Fillo de Jacobo Casal Rey. Cursou estudos mercantís na Coruña pero abandonounos aos tres anos por problemas de saúde. Coñeceu a obra de Castelao en 1956 e rachou co seu facer en castelán. Considerado o iniciador da Nova narrativa galega, escribiu O camiño de abaixo, publicado en 1970 como obra póstuma cun prólogo do seu amigo Reimundo Patiño. A enfermidade do corazón que padeceu dende neno e que o levou prematuramente á tumba condicionou a súa vida. O resto da súa produción quedou inédito, agás un artigo sobre Rosalía de Castro publicado en El Ideal Gallego.
O mundo dos relatos de Casal está dominado constantemente pola soidade e a morte. Aparecen elementos simbólicos desacougantes e opresivos.