Reimundo Patiño

Modelo:BiografíaReimundo Patiño
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1936 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de agosto de 1985 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, ilustrador Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1074240 BUSC: patino-reimundo-1936-1985 Dialnet: 1706142

Reimundo Patiño Mancebo, nado na Coruña o 8 de marzo de 1936 e finado na mesma cidade o 20 de agosto de 1985, foi un pintor, debuxante de banda deseñada, gravador, ilustrador e poeta galego, e unha figura destacada na arte de vangarda e os inicios da banda deseñada en Galicia.[1][2][3]

Biografía

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 a súa familia refuxiouse en Río de Quintas. En 1942 trasladouse a Monforte de Lemos, onde unha enfermidade o mantivo na cama cinco anos. Recuperado, volveu a Coruña e ingresou na Escola de Comercio, onde coñeceu a Xohán Casal, que lle facilitou o acceso a libros vedados da biblioteca do seu pai. Os seus primeiros cadros datan de 1953 cando pintou a serie As sardiñas, que lle regalou a Xohán Casal. Foi coñecendo a cultura do galeguismo exiliado e entrou en contacto coa obra de Seoane, Castelao e Souto. En 1954 fundou con Casal a Liga Nórdica, coa que publicaron un manifiesto, e a Unión de Artistas Ceibes.[4][5]

En 1958 trasladouse a Madrid, onde descubriu a pintura de vangarda e participou na fundación do grupo Brais Pinto e, dous anos despois, do colectivo artístico A Gadaña.[6] A finais dos sesenta creou o colectivo Estampa Popular Galega, que produciu unha obra de crítica antifranquista exposta á marxe das galerías, en bares e tabernas.[4][7] Foi un dos fundadores da primeira UPG en 1964 e abandonou esa militancia en 1971. Ese ano fundou con Tino Calabuig, Alberto Corazón e Francisco Escalada o Taller Redor, a primeira galería de arte experimental de Madrid.[8]

Obra

Pintura

A súa pintura iniciouse no informalismo, e incorporou elementos do surrealismo e o expresionismo abstracto, sendo o introdutor desta corrente en Galicia. Influído polo action painting e a pintura automática, nesta etapa levou a cabo obras cunha preponderancia da cor sobre a forma e un marcado horror vacui, caracterizado pola libre asociación de signos.[3]

Na década dos oitenta a súa obra se achegou ao neoexpresionismo, sendo un integrante destacado do Grupo Atlántica e participando nas súas exposicións.[4] Nesta época a súa pintura fixo un uso destacado dos grafismos e o xestual.[3]

Banda deseñada

En 1971 expuxo no Taller Redor O home que falaba vegliota, composta por enormes páxinas de banda deseñada dispostas a modo de mural, mezclando gravado e banda deseñada. A obra, que denunciaba de forma satírica a represión das linguas minoritarias, ten sido considerada unha obra fundacional do cómic galego.[9] En 1975 publicou, con Xaquín Marín, 2 Viaxes, primeiro álbum de banda deseñada en galego.[4][10] Realizou tamén outras historias como O home que falaba arameu, que viu a luz en recompilacións.[3]

Gravado e ilustración

Patiño tamén experimentou coa litografía. Os seus gravados foron expostos nas súas primeiras mostras dos sesenta, na Galería Mateu de Valencia, como parte da colección Boj, na exposición de presentación do colectivo A Gadaña en Lugo e na Bienal de Gravado de Lubliana.[3]

Tamén ilustrou libros como Bocarribeira de Otero Pedrayo (1958),[11] O crepúsculo e as formigas (1961)[12] ou Arrabaldo do norte (1964) de Méndez Ferrín (1961).[13]

Poesía

En 1992 publicouse postumamente o poemario Bandeiras neboentas.[14]

Libros

Cómic

  • 2 Viaxes (con Xaquín Marín) (1975).
  • O home que falaba arameu (1988).

Poesía

  • Bandeiras neboentas (1992).

Recoñecementos

No ano 2005, o Lectorado de Galego da Universidade Complutense de Madrid, co patrocinio da Galería Sargadelos de Madrid e coa colaboración de Vieiros, crearon o Premio de Poesía e Relato Curto Reimundo Patiño.[15] En 2020 o ilustrador Alberto Díaz publicou a novela gráfica Bo tempo, sobre a traxectoria de Patiño en Madrid.[16]

No ano 2022 dedicóuselle o Día da Ilustración, iniciativa da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).[17] O recoñecemento veu acompañado dunha exposición na Biblioteca de Galicia, Reimundo Patiño. O desacougo creador.​[4] En 2023 o Consello da Cultura Galega organizou as xornadas "Revisión histórica da banda deseñada galega: Xaquín Marín e Reimundo Patiño", con relatorios de Miguelanxo Prado e Antón Patiño.[18]

Notas

  1. La Voz de Galicia, 20-8-1985, p. 1, 15.
  2. El País, ed. (22/08/1985). "Necrológicas: Raimundo Patiño, pintor" (en castelán). Consultado o 7 de marzo de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Martínez Domínguez, María Jesús. "Reimundo Patiño". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2011. Consultado o 19 de novembro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Reimundo Patiño. O desacougo creador". Gaiás. Cidade da Cultura. 
  5. García Osuna, Carlos. "Raimundo Patiño Mancebo. Real Academia de la Historia". dbe.rah.es. Consultado o 2023-11-19. 
  6. "Reimundo Patiño - Afundación". Afundación. 
  7. Mayayo, Patricia; Marzo, Jorge Luis (2015). Arte en España 1939-2015, ideas, prácticas, políticas. Cátedra. p. 266. ISBN 978-84-376-3483-8. 
  8. "Un artista innovador". La Voz de Galicia. 12 de xuño de 2003. 
  9. "O Home que Falaba Vegliota, 1972 - Patiño, Reimundo (2811) MACBA Museo de Arte Contemporáneo de Barcelona". MACBA (en castelán). Consultado o 2023-11-19. 
  10. Beares, Octavio. "Xaquín Marín e Reimundo Patiño". Rockdelux. Consultado o 2023-11-19. 
  11. "Bocarribeira". BNE (en castelán). Consultado o 2023-11-19. 
  12. "O crepúsculo e as formigas". BNE (en castelán). Consultado o 2023-11-19. 
  13. "Arrabaldo do norte". BNE (en castelán). Consultado o 2023-11-19. 
  14. Salgado, Xosé Manuel (1993). "Bandeiras neboentas (A historia que me faltaba dun home de Brais Pinto)". A Trabe de ouro: publicación galega de pensamento crítico (13). ISSN 1130-2674. 
  15. "I Premio de Poesía e Relato Curto Reimundo Patiño". culturagalega.gal. Consultado o 2023-11-19. 
  16. "Bo tempo". Fundación Luis Seoane (en castelán). Consultado o 2023-11-19. 
  17. "Homenaxe Di2022: Reimundo Patiño". Día da Ilustración. 
  18. "Revisión histórica da banda deseñada galega: Xaquín Marín e Reimundo Patiño". Consello da Cultura Galega. Consultado o 2023-11-19. 

Bibliografía

  • Seoane, Luis, Raimundo Patiño. Pintura, Galería Sargadelos, 1974. ISBN C-33-1974 ISBN non válido.
  • V.V.A.A., Reimundo Patiño. Pinturas, 1977-1982, Círculo das Artes de Lugo, 1983. ISBN M 40038-1982 ISBN non válido.
  • V.V.A.A., Raimundo Patiño Mancebo, Ediciós do Castro, 1985. ISBN C-1225-1985 ISBN non válido.
  • V.V.A.A., Reimundo Patiño (1936-1985), Centro Cultural del Conde Duque, 1986. ISBN M 30727-1986 ISBN non válido.
  • Castro, X. Antón (ed.), Reimundo Patiño: monográfico, Consellería de Cultura e Comunicación Social, 1997. ISBN 84-453-2077-7.
  • V.V.A.A., Reimundo Patiño: a explosión dun mundo, Auditorio de Galicia, 1999. ISBN 84-88484-37-2.
  • Patiño, Antón. Reimundo Patiño. Promocións Culturais Galegas, 2005. ISBN 9788496403352.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!