Nova narrativa galega

A etiqueta nova narrativa galega designa a produción dun grupo de narradores galegos que publican dende a década de 1950 e durante as seguintes dos 60 e dos 70, ata 1980, ano de publicación de Cara Times Square de Camilo Gonsar; segundo analiza Manuel Forcadela [1]. Porén, moitos persoeiros consideran que en realidade o movemento remata xa no ano 1971 coa publicación de Adiós, María por Xohana Torres.[2]

Adoitan considerarse integrantes seus tamén Xosé Luís Méndez Ferrín, Gonzalo Rodríguez Mourullo, María Xosé Queizán e Xohán Casal[3][1], aínda que algún expertos engaden máis autores. Carlos Casares, Xavier Alcalá e Lois Diéguez tamén contarán cunha primeira etapa creativa cuxa estética e procedementos encaixarán na Nova Narrativa Galega.[1]

Xosé Luís Méndez Ferrín, unha das figuras máis prolíficas da literatura galega, contribuíu durante o seu primeiro ciclo creativo á Nova Narrativa Galega con obras coma Percival e outras historias ou O crepúsculo e as formigas.

Características

A prosa da nova narrativa galega supón unha innovación nas formas narrativas, a introdución de modelos culturais estranxeiros e unha ruptura coa concepción tradicional de novela. Incorporan procedementos técnicos e temáticos de autores coma William Faulkner, Franz Kafka, James Joyce, Marcel Proust, John Dos Passos, do existencialismo francés de Jean-Paul Sartre ou Albert Camus e, moi especialmente, do nouveau roman; movemento do que toman o título. "Nouveau roman" tradúcese por nova novela, isto é, nova narrativa.[1][2][3]

Está protagonizada por escritoras/es novas/os con formación universitaria. Manteñen un compromiso coa lingua propia a través da súa práctica monolingüe en galego. Esténdese entre elas/es unha visión pesimista e desesperanzada da vida, froito da influencia da filosofía existencialista.[4] Comparten unha experiencia xeracional conxunta arredor da chamada "Xeración de 1957" (Millán Otero), "Xeración dos 50" ou "Xeración das Festas Minervais" (X. L. Méndez Ferrín). Pretenden superar os modelos establecidos pola Xeración Nós e por individualidades coma Cunqueiro ou Blanco Amor. Para logralo, rompen cos procedementos tradicionais da prosa, coma a linealidade do tempo ou o narrador omnisciente. Pola súa contra, optan por voces narradoras moi limitadas que simplemente plasman o que perciben, agochadas entre as personaxes ou mesmo converténdose nunha delas, polo que é frecuente o uso da primeira persoa, resultado da influencia do obxectivismo francés, así como tamén frecuentes usos do multiperspectivismo e pluralidade de narradores. Anúlase a cronoloxía lineal para dar entrada á cronoloxía vital, na que todos os planos temporais aparecen fundidos, recurrindo a analepses, prolepses, ucronía ou mesmo á paralización temporal.[1][4]

Introducen tamén técnicas doutras artes, tales coma o cine ou a música, cunha forte influencia da estética beat, o jazz ou o rock, vistas coma novidosas polos seus aires europeos e americanos, o que era moi infrecuente no ambiente da censura e illamento franquistas. Deste xeito, introdúcense trazos dunha certa "narración cinematográfica", xa desenvolvida por autores estranxeiros coma os xa nomeados William Faulkner e John Dos Passos. En boca dun dos integrantes do movemento, había un "devezo de renovación absoluta do relato, de acordo coas máis novas técnicas da ficción"[2] (Méndez Ferrín 1984).[4][1]

O desenvolvemento e estrutura dos personaxes vólvese crucial durante o curso da narración, polo que asenta con forza o uso do monólogo interior, mesmo plasmando pensamentos dun xeito bruto, sen elaboración previa ou posterior, de forma que reflicte a figura dos seus subconscientes, coma discursos mentais non pronunciados. Estas personaxes tenden a sufrir dificultades para a comunicación co exterior ou coa sociedade, chegan a ser antiheroes con riscos psicopáticos ou patolóxicos (loucuras, paranoias, esquizofrenias...), con personalidades desequilibradas ou traumatizadas, que moitas veces non logran distinguir entre soño e realidade. Decote as personaxes son obxectualizadas ou inhumanizadas, polo que o lector ten que explorar o seu subconsciente para descifrar as claves da súa conduta. Enfócanse coma reflexións sobre o absurdo da existencia, pois son figuras incapaces de gobernarse a si mesmas nin ao seu propio destino, chegando a vivir a realidade coma todo un pesadelo. Concíbese o ser humano coma un obxecto máis, normalmente moi degradado.[1][4]

Pola contra, o inanimado toma gran relevancia, sendo moitas veces descrito con minuciosidade, formando parte de contornas urbanas periféricas ou espazos claustrofóbicos, sórdidos ou enigmáticos, desbotando o ruralismo propio da literatura galega anterior. Este cambio de escenario vén acompañado dunha fuxida do realismo directo onde se ofrecen localizacións espaciais ambiguas que, aínda que poden ter conexión co real (v.gr. a Compostela dalgúns relatos de O crepúsculo e as formigas de Ferrín), non existen alén das mentes deformadas das personaxes.[1][3]

A temática concorda coas visións pesimistas propias do movemento, son frecuentes asasinatos, suicidios, a soidade, o illamento, amores insatisfeitos etc. En xeral, a violencia e as paixóns son as protagonistas. A morte e, moitas veces, o sexo convértense en ideas obsesivas nesta narrativa, que reflicten a tensión das relacións humanas e unha sociedade alienante. Enfócase todo isto dende unha contestación aos argumentos lóxicos e usuais, e chega a darse en ocasións unha negación da acción. É frecuente o erotismo e a sexualidade incorpórase coma un compoñente máis do labor literario.[4][1]

A linguaxe utilizada renega do enxebrismo, procura a universalidade dos textos escritos e encádrase nun galego protonormativo.

Historia da nova narrativa

Os integrantes do movemento naceran arredor da década de 1930, polo que non sufriron diretamente a Guerra Civil, mais si as súas consecuencias. Criáronse no sistema franquista, que impuña unha forte censura ás chamadas "linguas rexionais", coma era o caso do galego, e educaba a poboación nun marco ideolóxico nacionalcatolicista que bloqueaba o acceso a moitas correntes de pensamento, coma o marxismo. Porén, esta última repercute na xeración, que adopta unha perspectiva marxista para a interpretación da sociedade que impulsa o realismo social.[2][4]

Considérase que a corrente é iniciada por Gonzalo Rodríguez Mourullo con dous libros: Nasce un árbore (1954) e Memorias de Tains (1956). Logo virán nomes como Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares ou María Xosé Queizán. Camilo Gonsar é outro dos autores salientables desta Nova Narrativa Galega. Nas súas obras crea un mundo moi persoal. Salientan entre elas Lonxe de nós e dentro (1961), Como calquera outro día (1969) ou Cara Times square (1980). Malia a brevidade da súa obra, tamén destaca Xohán Casal, que finou en 1960, aos 24 anos, cos seus mellores relatos recollidos no libro O camiño de abaixo (1970). María Xosé Queizán contribúe ao movemento con A orella no buraco (1965), novela obxectualista moi influenciada polo nouveau roman francés, aínda que posteriormente vai tomar outra derrota, abordando problemáticas sociais diversas coma a sida, a transexualidade, a homosexualidade etc. [1] Os seus integrantes son militantes activos do galeguismo cultural e político.[2]

Xosé Luís Méndez Ferrín achega libros de relatos coma Percival e outras historias (1958) e O crepúsculo e as formigas (1961), así coma tamén a novela Arrabaldo do Norte (1964), deste xeito convértese nun dos autores máis recoñecidos de toda a historia da literatura galega.

A estrutura xeralmente complexa e profunda das obras do movemento esixe un tipo de lector competente e activo (dificultades técnicas, temáticas...). Nas obras abundan reflexións filosóficas, simbolismos, un forte influxo do marxismo, o behaviorismo, o existencialismo e a psicanálise. Este trazo explica, en parte, o escaso éxito comercial da produción da nova narrativa galega.[1][4]

Prodúcese un paulatino afastamento da experimentación formal ata 1980, data na que o movemento xa foi superado.[4]

Notas

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 González Avión, Isabel; Ínsua López, Emilio Xosé (2016). Lingua galega e literatura - 2º de bacharelato. Baía Edicións. ISBN 978-84-9995-197-3. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Bermúdez Montes, María Teresa. "Nova narrativa gallega y censura franquista" (pdf). Consultado o 15/04/2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Enciclopedia Historia Literatura Galega: Nova Narrativa Galega". literaturagalega.as-pg.gal. Consultado o 15/04/2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 "A Nova Narrativa Galega". edu.xunta.es. Consultado o 15/04/2019. 

Véxase tamén

Outros artigos

Read other articles:

Kerajaan IsraelKerajaan Israel Bersatu1050 SM–931 SMIbu kotaYerusalemPemerintahanMonarkiRaja • 1050 SM - 1010 SM Raja Saul• 1010 SM - 1008 SM Raja Isyboset• 1008 SM - 970 SM Raja Daud• 970 SM - 931 SM Raja Salomo Era SejarahZaman Besi• Raja Saul 1050 SM• Raja Salomo 931 SM Kode ISO 3166IL Didahului oleh Digantikan oleh Israel Kuno Kerajaan Yehuda Kerajaan Israel (Samaria) Penggambaran berbeda dari Alkitab mengenai keberadaan kekaisaran Raja Dau...

 

vde Deputados estaduais do Rio Grande do Sul - 51ª legislatura (2003 — 2007) Abílio dos Santos (PTB) Adão Villaverde (PT) Adilson Troca (PSDB, suplente) Adolfo Brito (PPB) Adroaldo Loureiro (PDT) Alceu Moreira (PMDB) Alexandre Postal (PMDB) Aloísio Classmann (PTB, suplente) Álvaro Boessio (PMDB) Berfran Rosado (PPS) Bernardo de Souza (PPS) Cassiá (PTB) Cezar Busatto (PPS) Ciro Simoni (PDT, suplente) Dionilso Marcon (PT) Edemar Vargas (PTB) Edson Brum (PMDB, suplente) Edson Portilho (P...

 

Overzicht van de middenvleugel met de vijftig meter hoge toren Het appartementencomplex Neherpark in Leidschendam. De toren rechts behoort nog tot het oude Neherlaboratorium. Het auditorium. Het Dr. Neherlaboratorium in de Nederlandse plaats Leidschendam was een laboratorium van de toenmalige PTT. Het laboratorium is genoemd naar dr. Lambertus Neher, die directeur-generaal der PTT was van 1949 tot aan zijn pensioen in 1954. Werkterrein Het Neherlaboratorium werd in 1946 opgericht. Het hield z...

اضغط هنا للاطلاع على كيفية قراءة التصنيف سكلة زرقاء حالة الحفظ أنواع غير مهددة أو خطر انقراض ضعيف جدا[1] المرتبة التصنيفية نوع[2][3]  التصنيف العلمي النطاق: حقيقيات النوى المملكة: الحيوانات الشعبة: الحبليات الطائفة: الطيور الرتبة: عصفوريات Passeriformes الفصيلة: صائد...

 

Soul IDInformasi latar belakangNama lainSoulidAsalJakarta, IndonesiaGenreR&Bhip hopTahun aktif2003 - sekarangArtis terkaitDmust AkiraAnggotaEndrumarcH RapperTabib Qiu Rapper Juanita PenyanyiMantan anggotaJiggytime RapperGlenn Waas PenyanyiAfrogil Penyanyi Soul ID adalah grup musik asal Indonesia yang dibentuk pada tahun 2003. Grup musik ini sekarang beranggotakan 3 orang yaitu EndrumarcH(rapper), Tabib Qiu (rapper), dan Jaydee (penyanyi). Genre dari grup musik ini adalah Hip-hop dan R&...

 

Poster for Sing, Bing, Sing (1933) This is a filmography for the American singer and actor Bing Crosby.[1][2][3][4] Films Year Title Role Notes 1930 King of Jazz Vocalist Member of The Rhythm Boys 1930 Reaching for the Moon Bing Short guest appearance to sing one song 1931 Confessions of a Co-Ed Vocalist Member of The Rhythm Boys 1931 I Surrender Dear Himself Two-reeler; plays himself; directed by Mack Sennett 1931 One More Chance Bing Bangs Two-reeler; directe...

Заслуженный лётчик-испытатель Российской Федерации Страна Российская Федерация Тип почётное звание Кому вручается лётчикам-испытателям Статус присваивается Статистика Дата учреждения 30 декабря 1995 года Первое награждение 7 мая 1996 года «Заслу́женный лётчик-испыт...

 

Indian politician V. RamaiahMember of the Madras State AssemblyIn office1957 - 1962 1962 - 1967Preceded byMuthuvairava AmbalagararConstituencyThirumayamMinister for Electricity and Prohibition & ExciseIn office1 April 1957 – 1 March 1962 Personal detailsPolitical partyIndian National Congress V. Ramaiah is an Indian politician former member of parliament and former Member of the Legislative Assembly of Tamil Nadu. He was elected to the Tamil Nadu legislative assembly as an Indian Nation...

 

This article is an orphan, as no other articles link to it. Please introduce links to this page from related articles; try the Find link tool for suggestions. (April 2014) Ty ClassicTypeStuffed toyInventor(s)(Ty Warner)Availability1986–present Ty Classic Plush are a line of popular stuffed animals, made by Ty Warner Inc., which was later renamed as Ty Inc. in 2000. Each toy is lightly stuffed which allowed them to be posable rather than the traditional rigid singular pose and the feet of ea...

This article is an orphan, as no other articles link to it. Please introduce links to this page from related articles; try the Find link tool for suggestions. (November 2022) Village in Punjab, IndiaGarhi Fateh KhanVillageGarhi Fateh KhanLocation in Punjab, IndiaShow map of PunjabGarhi Fateh KhanGarhi Fateh Khan (India)Show map of IndiaCoordinates: 31°01′05″N 76°05′45″E / 31.0181387°N 76.0958854°E / 31.0181387; 76.0958854Country IndiaStatePunjabDistric...

 

This article's factual accuracy is disputed. Relevant discussion may be found on the talk page. Please help to ensure that disputed statements are reliably sourced. (June 2016) (Learn how and when to remove this template message) Place in Western Visayas, PhilippinesMambukalMambukal Lake SealNickname: Mambukal Mountain Resort[1]MambukalLocation within the PhilippinesCoordinates: 10°30′N 123°6.12′E / 10.500°N 123.10200°E / 10.500; 123.10200Country&#...

 

Wilayah ekonomi Pusat (bahasa Rusia: Центра́льный экономи́ческий райо́н, Tsentralny ekonomichesky rayon) adalah salah satu dari dua belas wilayah ekonomi Rusia. Wilayah ekonomi Pusat pada peta Rusia Luas: 484,000 km²; populasi: 30.5 juta (2002). Kepadatan penduduk—63/km². Wilayah ekonomi Pusat terletak di bagian tengah Rusia bagian Eropa. Wilayah ini memiliki kota Moskwa sebagai pusatnya, dan membentuk wilayah industri utama. Artikel bertopik ...

羊 ← 网部 第123個康熙部首(U+2F7A) 羽部 → 羊(U+7F8A)「羊」汉语拼音:yáng注音符號:ㄧㄤˊ國語羅馬字:yang威妥瑪拼音:yang2耶魯粵語拼音:yèuhng粵語拼音方案:joeng4日语讀音:ヨー, ひつじ yō, hitsuji日語別名:羊偏 hitsujihen諺文:양 yang朝鲜语汉字词:양 yang筆順動畫 羊部,為漢字索引中的部首之一,康熙字典214個部首中的第一百二十三個(六劃...

 

Flag of Syria Syria competed at the 2011 World Aquatics Championships in Shanghai, China between July 16 and 31, 2011. Open water swimming Main article: Open water swimming at the 2011 World Aquatics Championships Men[1] Athlete Event Final Time Position Saleh Mohamed Men's 10km 1:55:47.6 29 Swimming Main article: Swimming at the 2011 World Aquatics Championships Syria qualified 3 swimmers.[2] Men Athlete Event Heats Semifinals Final Time Rank Time Rank Time Rank Azad Al-Baraz...

 

1922 film Who Are My Parents?Still of the scene in Who Are My Parents? with L. Rogers Lytton and Peggy ShawDirected byJ. Searle DawleyWritten byPaul SloaneStory byJulien JosephsonStarringL. Rogers LyttonPeggy ShawFlorence BillingsErnest HilliardRobert AgnewCinematographyJoseph RuttenbergProductioncompanyFox Film CorporationDistributed byFox Film CorporationRelease date November 26, 1922 (1922-11-26) Running time9 reelsCountryUnited StatesLanguagesSilent film(English intertitles...

Ethnic group in Ghana and Ivory Coast NzemaTotal population~500,000Regions with significant populationsWestern Region of Ghana, Ivory CoastLanguagesNzema, English, FrenchReligionChristianity, African Traditional Religion, IslamRelated ethnic groupsAkan The Nzema are an Akan people numbering about 328,700, of whom 262,000 live in southwestern Ghana and 66,700 live in the southeast of Côte d'Ivoire. In Ghana the Nzema area is divided into three electoral districts: Nzema East Municipal, also k...

 

Species of moth Cecrita lunata Cecrita lunata, Arizona Scientific classification Domain: Eukaryota Kingdom: Animalia Phylum: Arthropoda Class: Insecta Order: Lepidoptera Superfamily: Noctuoidea Family: Notodontidae Subfamily: Heterocampinae Genus: Cecrita Species: C. lunata Binomial name Cecrita lunata(H. Edwards, 1884) Synonyms Heterocampa lunata Cecrita lunata is a species of moth in the family Notodontidae (the prominents).[1][2] It was first described by Henry Edwards...

 

Weaponry of the Mughal Empire This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article includes a list of general references, but it lacks sufficient corresponding inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (December 2012) (Learn how and when to remove this template message) This article needs additional citations for verification. Ple...

This article contains special characters. Without proper rendering support, you may see question marks, boxes, or other symbols. 19th-century phonetic writing system devised by the LDS Church Deseret alphabet

 

10th Chief Minister of Gujarat Keshubhai Patel10th Chief Minister of GujaratIn office4 March 1998 – 6 October 2001Preceded byDilip ParikhSucceeded byNarendra ModiIn office14 March 1995 – 21 October 1995Preceded byChhabildas MehtaSucceeded bySuresh Mehta3rd Deputy Chief Minister of GujaratIn office4 March 1990 – 25 October 1990Chief MinisterChimanbhai PatelPreceded byKantilal GhiaSucceeded byNarhari AminMember of parliament, Lok SabhaIn office1977–1980Precede...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!