Ralph Bakshi

Modelo:BiografíaRalph Bakshi

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Ralph Bakshi
(he) רלף בקשי Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de outubro de 1938 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Haifa (Palestina mandataria) Editar o valor en Wikidata
ResidenciaNova York Editar o valor en Wikidata
EducaciónHigh School of Art and Design (en) Traducir - valor descoñecido (–1957)
Thomas Jefferson High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, animador, xornalista, actor de dobraxe, produtor de televisión, escritor, pintor, actor, guionista, produtor de cinema, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1959 Editar o valor en Wikidata -
Premios

Descrito pola fonteArquivos biográficos da biblioteca e museo Billy Ireland Cartoon
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webralphbakshi.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000835 Allocine: 30715 Rottentomatoes: celebrity/ralph_bakshi Allmovie: p80464
Facebook: RalphBakshi Twitter: ralphbakshi BNE: XX1318302 Discogs: 1106986 Editar o valor en Wikidata

Ralph Bakshi, nado en Haifa (Mandato británico de Palestina), o 29 de outubro de 1938, é un cineasta e animador estadounidense. A medida que a industria de animación estadounidense declinaba durante as décadas de 1960 e 1970, Bakshi intentou innovar e foi pioneiro da animación para adultos, como Fritz the Cat baseado no personaxe de Robert Crumb. En 1978 dirixiu a primeira adaptación cinematográfica de O Señor dos Aneis, a novela de fantasía heroica de J. R. R. Tolkien. O seu último éxito foi Cool World (1992), que mestura imaxe real con debuxos animados.

Traxectoria

Ralph Bakshi naceu o 29 de outubro de 1938 en Haifa, daquela parte do Mandato británico de Palestina. En 1939, a súa familia mudouse a Nova York para escapar da segunda guerra mundial.[1][2] Criouse no Brooklyn e estudou na "High School of Industrial Art". Despois de graduado estivo traballando nos estudios de animación de Terry Toons en New Rochelle, coloreando personaxes como Mighty Mouse e outros. Desde os 25 anos traballou como director creativo dos estudios CBS, onde creou os Mighty Heroes.

En 1967, a Paramount chamouno para producir e dirixir longametraxes como Marvin Digs, Mini Squirts, Fritz the Cat etc. Este último foi escrito e dirixido por el en 1971. A partir de aí Bakshi dirixiu varias longametraxes como Heavy Traffic en 1973, Street Fight en 1975 e Wizards en 1977.

En 1978 Ralph Bakshi dirixiu The Lord of the Rings, unha historia adaptada do clásico de J. R. R. Tolkien, usando técnicas do rotoscopio, método usado por Disney para animar personaxes ultra-realistas.

En 1981 estrou American Pop, onde aborda a evolución dun grupo de música americano que inclúe como banda sonora músicas de George Gershwin, Dave Brubeck, Herbie Hancock, Bob Dylan, The Doors, Velvet Underground e Jimi Hendrix, entre outros. Seguidamente Hey Good Lookin (1981) e Fire and Ice (1983), colaborando con Frank Frazetta, renomeado ilustrador de cómics fantásticos, que conta a historia dun heroe que salva unha princesa dun tirano que ten o poder de dominar o xeo.

En 1991 comeza a traballar en Cool World, filme que mestura a animación con imaxes reais e na cal traballa con Brad Pitt e Kim Basinger.

Filmografía

Ralph Bakshi en xaneiro de 2009, en Austin (Texas).

Notas

  1. "Biografía". Ralph Bakshi.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2004. Consultado o 25 de xaneiro de 2012. 
  2. Tom, Buckley (20 de febreiro de 1981). "Ralph Bakshi, an immigrant's son, looks back". New York Times. Consultado o 25 de xaneiro de 2012. 
  3. "Filmografía". Ralph Bakshi.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2012. Consultado o 25 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!