Fritz the Cat é unha película estadounidense animada de 1972 escrita e dirixida por Ralph Bakshi, o seu filme debut. Baseado na tira cómica do mesmo nome de Robert Crumb, o filme foi a primeira animación en recibir a clasificación X nos Estados Unidos. Relata as aventuras de Fritz (coa voz de Skip Hinnant), un felino antropomorfo de mediados dos sesenta en Nova York que explora o hedonismo e o coñecemento sociopolítico. É unha sátira da vida universitaria da época, das relación raciais, do movemento do amor libre e da política da esquerda e da dereita. Fritz the Cat é o maior éxito do cinema animado independente de todos os tempos, que recadou arredor de cen millóns de dólares por todo o mundo.[1]
O filme tivo unha produción problemática e unha controvertida estrea. Crumb estivo en desacordo cos realizadores sobre o contido político do filme.[2][3][4] Fritz the Cat foi controvertido pola súa clasificación X e polo seu contido, que moitos encontraron ofensivo para o seu tempo. O seu éxito axudou para facer outras moitas películas animadas irreverentes, así como unha secuela, The Nine Lives of Fritz the Cat, aínda que sen a implicación de Crumb e Bakshi.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas