Ramón José Yzquierdo Perrín, nado en Santiago de Compostela o 9 de marzo de 1948, é un historiador da arte galego.
Traxectoria
Estudou Historia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en Historia da Arte e foi profesor entre 1970 e 1995. A partir deste ano é catedrático na Universidade da Coruña.
Especializouse na arte románica e protogótica galega (séculos X ó XIII). Forma parte do Consello de Fábrica da catedral de Santiago de Compostela e é académico numerario da Real Academia Gallega de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario, á que representa no Consello da Cultura Galega, e correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.
En 1985 e 1995 participou, co profesor Ramón Otero Túñez na reconstrución do coro pétreo do mestre Mateu.
Forma parte do consello asesor de Cuadernos de Estudios Gallegos, publicación do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.
Obras
- La arquitectura románica en Lugo, 1983.
- El coro del maestro Mateo, con R. Otero Túñez, 1990.
- El camino de Santiago del Norte en la provincia de Lugo. Ruta de la Costa, 1994.
- Vázquez, Yzquierdo Perrín, García e Castro (1996). 100 obras mestras da Arte Galega. Vigo: Nigra Arte. ISBN 84-87709-50-8.
- Santiago de Compostela en la Edad Media, 2002.
- Los caminos a Compostela: el arte de la peregrinación, 2003.
- El maestro Mateo y el pórtico de la Gloria en la catedral de Santiago, 2010.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas