg in Bayern Koordinaten: 49° 2′ N, 11° 1′ O49.02959598305611.011133193889523Koordinaten: 49° 1′ 47″ N, 11° 0′ 40″ O Höhe: 523 m ü. NHN Einwohner: 140 (Dez. 2016)[1] Postleitzahl: 91781 Vorwahl: 09141 Kehler GlockenturmKehler Glockenturm Kehl ist ein Gemeindeteil der Großen Kreisstadt Weißenburg in Bayern im Landkreis Weißenburg-Gunzenhausen (Mittelfranken, Bayern...

 

1 підвіконня 2 надпоріжник Книжки на внутрішньому підвіконні Підвіконня — конструктивний елемент вікна, горизонтальна внутрішня частина, яка укладається на одному рівні з нижньою частиною рами чи безпосередньо під нею (упритул до рами). Підвіконня слугує для того ...

 

1213 encumenical council convoked by Pope Innocent III Fourth Council of the Lateran (Lateran IV)Date1215Accepted byCatholic ChurchPrevious councilThird Council of the LateranNext councilFirst Council of LyonConvoked byPope Innocent IIIPresidentPope Innocent IIITopicsCrusading, ecclesiastical reform, heresy, laityDocuments and statements71 papal decreesChronological list of ecumenical councils Part of a series on theEcumenical councilsof the Catholic ChurchRenaissance depiction...

  لمعانٍ أخرى، طالع القبلي (توضيح). ' قرية القبلي  - قرية -  تقسيم إداري البلد  اليمن المحافظة محافظة حضرموت المديرية مديرية رخية العزلة عزلة رخية السكان التعداد السكاني 2004 السكان 41   • الذكور 18   • الإناث 23   • عدد الأسر 5   • عدد المساكن 6 معلومات أخر

 

У Вікіпедії є статті про інших людей із прізвищем Паунд. Дадлі ПаундDudley Pound Народження 29 серпня 1877(1877-08-29) Вентнор, острів ВайтСмерть 21 жовтня 1943(1943-10-21) (66 років) ЛондонКраїна  Велика БританіяПриналежність Королівські ВМСРід військ військово-морські силиОсвіта Королівсь

 

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Silkroad of Love – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (July 2011) (Learn how and when to remove this template message) 2005 studio album 絲路 by Fish LeongSilkroad of LoveSilkroad of Love coverStudio album 絲路 by Fish LeongReleased...

Ridge in North Carolina, United StatesBrown Mountain RidgeBrown Mountain viewed from Beacon HeightsHighest pointElevation2,283 ft (696 m)Coordinates35°54′57″N 81°44′45″W / 35.91583°N 81.74583°W / 35.91583; -81.74583GeographyLocationBurke / Caldwell counties, North Carolina, U.S.Parent rangeBlue Ridge MountainsTopo mapUSGS Collettsville Brown Mountain[1] is a low-lying ridge, approximately 1.5 miles (2.4 km) long, in the Pisgah Na...

 

County in California, United States Not to be confused with Maricopa County. County in California, United StatesMariposa CountyCounty The Mariposa County Courthouse (top) and Yosemite Valley from Tunnel View (bottom) FlagSealInteractive map of Mariposa CountyLocation in the state of CaliforniaCountryUnited StatesStateCaliforniaRegionSierra NevadaIncorporatedFebruary 18, 1850[1]Named forSpanish word for butterfly and Mariposa CreekCounty seatMariposaLargest communityMariposa (populatio...

 

1936 documentary film directed by Harry Watt, Basil Wright For the 1935 British film by Herbert Smith, see Night Mail (1935 film). For the 2014 Chinese film, see Night Mail (2014 film). Night MailFilm poster designed by Pat KeelyDirected byHarry WattBasil WrightWritten byW. H. AudenProduced byHarry WattBasil WrightNarrated byStuart LeggJohn GriersonEdited byBasil WrightMusic byBenjamin BrittenProductioncompanyGPO Film UnitDistributed byAssociated British Film DistributorsRelease date 4 F...

2003 basketball championship series 2003 NBA Finals TeamCoachWins San Antonio Spurs Gregg Popovich 4 New Jersey Nets Byron Scott 2 DatesJune 4–15MVPTim Duncan(San Antonio Spurs)Hall of FamersSpursDavid Robinson (2009)Tim Duncan (2020)Manu Ginóbili (2022)Tony Parker (2023)NetsDikembe Mutombo (2015)Jason Kidd (2018)Coaches:Gregg Popovich (2023)Officials:Dick Bavetta (2015)Eastern FinalsNets defeated Pistons, 4–0Western FinalsSpurs defeated Mavericks, 4–2 ← 2002 NBA Finals 2004...

 

Scottish-American professional wrestler For the Canadian ice hockey player, see Drew MacIntyre. Drew McIntyreMcIntyre in 2017Birth nameAndrew McLean Galloway IVBorn (1985-06-06) 6 June 1985 (age 38)Ayr, ScotlandSpouse(s) Taryn Terrell ​ ​(m. 2010; div. 2011)​ Kaitlyn Frohnapfel ​ ​(m. 2016)​ Professional wrestling careerRing name(s)Drew GallowayDrew McIntyre[1]Billed height6 ft 5 in (196&...

 

American entertainment company Roc Nation, LLCTypePrivateIndustryEntertainmentFoundedApril 1, 2008; 15 years ago (April 1, 2008)FounderJay-ZHeadquarters540 West 26th StreetNew York, NY 10001U.S.Area servedWorldwideKey peopleJay-Z (Founder/chairman)Desiree Perez (CEO)Michael Yormark (president and CEO, Roc Nation Sports International)Jay Brown (vice chairman)Lenny Santiago (executive vice president, A&R)[1]OwnerShawn CarterDivisionsTeam RocEquity LatinRoc Nation Unifie...

Telenovela This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article describes a work or element of fiction in a primarily in-universe style. Please help rewrite it to explain the fiction more clearly and provide non-fictional perspective. (July 2012) (Learn how and when to remove this template message) This article's plot summary may be too long or excessively detailed. Please help im...

 

Former sultanate in South Kalimantan This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Sultanate of Banjar – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (April 2022) (Learn how and when to remove this template message) Sultanate of Banjarكسلطانن بنجر Kesultanan Banjar1526–1860 FlagLocation of the ...

 

Private school in IndiaBirla Vidya MandirLogo of Birla Vidya MandirLocationNainital, KumaonIndiaInformationTypePrivateEstablishedJuly 17, 1947PrincipalAnil kumar SharmaGradesClass 4 – 12Number of students800Campus size74 [acre]Campus typeResidentialHousesNehru, Pant, Tilak, Tagore, Subhash, Patel, Gandhi, Radhakrishnan, Raman, VivekanandSportsSoccer, Cricket, Taekwondo, Tennis, Basketball, Table Tennis, Roller Skating, Badminton, Boxing,Gymnastic, Carrom, Volleyball....AffiliationCBSE, Indi...

1979 filmBabekDirected byEldar GuliyevScreenplay byAnvar MammadkhanliStarringRasim BalayevHasanagha TurabovAmaliya PanahovaCinematographyRasim IsmayilovMusic byPolad BülbüloğluProductioncompaniesAzerbaijanfilmMosfilmRelease date December 2, 1979 (1979-12-02) Running time137 minutesCountrySoviet UnionLanguageAzerbaijani Babek (Azerbaijani: Babək) is a 1979 Azerbaijani historical drama film directed by Eldar Guliyev. A joint production between Azerbaijanfilm and Mosfilm, Babe...

 

Der Titel dieses Artikels ist mehrdeutig. Weitere Bedeutungen sind unter Herrenberg (Begriffsklärung) aufgeführt. Wappen Deutschlandkarte 48.5966666666678.8708333333333460Koordinaten: 48° 36′ N, 8° 52′ O Basisdaten Bundesland: Baden-Württemberg Regierungsbezirk: Stuttgart Landkreis: Böblingen Höhe: 460 m ü. NHN Fläche: 65,7 km2 Einwohner: 32.649 (31. Dez. 2022)[1] Bevölkerungsdichte: 497 Einwohner je km2 Postleitzahl:...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!